martes, 24 de marzo de 2020

TRABALLO DE CAMPO

Neste cole gozamos moito do traballo que realizamos na nosa hortiña e na sementeira. Xusto días atrás, antes de toda esta situación, comezamos a enviar ás casas xacintos e tulipáns que o alumnado da etapa de formación básica prantou ao longo do segundo trimestre. Ademais, estas flores “viaxaban” nun recipiente elaborado polos rapaces nas sesións de taller coa  mestra Sagrario. Nas fotos, podedes ver tamén as nosas macetas grandes coas últimas prantacións: amorodos e leitugas. Canta ganiña temos de volver traballar na terriña!




En este cole disfrutamos mucho del trabajo que realizamos en nuestro huerto y en nuestro semillero. Justo días atrás, antes de toda esta situación, empezamos a enviar a las casas jacintos y tulipanes que el alumnado de la etapa de formación básica plantó a lo largo del segundo trimestre. Además, estas flores “viajaban” en un recipiente elaborado por los niños y niñas en las sesiones de taller con Sagrario. En las fotos, podéis ver también nuestras macetas grandes con las últimas plantaciones: fresas y lechugas. ¡Cuántas ganas tenemos de volver a trabajar en la tierra!

lunes, 23 de marzo de 2020

COMPARTO CON FRIDA

Coa chegada da primavera a Frida vaille apetecendo saír un pouco do seu territorio e coñecer as casiñas dos nosos alumnos e alumnas máis pequechos. Marchar con eles do cole, coñecer as súas familias, ir ao parque e/ ou incluso durmir xuntos son dos plans favoritos da nosa querida avelaíña. Ademais, as nais e pais do noso CEE, sempre tan colaboradores, envían fotos da experiencia e os nenos e nenas crean unha páxina persoal no caderno da actividade. Lembrade, toca nesta época ficar na casa para ter saúde e seguir compartindo con Frida. Unha enorme aperta, familias!


                                     

Con la llegada de la primavera a Frida le entran ganas de salir un poco de su territorio y conocer  las casas de nuestros alumnos y alumnas más pequeños. Salir con ellos del cole, conocer a sus  familias, ir al parque y/o incluso dormir juntos son de los planes favoritos de nuestra querida mascota. Además, las mamás y papás de nuestro CEE, siempre tan colaboradores, envían fotos de la experiencia y los niños y niñas crean una página personal en el cuaderno de la actividad. Recordad, nos toca en estos momentos quedar en casa para tener salud y poder seguir compartiendo con Frida. ¡Un abrazo enorme, familias!

domingo, 22 de marzo de 2020

CAMPIONATO CAMPO A TRAVÉS

Durante todo o curso, a nosa rapazada, ademais de traballar a reo nas súas correspondentes aulas e participar nas diferentes dinámicas do centro, adicalle moito tempo ao deporte. Como xa sabedes, formamos parte dun club deportivo cos nosos amigos e amigas de Con Eles e, grazas a iso, participamos, durante todo o ano, nas xuntanzas deportivas que organiza FEGDA, que é a Federación Galega de Deporte Adaptado.
Nas imaxes, algúns dos nosos deportistas no Campionato de campo a través que, como cada ano, tivo lugar en Pontevedra. Amizade+ deporte= fermosa combinación!





Durante todo el curso, nuestros chicos y chicas, además de trabajar duramente en sus correspondientes aulas y participar en las diferentes dinámicas del centro,le dedican mucho tiempo al deporte. Como ya sabéis , formamos parte de un club deportivo con nuestros amigos y amigas de Con Eles y, gracias a eso, participamos, durante todo el año, en los eventos  deportivos  que organiza FEGDA, que es la Federación Galega de Deporte Adaptado. En las imágenes, algunos de nuestros deportistas en el Campeonato de campo a través que, como cada año, tuvo lugar en Pontevedra. Amistad + deporte= ¡hermosa combinación!

sábado, 21 de marzo de 2020

MÉXICO NA NOSA COCIÑA

Como xa sabedes, o comedor do cole tamén participa activamente no PDI deste curso, “ Xente de aquí e de acolá”. O último venres de cada mes, un país é o escollido para que, a través dalgúns pratos típicos, coñezamos parte da súa gastronomía. México foi o escollido no pasado mes de xaneiro onde, grazas aos nachos con guacamole, ás  “fajitas” de polo e ás “ brochetas” de froita tropical, aprendimos que a este país gústalle poñer un puntiño picante á vida. Namorados de ti, México!
A continuación, unha receitiña de guacamole caseiro, doada e rápida de facer.

