miércoles, 31 de octubre de 2018

COMÉMONOS A "ELMER"

O día 24 celebramos o Día da Biblioteca e fixémolo ao noso estilo...
Da man de Gerardo Rodríguez (Chere) coñecimos a historia de Elmer, un elefante diferente que sempre fai rir a todos.
Primeiro escoitamos o conto e despois... pintamos a Elmer!
Pero non o fixemos nunha folla con lápices de cores,eh? Pintámolo nunha oblea con pintura comestible!!
 E o mellor de todo: despois comemos o noso Elmer!!!
Nós alucinamos (e tamén enchemos o noso bandullo porque estaba taaaaaaaan rico)!!
Sen dúbida esta actividade foi unha experiencia para case todos os sentidos.


El día 24 celebramos el Día de la Biblioteca y lo hicimos a nuestro estilo...
De la mano de Gerardo Rodríguez (Chere) conocimos la historia de Elmer, un elefante diferente que siempre hace reir a todos.
Primero escuchamos el cuento y después... pintamos a Elmer!
Pero no lo hicimos en unha hoja con lápices de colores,eh? Lo pintamos sobre unha oblea con pintura comestible!! 
Y lo mejor de todo: después nos comimos a Elmer!!!
Nosotros alucinamos (y también nos pusimos un poco las botas porque estaba taaaaaaaaan rico!)!!
Sin duda esta actividad fue una experiencia para casi todos los sentidos.

jueves, 25 de octubre de 2018

A QUE SABE A LUA?

Vós sabedes a que sabe a lúa? 
A nós sabemos a queixo, pizza, chourizo... incluso ata a galleta de Igrexa!
Si, si... como o estades a ler! Comimos un trociño de lúa!!
No nosa nova e fermosa aula de estimulación multisensorial contáronnos este conto dun xeito espectacular; coa luz negra! 
Non podedes imaxinar o impresionante que foi vivir o conto deste xeito, e rematalo saboreando a lúa... foi unha experiencia que, sen dúbida, nos deixou moi bo sabor de boca 😋!!



¿Vosotros sabéis a qué sabe la luna?
A nosotros nos sabe a queso, pizza, chorizo... incluso a galleta de Iglesia!
Si, si.. como lo leeis! Comimos un trocito de luna!!
En nuestra nueva y bonita aula de estimulación multisensorial nos contaron este cuento de una forma espectacular; con la luz negra!
No podéis imaginar lo impresionante que fue vivir el cuento de esta manera, y terminarlo saboreando la luna... fue una experiencia que, sin duda, nos dejó un muy buen sabor de boca 😋!!

miércoles, 24 de octubre de 2018

LIMPAMOS A PRAIA

Fai uns días fomos ata a Praia de Concha de Vilagarcía cunha misión moi importante: limpala!
Durante todo o verán, na praia (que tempos aqueles nos que estabamos aínda de vacións 😜 ), puidemos ver como por todas partes había plásticos, latas, cabichas...  
Nós sabemos que iso está moi mal, que temos que coidar a natureza e respectar a nosa contorna. 
Como agora no centro temos un proxecto que se chama "Amar o mar", quixemos facer unha demostración do noso "amor" limpando a praia para evitar así que o mar leve cousiñas que o poidan contaminar ou facer dano aos animais que viven nel.
Nós fixemos o que puidemos pero xa se sabe; "moita xente pequena en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, poden cambiar o mundo" (Eduardo Galeano).
Úneste a nós?


Hace unos días fuimos hasta la Playa de la Concha de Vilagarcía con una misión muy importante: limpiarla!
Durante todo el verano, en la playa (qué tiempo aquellos en los que estábamos aún de vacaciones 😜), pudimos ver como por todas partes había plásticos, latas, colillas... 
Nosotros sabemos que eso está muy mal, que tenemos que cuidar la naturaleza y respetar nuestro entorno.
Como ahora en el centro tenemos un proyecto que se llama "Amar o mar", quisimos hacer una demostación de nuestro "amor" limpiando la playa para evitar así que el mar lleve cositas que lo puedan contaminar o hacer daño a los animales que viven en él.
Nosotros hicimos lo que pudimos pero ya se sabe; "mucha gente pequeña en lugares pequeños, haciendo cosas pequeñas, pueden cambiar el mundo" (Eduardo Galeano).
Te unes a nosotros?

martes, 23 de octubre de 2018

COMPAÑEIROS PREMIADOS!!

A semana pasada recibimos a visita de Sol María Vázquez, directora xeral de Comercio e Consumo, e Patricia Fernández, directora técnica da Escola de Consumo. O motivo da súa visita era, nin máis nin menos, entregar un premio aos nosos compañeiros: Álvaro, David F. e David G. polo seu proxecto "Ese anuncio vai por min?".
Como xa vos contamos o curso pasado, este grupo de alumnos creou a súa propia axencia de publicidade "Aula Branca publicidade" e foron os encargados de elaborar os carteis da campaña de Nadal da Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa, o logo de "ExperimentArte" (un proxecto de arte levado a cabo polos máis cativos do centro e que recibiu tamén un premio pola súa calidade) e o cartel para anunciar o mercadillo solidario da nosa cooperativa "SpecialMans".
O certo é que os nos compañeiros traballaron moito e teñen máis que merecido este recoñecemento!
Parabéns rapaces!!!




