sábado, 21 de marzo de 2020

MÉXICO NA NOSA COCIÑA

Como xa sabedes, o comedor do cole tamén participa activamente no PDI deste curso, “ Xente de aquí e de acolá”. O último venres de cada mes, un país é o escollido para que, a través dalgúns pratos típicos, coñezamos parte da súa gastronomía. México foi o escollido no pasado mes de xaneiro onde, grazas aos nachos con guacamole, ás  “fajitas” de polo e ás “ brochetas” de froita tropical, aprendimos que a este país gústalle poñer un puntiño picante á vida. Namorados de ti, México!
A continuación, unha receitiña de guacamole caseiro, doada e rápida de facer.

Ingredientes:

•2 aguacates•1 tomate• 1 ceboliña • Zume dunha lima • Sal• “Jalapeños” • Follas de cilantro ( opcional)

Preparación:

• Pelamos os aguacates e os poñemos nunha cunca. Picamos a ceboliña e o tomate.
• Aplastamos o aguacate co garfo. Engadimos os tomates, a ceboliña e o zume de lima. Botámoslle un pouco sal. Mesturamos os ingredientes.

Segundo vexades, engadides os “jalapeños” ou, se preferides, algunha especia con toque algo picante.  As follas de cilantro non sobran se lle queredes dar auténtico sabor mexicano! 😋


Como ya sabéis, el comedor del cole también participa activamente en el PDI de este curso, “ Xente de aquí e de acolá”. El último viernes de cada mes, un país es el escogido para que, a través de algunos  platos típicos, conozcamos parte de su gastronomía. México fue el escogido el pasado mes de enero donde, gracias a los nachos con guacamole, a las fajitas de pollo y a las brochetas de fruta tropical, aprendimos que a este país le gusta  poner un puntito picante a la vida. ¡Enamorados de ti, México!
A continuación, una receta de guacamole casero, fácil y rápida de hacer.

Ingredientes:

•2 aguacates •1 tomate• 1 cebolleta • Zumo de una  lima • Sal • Jalapeños • Hojas de cilantro ( opcional)

Preparación:

• Pelamos los aguacates y los ponemos en un bol. Picamos la cebolleta y el tomate.
• Aplastamos el  aguacate con el tenedor. Añadimos los tomates, la cebolleta y el zumo de lima. Echamos  sal. Mezclamos los ingredientes.

Según os parezca, añadís los jalapeños o , si preferís , alguna especia con toque algo picante. Las hojas de cilantro no sobran si queréis dar ¡auténtico sabor mexicano!😋

No hay comentarios:

Publicar un comentario