Ingredientes:

•2 aguacates•1 tomate• 1 ceboliña • Zume dunha lima • Sal• “Jalapeños” • Follas de cilantro ( opcional)

Preparación:

• Pelamos os aguacates e os poñemos nunha cunca. Picamos a ceboliña e o tomate.
• Aplastamos o aguacate co garfo. Engadimos os tomates, a ceboliña e o zume de lima. Botámoslle un pouco sal. Mesturamos os ingredientes.

Segundo vexades, engadides os “jalapeños” ou, se preferides, algunha especia con toque algo picante.  As follas de cilantro non sobran se lle queredes dar auténtico sabor mexicano! 😋


Como ya sabéis, el comedor del cole también participa activamente en el PDI de este curso, “ Xente de aquí e de acolá”. El último viernes de cada mes, un país es el escogido para que, a través de algunos  platos típicos, conozcamos parte de su gastronomía. México fue el escogido el pasado mes de enero donde, gracias a los nachos con guacamole, a las fajitas de pollo y a las brochetas de fruta tropical, aprendimos que a este país le gusta  poner un puntito picante a la vida. ¡Enamorados de ti, México!
A continuación, una receta de guacamole casero, fácil y rápida de hacer.

Ingredientes:

•2 aguacates •1 tomate• 1 cebolleta • Zumo de una  lima • Sal • Jalapeños • Hojas de cilantro ( opcional)

Preparación:

• Pelamos los aguacates y los ponemos en un bol. Picamos la cebolleta y el tomate.
• Aplastamos el  aguacate con el tenedor. Añadimos los tomates, la cebolleta y el zumo de lima. Echamos  sal. Mezclamos los ingredientes.

Según os parezca, añadís los jalapeños o , si preferís , alguna especia con toque algo picante. Las hojas de cilantro no sobran si queréis dar ¡auténtico sabor mexicano!😋

viernes, 20 de marzo de 2020

VISITA AO IES MONTECELO

O pasado 3 de marzo o alumnado do noso PF de Reprografía visitou as instalacións do IES Montecelo en Pontevedra. No centro, despois dunha visita para coñecer os diferentes espazos do  mesmo, puideron comprobar de primeira man o traballo que nel se fai, a metodoloxía empregada e o bo facer diario co alumnado que nel estuda. Os nosos rapaces e rapazas observaron e participaron en diferentes actividades que alí se levan a cabo, quedando tan namorados do que viron que xa lles tarda volver!
Desde aquí, agradecer aos diferentes profesionais do centro a paciencia  e o agarimo co que responderon ás inquedanzas dos nosos mozos e mozas. Sodes xeniais!


El pasado 3 de marzo el alumnado de nuestro PF de Reprografía visitó las instalaciones del IES Montecelo en Pontevedra. En el centro, después de una visita para conocer los diferentes espacios del mismo, pudieron comprobar de primera mano el trabajo que en él se hace, la metodología empleada y el buen hacer diario con el alumnado que en él estudia. Nuestros chicos y chicas observaron y participaron en diferentes actividades que allí se llevan a cabo, quedando tan enamorados de lo que vieron que ¡están deseando volver!
Desde aquí, agradecer a los  diferentes profesionales del centro la paciencia y el cariño con el que respondieron a las inquietudes de nuestro alumnado. ¡Sois maravillosos!

miércoles, 18 de marzo de 2020

COCIÑA INTERNACIONAL

O proxecto da aula azul, “Volta ao mundo en nove meses” está sendo toda unha experiencia para os sentidos. Agora que o corona virus obriga a quedar na casa (#quedanacasa #yomequedoencasa ) queremos compartir coas nosas familias a receita de pan de coco que, a nosa rapazada de Reprografía, elaborou cos coñecementos adquiridos na súa viaxe á India. Estade atentos e tomade nota, é un prato moi doado de facer cos máis pequenos da casiña.