La semana pasada recibimos la visita de Sol María Vázquez, directora xeral de Comercio e Consumo, y Patricia Fernández, directora técnica da Escola Galega de Consumo. El motivo de su visita era, ni más ni menos, entregar un premio a nuestros compañeros: Álvaro, David F. y David G. por su proyecto "Ese anuncio vai por min?"
Como ya os contamos el curso pasado, este grupo de alumnos creó su propia agencia de publicidad "Aula Branca publicidade" y fueron los encargados de elaborar los carteles de la campaña de Navidad de la Escuela Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa, el logo de "ExperimentArte" (un proyecto de arte llevado a cabo por los más pequeños del centro y que recibió también un premio por su calidad) y el cartel  para anunciar el mercadillo solidario de nuestra cooperativa "SpecialMans".
Lo cierto es que nuestros compañeros trabajaron mucho y tienen más que merecido este reconocimiento!
Enhorabuena chicos!!!

lunes, 22 de octubre de 2018

VOLTAMOS CO "ExperimentArte"!

O ExperimentArte queda con nós un cursiño máis e regresou fai uns días con novas ideas e ganas de seguir experimentando. Ademais, visto o éxito da “edición” anterior sumamos máis cativos e cativas á causa, xa que cremos que, os momentos divertidos son aínda mellores cando se comparten (sabedes ben que, outra cousa non, pero risas e bos ratos, neste obradoiro, temos a cotío).
Na primeira sesión, comezamos iniciándonos no que vai ser a nosa dinámica habitual cada martes neste pequeno obradoiro. Os “veteranos” precisaban lembrar como traballabamos e os “ novos fichaxes” tiñan que facerse unha idea de onde se metían. 
Cremos que, finalmente, todos asimilaron a que se lles ven enriba... coitados!
Nesta actividade de inauguración, o obxectivo era coñecerse e deixar as súas pegadas no centro, así que, tal e coma fixemos na primeira dinámica do curso anterior, as mans e os pés do noso alumnado, foron os mellores pinceis. 

Tremede artistas do mundo, o ExperimentArte está de volta!!

ExperimentArte se queda con nosotros un curso más y regresó hace unos días con nuevas ideas y ganas de seguir experimentando. Además, visto el éxito de la "edición" anterior sumamos más niños y niñas a la causa, ya que creemos que, los momentos divertidos son aún mejores cuando se comparten (sabéis que, otra cosa no, pero risas y buenos ratos, en este taller, tenemos a diario).
En la primera sesión, comenzamos iniciándonos en lo que va a ser nuestra dinámica habitual cada martes en este pequeño taller. Los "veteranos" necesitaban recordar cómo trabajábamos y los "nuevos fichajes" tenían que hacerse una idea de donde se metían. 
Creemos que, finalmente, todos asimilaron lo que se les viene encima...casi nada!
En esta actividade de inauguración, el objetivo era conocerse y dejar sus huellas en el centro, así que, tal y como hicimos en la primera dinámica del curso anterior, las manos y los pies de nuestro alumnado, fueron los mejores pinceles.

Temblad artistas del mundo, ExperimentArte está de vuelta!

viernes, 19 de octubre de 2018

DÍA DA MOBILIDADE

Coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade, o Concello de Vilagarcía celebrou o seu xa tradicional circuito de circulación vial.
Nós non faltamos a esa cita e deixamos aos membros da Policía Local abraiados co dominio que tiñamos da situación tanto sendo condutores como peóns.
Como? Que como o pasamos? Non tendes máis que ver as nosas caras!!!


Coincidiendo con la Semana Europea de la Mobilidad, el Ayuntamiento de Vilagarcía celebró su ya tradicional circuito de circulación vial.
Nosotros no faltamos a esa cita y dejamos sorprendidos a los miembros de la Policía Local con el dominio que teníamos de la situación tanto siendo conductores como peatones.
¿Cómo? ¿Que cómo lo pasamos?... No tenéis más que ver nuestras caras!!!

miércoles, 17 de octubre de 2018

NA ILLA DE AROUSA

O pasado 26 de setembro (si, xa sabemos que fai tempo diso... pero é que ca nosa apretada axenda nin un oquiño tivemos para contárvolo) fomos de excursión ata a Illa de Arousa. Sen dúbida un dos lugares máis fermosos da Ría de Arousa.
Alí, da man do proxecto "O sabor da aventura está no mar", vimos como traen e descargan o mexillón procedente das bateas, coñecimos tres tipos de ameixas daquela zona (fina, babosa e xapónica), estivemos a mariscar e recoller ameixas coas mariscadoras isleñas (moi simpáticas e cariñosas), estivemos na lonxa e, para rematar unha durísima xornada, tivemos unha degustación de produtos do mar.
Foi ou non foi unha actividade marabillosa?


