miércoles, 17 de octubre de 2018

NA ILLA DE AROUSA

O pasado 26 de setembro (si, xa sabemos que fai tempo diso... pero é que ca nosa apretada axenda nin un oquiño tivemos para contárvolo) fomos de excursión ata a Illa de Arousa. Sen dúbida un dos lugares máis fermosos da Ría de Arousa.
Alí, da man do proxecto "O sabor da aventura está no mar", vimos como traen e descargan o mexillón procedente das bateas, coñecimos tres tipos de ameixas daquela zona (fina, babosa e xapónica), estivemos a mariscar e recoller ameixas coas mariscadoras isleñas (moi simpáticas e cariñosas), estivemos na lonxa e, para rematar unha durísima xornada, tivemos unha degustación de produtos do mar.
Foi ou non foi unha actividade marabillosa?


El pasado 26 de septiembre (si, ya sabemos que hace tiempo de eso... pero es que con nuestra apretada agenda ni un huequito encontramos para contároslo) fuimos hasta la Isla de Arosa. Sin duda uno de los lugares más bonitos de la Ría de Arosa.
Allí, de la mano del proyecto "O sabor de aventura está no mar", vimos como traen y descargan el mejillón procedente de las bateas, conocimos tres tipos de almejas de aquella zona (fina, babosa y japónica), estuvimos mariscando y recogiendo almejas con las mariscadoras isleñas (muy simpáticas y cariñosas), estuvimos en la lonja y, para terminar una durísima jornada, tuvimos una degustación de productos del mar.
¿Fue o no fue una actividad maravillosa?

No hay comentarios:

Publicar un comentario