Ingredientes:

•75 gr de fariña con lévedo
•50 gr de aceite de coco
•230 ml de iogur natural ( 2 aprox.)
• Un pouco de sal
•1 taza de fariña extra ( para “espolvorear”)

Preparación:

• Mesturar nun recipiente grande a fariña co sal. Engadir o iogur e remover. Aquí hai que facer unha aclaración. Dado que a aula azul non tiña fariña con lévedo usou por un lado a fariña e por outro un sobre de lévedo. Tamén é verdade que despois de facer a mestura, quedaba moi líquida, polo que botaron fariña suficiente para que quedara unha masa ben xeitosa.
• Amasar durante uns minutos, facer unha bola coa masa e envolvela con “papel film” (un pano de tea é válido tamén). Meter a masa na neveira deixándoa reposar durante media hora.
•Unha vez que a masa reposou, vertemos o aceite de coco sobre ela e damoslle unhas voltiñas máis para que se integre.
•Cortamos a masa en diferentes anacos do tamaño que consideremos. A cada un deses anacos dáremoslle forma redondeada e botarémolos na tixola, a cal estará xa quente co aceite de coco.
• Cociñamos, cada un dos anacos elaborados, 1 minuto e medio (aprox.) por cada lado (ata que collan o color “douradiño” da foto). Xa veredes que prato máis saboroso, familia!







El proyecto el aula azul, “Vuelta al mundo en nueve meses” está siendo toda una experiencia para los sentidos. Ahora que el corona virus obliga a quedar en casa queremos compartir con nuestras familias la receta de pan de coco que, el alumnado de Reprografía, elaboró con los conocimientos adquiridos en su viaje a la India. Estad atentos y tomad nota, es un plato muy fácil de hacer con los más pequeños de la casa.

Ingredientes:

•75 gr de harina con levadura
•50 gr de aceite de coco
•230 ml de yogur natural (2 aprox.)
• Un poco de sal
•1 taza de harina extra (para espolvorear)

Preparación:

• Mezclar en  un recipiente grande la harina y la sal. Añadir el yogur y remover. Aquí hay que hacer una aclaración. Dado que el aula azul no tenía harina con levadura, usó por un lado la harina y por otro un sobre de levadura. También es verdad que después de hacer la mezcla quedaba muy líquida, por lo que echaron harina suficiente para que quedara una masa bien consistente.
• Amasar durante unos minutos, hacer una bola con la masa y envolverla con “papel film” ( un paño de tela es válido también ). Meter la masa en la nevera dejándola reposar durante media hora.
•Una vez que la masa repose, vertemos el aceite de coco sobre ella y le damos unas vueltas más para que se integre.
•Cortamos la masa en diferentes trozos del tamaño que consideremos. A cada uno de esos trozos les daremos forma redondeada y los echaremos en la sartén, la cual estará ya caliente con el aceite de coco.
• Cocinamos, cada uno de los trozos  elaborados, 1 minuto y medio (aprox.) por cada lado (hasta  que se doren). ¡Ya veréis qué plato máis sabroso, familia!

martes, 17 de marzo de 2020

#QUEDANACASA #YOMEQUEDOENCASA

Toca quedar na casa, pero non toca parar. 
Moitas son as horas que temos que pasar na casa e fanse moi longas sen actividades que nos teñan entretidos, a adultos e nenos. 
Polo que dende o CEE Vilagarcía de Arousa, gustaríanos compartir con vos unha serie de actividades que circulan pola rede a día de hoxe e que poden axudar a pasar unhas tardes divertida e diferente ás que estamos acostumados. Animádevos a facelo, e compartideo con nos a través do instagram ou do correo electrónico e faremolo público para todos!
Estade atentos a novas actividades!

Toca quedar en casa, pero no toca parar.
Muchas son las horas que tenemos que pasar en casa y se hacen muy largas sin actividades que nos tengan entretenidos, a adultos y niños.
Por lo que desde el CEE Vilagarcía de Arousa, nos gustaría compartir con vosotros una serie de actividades que circulan por la red a día de hoy y que pueden ayudar a pasar unas tardes divertida y diferente a las que estamos acostumbrados. Animaros a hacerlo, y compartirlo con nosotros a través del instagram o del correo electrónico ¡y lo haremos público a todos!
¡Estad atentos a nuevas actividades!

lunes, 16 de marzo de 2020

MONTAMOS UN CAFETAL

Fai xa un tempiño, no Experimentarte, realizaron unha actividade con café que foi todo un éxito entre os cativos e as cativas do cole. A idea, era facer un obradoiro moi sensorial, no que ulir, tocar e experimentar con diferentes texturas cobrase protagonismo. Comezaron probando, tocando e ulindo diferentes grans de café, de tamaños e intensidade de cor variadas. Despois, tiveron que traballar, mediante trasvases e clasificacións, cos mesmos. O seguinte paso foi, coa axuda dun vello "molinillo" do cole, moer o café. Non imaxinades que aroma na aula obradoiro!
Unha vez o café estivo molido, engadiron fariña e auga, o que tivo como resultado unha pasta bastante moldeable coa que os pequenos e pequenas gozaron un bo rato. Que levante a man alguén a que non lle guste o café!