El pasado 26 de septiembre (si, ya sabemos que hace tiempo de eso... pero es que con nuestra apretada agenda ni un huequito encontramos para contároslo) fuimos hasta la Isla de Arosa. Sin duda uno de los lugares más bonitos de la Ría de Arosa.
Allí, de la mano del proyecto "O sabor de aventura está no mar", vimos como traen y descargan el mejillón procedente de las bateas, conocimos tres tipos de almejas de aquella zona (fina, babosa y japónica), estuvimos mariscando y recogiendo almejas con las mariscadoras isleñas (muy simpáticas y cariñosas), estuvimos en la lonja y, para terminar una durísima jornada, tuvimos una degustación de productos del mar.
¿Fue o no fue una actividad maravillosa?

jueves, 4 de octubre de 2018

"O MAR"

Xa vos adiantamos que este ano imos levar a cabo un Proxecto Documental Integrado cuxo tema vai ser "o mar".
Estando onde estamos, nesta contorna privilexiada, non podía ser doutro xeito!!
Fixemos a presentación oficial do proxecto ao noso estilo: dun xeito especial e ao grande!!
Na entrada do cole fixemos unha especie de mural cunha rede e uns peixes obra de Mar Barral, unha importante e recoñecida ceramista da nosa terra. 
Cada un de nós decorou o seu propio peixe que logo colocamos na rede. Sabemos que está mal dicilo pero o certo é que nos quedou unha composición moi fermosa, e agora, todo aquel que se achegue ao noso centro verá que o mar forma parte de nós.



Ya os adelantamos que este año vamos a llevar a cabo un Proyecto Documental Integrado cuyo tema va a ser "el mar".
Estando donde estamos, en este entorno privilegiado, no podía ser de otra forma!!
Hicimos una presentación oficial del proyecto a nuestro estilo: de manera especial y a lo grande!!
En la entrada del cole hicimos una especie de mural con una red y unos peces obra de Mar Barral, una importante y reconocida ceramista de nuestra tierra.
Cada uno de nosotros decoró su propio pez que luego colocamos en la red. Sabemos que está mal decirlo pero lo cierto es que nos quedó una composición muy bonita, y ahora, todo el que se acerque a nuestro cole verá que el mar forma parte de nosotros.

miércoles, 3 de octubre de 2018

PRESENTACIÓN OFICIAL DA NOSA CURTA!!

Como non podía ser doutro xeito, fixemos a estrea oficial da nosa curta para todos os membros do centro.
Estabamos un pouquiño nerviosos porque todos esperaban a curta con tanta ansia que tiñamos medo de non estar á altura!!!
Gustou moito e fixéronnos preguntas sobre a rodaxe, a idea... 
Sentímonos moi ben e estamos moi contentos ao ver que a xente valora e goza co noso traballo.



Como no podía ser de otra forma, hicimos el estreno oficial de nuestro corto para todos los miembros del centro.
Estábamos un poquito nerviosos porque todos esperaban el corto con tanta ansia que teníamos miedo de no estar a la altura!!!
Gustó mucho y nos hicieron preguntas sobre el rodaje, la idea... 
Nos sentimos muy bien y estamos muy contentos al ver que la gente valora y disfruta con nuestro trabajo.

martes, 2 de octubre de 2018

O NOSO PRIMEIRO DÍA

Xa,xa...xa sabemos que o curso fai unhas semanas que comezou, pero é que nin tempo tivemos para contarvos o noso primeiro día!!
Este ano iniciamos o curso dun xeito especial e un pouco sorprendidos porque, cando chegamos ao cole, atopamos a todos os mestres vestidos de mariñeiros (co seu gorro e todo)!!!
Despois explicáronnos que este ano imos facer un "proxecto documental integrado". Ó escoitar ese nome quedamos asustados, xa que soaba a algo moi moi serio, pero cando nos explicaron que iso significaba que iamos traballar durante todo o curso sobre o tema do mar... a idea encantounos (e entendimos por que os profes ían así vestidos e a ambientación do centro).
Tivemos unha presentación cun xogo para saber en que aula nos tocaba, unha merendola, biblioteca amenizou a xornada cun conto e un poema sobre o mar e despois tivemos xogos. 
Sen dúbida o primeiro día foi xenial... e isto só foi o principio!!!


Ya, ya... ya sabemos que el curso hace unas semanas que comenzó, pero es que ni tiempo tuvimos para contaros nuestro primer día!!!
Este año iniciamos el curso de una forma especial y un poco sorprendidos porque, cuando llegamos al cole, nos encontramos a todos los profes vestidos de marineros (con su gorro y todo)!!!
Después nos explicaron que este año vamos a hacer un "proyecto documental integrado". Al escuchar ese nombre quedamos asustados, ya que sonaba a algo muy muy serio, pero cuando nos explicaron que eso significaba que íbamos a trabajar todo el curso sobre el tema del mar... la idea nos encantó (y entendimos por qué los profes iban así vestidos y la ambientación del centro).
Tuvimos una presentación con un juego para saber en qué aula nos tocaba, una merendola, biblioteca amenizó la jornada con un cuento y un poema sobre el mar y después tuvimos juegos.
Sin duda el pirmer día fue genial... y esto sólo fue el principio!!