Mostrando entradas con la etiqueta CURTAMETRAXES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURTAMETRAXES. Mostrar todas las entradas

jueves, 31 de mayo de 2018

MONTAMOS A NOSA CURTA!!!

Chegou o momento de ver o resultado da gravación, elexir as mellores escenas e montar a nosa curta.
Rímonos moito vendo as tomas falsas e véndonos a nós mesmos na pantalla, pero tamén nos demos conta do complicado que é montar unha película! Revisar todas as gravacións, prestar atención por si hai algún erro ou aparece en escena algo ou alguén que non debería, elexir os planos de cerca e de lonxe, axustar o son... tantas cousas!!
Nunca fixeramos unha "megaprodución" deste tipo e, aínda ques estamos moi contentos co resultado, temos que recoñecer que é moito o traballo que hai que facer. E iso que é unha curta... non queremos nin imaxinar unha lungametraxe!!
Xa queda menos para que vexades o resultado! 
Ide comprando os flocos de millo!!


Llegó el momento de ver el resultado de la grabación, elegir las mejores escenas y montar nuestro corto.
Nos reímos mucho viendo las tomas falsas y viéndonos a nosotros mismos en la pantalla, pero también nos dimos cuenta de lo complicado que es montar una película! Revisar todas las grabaciones, prestar atención por si hay algún error o aparece en escena algo o alguien que no debería, elegir los planos de cerca y de lejos, ajustar el sonido... tantas cosas!!
Nunca hiciéramos una "megaproducción" de este tipo y, aunque estamos muy contentos con el resultado, tenemos que reconocer que es mucho el trabajo que hay que hay que hacer. Y eso que es un corto... no queremos ni imaganinar un largometraje!!
Ya queda menos para que veáis el resultado! 
Id comprando las palomitas de maíz!!

viernes, 13 de abril de 2018

DE VILAGARCÍA A "JOLIBÚ"

 Xa vos temos falado algunha vez de que estamos nun proxecto realmente interesante...
Estamos a crear unha curtametraxe onde nos encargamos de todo o proceso: guión, maquillaxe, producción, dirección, cámara,...
O caso é que esta semana rematamos os diálogos no guión (arduo traballo) e despois, saímos a Vilagarcía para buscar as localizacións máis axeitadas para gravar a curta, pensando cal sería o enfoque que nos gustaría máis.
Nunca pensamos en vivir estas experiencias tan diferentes!!!


Ya os hablamos alguna vez de que estamos en un proyecto realmente interesante... 
Estamos creando un cortometraje donde nos encargamos de todo el proceso: guión, maquillaje, producción, dirección, cámara,...
El caso es que esta semana terminamos los diálogos en el guion (arduo trabajo) y después, salimos a Vilagarcía para buscar las localizaciones más ajustadas para grabar el corto, pensando en cuál sería el enfoque que nos gustaría más. 
Nunca pensamos en vivir estas experiencias tan diferentes!!!

viernes, 19 de enero de 2018

COMEZA A NOSA HISTORIA

Como xa sabedes estamos a gravar unha curtametraxe coa colaboración de FicBueu.
Esta semana comezamos a elaborar o guión.!! Xa decidimos quenes son os protagonistas, onde se van levar a cabo as esceas... Isto vai tomando forma!!!
Como ya sabéis estamos grabando un cortometraje con la colaboración de FicBueu.
Esta semana comenzamos a elaborar el guión!! Ya decidimos quienes son los protagonistas, donde se van a desarrollar las escenas... Esto va tomando forma!!!

lunes, 19 de septiembre de 2016

O CURSO COMEZA... CUN PREMIO!!

Pois si... comezamos o curso con premio... e ademáis un premio a nivel nacional!!!
O noso centro foi premiado, o pasado sábado en Valencia, pola súa curtametraxe de animación "Ramones" no "I Festival escolar y universitario de las artes audiovisuales.eMove"

Dita curta está baseada no libro "Señor Ramón e Señora Ramona" de Beatriz Montero e foi elaborada por parte do alumnado do centro.

Tres das catro mestras que colaboraron cos rapaces na elaboración da curta acudiron a Valencia a recoller o premio e os diplomas que o acreditan como
 "Mejor corto de animación. Categoría: Educación Especial".