Hace ya una semanas, en el Experimentarte, realizaron una actividad con café que fue todo un éxito entre los más peques del cole. La idea, era hacer un taller muy sensorial, en el que oler, tocar y experimentar con diferentes texturas adquiriese protagonismo. Empezaron  probando, tocando y oliendo diferentes granos de café, de tamaños e intensidad de color variados. Después, tuvieron que trabajar, mediante trasvases y clasificaciones, con los mismos. El siguiente paso fue, con la ayuda de un viejo “molinillo“ del cole, moler el café. ¡No imagináis que aroma en el aula taller! Cuando el café estuvo molido, añadieron harina y agua, lo que tuvo como resultado una pasta bastante moldeable con la que el alumnado de la etapa de formación básica  disfrutó un buen rato. ¡Qué levante la mano alguien al que no le guste el café!

lunes, 9 de marzo de 2020

DÍA DE ROSALÍA

Como ben sabedes, o pasado 24 de febreiro foi o día de Rosalía e como non podía ser doutro xeito, no cole argallamos unha actividade ben bonitiña. Primeiramente, o equipo de normalización repartiu entre as aulas diferentes debuxos de Rosalía que os nenos e nenas tiñan que decorar como quixesen. Unha vez feito isto, entraba en acción o alumnado de reprografía, que realizou unha chapiña personalizada, de cada debuxo, para toda a rapazada. Feitiñas, verdade?
Ademais, o mesmo día que repartimos as “ chapiñas”, Rosalía visitou o centro. Na biblio, a mulleriña fíxose co lugar e recitou, coa axuda do kamishibai, algo de música, e tres pequenas da formación básica, algún dos seus poemas máis coñecidos. Volve cando queiras, Rosalía!





Como ya sabéis , el pasado 24 de febrero fue el día de Rosalía y como non podía ser de otra forma, en el cole enredamos con  una actividad muy bonita. Primeramente, el equipo de normalización repartió entre las aulas diferentes dibujos de Rosalía que los niños y niñas tenían que decorar como quisiesen. Una vez hecho esto, entraba en acción el alumnado de reprografía, que realizó una chapa personalizada, de cada dibujo, para toda la chavalada. Quedaron muy monas, verdad?
Además , el mismo día que repartimos las chapitas, Rosalía visitó el centro. En la biblio, nuestra invitada recitó, con la ayuda del kamishibai, algo de música y  tres pequeñas de la formación básica, alguno de sus poemas más conocidos. Vuelve cuando quieras, Rosalía!

lunes, 2 de marzo de 2020

ENTROIDO NO CEE

🎭🎭Como cada curso, o entroido chegou sen darnos conta y, unha vez máis, tocou organizar a troula e darlle unha volta á cabeciña co tema do disfrace.
O primeiro día, visita ao Musaraña en Vilagarcía. A mellor música e moitas risas por parte de rapeiros, mortos, indias... e moitos disfraces máis.
O venres, día grande do entroido no cole, comezamos co obradoiro de filloas, seguimos coa degustación de doces típicos (grazas, familias! ☺) e rematamos co desfile e a festa (do mellorciño!). Como podedes ver nas fotos, unha vez máis conectamos o desfile co noso PDI, polo que este curso tivemos, ademais de caras coas diferentes emocións (os nenos e nenas de formación básica traballan neste ámbito), representantes de diferentes partes do mundo: hawaianos, esquimós, españois, catrinas mexicanas, africanos... foi unha festa moi global, como podedes ver!










🎭🎭Como cada curso, el carnaval llegó sin darnos cuenta y, una vez más, tocó organizar la fiesta y darle una vuelta a la cabeza con el tema del disfraz.
El primer día, visita al Musaraña en Vilagarcía. La mejor música y muchas risas por parte de raperos, muertos, indias,... y muchos disfraces más.
El viernes, día grande del carnaval en el cole, comenzamos con el taller de filloas, seguimos con la degustación de dulces típicos (¡gracias, familias! ☺) y terminamos con el desfile y la fiesta (¡de lo mejorcito!). Como podéis ver en las fotos, una vez más conectamos el desfile con nuestro PDI, por lo que este curso tuvimos, además de caras con diferentes emocións (los niños y niñas de formación básica trabajan en este ámbito), representantes de diferentes partes do mundo: hawaianos, esquimales, españoles, catrinas mexicanas, africanos,... ¡fue una fiesta muy global, como podéis ver!