Pues si... comenzamos el curso con premio... y además un premio a nivel nacional!!!
Nuestro centro fue premiado, el pasado sábado en Valencia, por su cortometraje de animación "Ramones" en el "I Festival escolar y universitario de las artes audiovisuales.eMove"

Dicho corto está basado en el libro "Señor Ramón y Señora Ramona" de Beatriz Montero y fue elaborado por parte del alumnado del centro.

Tres de las catro maestras que colaboraron con los alumnos en la elaboración del corto acudieron a Valencia a recoger el premio y los diplomas que lo acreditan como 
"Mejor corto de animación. Categoría: Educación Especial".

martes, 14 de junio de 2016

VAI DE PREMIOS!

O pasado venres celebrouse no Auditorio Municipal de Cangas a entrega de premios do 
"V Certame Audiovisual IES Monte Carrasco".
Foi unha gala moi divertida na cal puidemos ver a película elaborada polo alumnado de 3º ESO en colaboración cos seus profes. Simplemente xenial!!!
Pero para nós o momento máis importante foi cando nos concederon o Premio "Mellor audiovisual de ficción" pola nosa curta "Señor Ramón e Señora Ramona".
Estamos moi contentos e moi agradecidos.


El pasado viernes se celebró en el  Auditorio Municipal de Cangas la entrega de premios del 
"V Certamen Audiovisual IES Monte Carrasco".
Fue una gala muy divertida en la cual pudimos ver la película elaborada por el alumnado de 3º ESO en colaboración con sus profes. Simplemente genial!!!
Pero para nosotros el momento más importante fue cuando nos concedieron el Premio 
"Mejor audiovisual de ficción" por nuestro corto "Señor Ramón e Señora Ramona".
Estamos muy contentos y muy agradecidos.

martes, 15 de diciembre de 2015

CINE "MARXIÓN"

O pasado xoves o EDLG decidiu inaugurar no cole o "Cine Marxión". A idea é visualizar unha curta de animación en galego cada trimestre.
Comezamos con "Os sete cabritos" da Editorial OQO e foi todo un éxito.
Sentímonos como no cine de verdade. Compramos as nosas entradas, unhas palomitas e bebida, entramos na sala do cine, apagaronse as luces e... vivimos unha experiencia diferente no centro, desfrutando do audiovisual galego!!
Xa estamos desexando que chegue o seguinte pase...



EL pasado jueves el EDLG decidió inaugurar en el cole el "Cine Marxión". La idea es visualizar un corto de animación en gallego cada trimestre.
Comenzamos con "Os sete cabritos" de la Editorial OQO y fue todo un éxito.
Nos sentimos como en el cine de verdad. Compramos nuestras entradas, unas palomitas y bebida, entramos en la sala del cine, se apagaron las luces y... vivimos una experiencia diferente en el centro, disfrutando del audiovisual gallego!!!!
Ya estamos deseando que llegue el siguiente pase...

lunes, 1 de junio de 2015

OLLOBOI ZAMBURRIOI

Como xa vos fomos contando, participamos no Festival Audiovisual Olloboi e fomos finalistas en tres categorías, o que non está nada mal tendo en conta que eran 149 vídeos os que participaban procedentes de 60 centros educativos diferentes.
O pasado sábado foi a gala final e a entrega de premios no Casa da Cultura "A Cachada" de Boiro. E alí fomos unha pequena representación de mestres do centro a pasar unha xornada do máis divertida.
A gala foi presentada polos actores galegos Touriñán e Federico Pérez e contou coa colaboración musical do alumnado do CPI de Dodro. Como nos rimos e que ben o pasamos!!!
Dez eran as categorías con premio... e nós fomos vendo como ían pasando unha por unha e dábanlle os merecidísimos premios a outros compañeiros. Pero na última categoría "Olloboi Zamburrioi"; "reservado ao filme que a organización de Olloboi considera o mellor entre todos os presentados", cando xa non contabamos con nada escoitamos; - E o premio Olloboi Zamburrioi é para... Señor Ramón e Señora Ramona-, non dábamos crédito. Foi unha sorpresa enooooorme!!!!
Estamos tan agradecidos e tan contentos polo premio que non sabemos explicalo con palabras.
Eiquí podedes consultar os gañadores en todas as categorías.


Como ya os fuimos contando, participamos en el Festival Audiovisual Olloboi y fuimos finalistas en tres categorías, lo que no está nada mal teniendo en cuenta que eran 149 vídeos los que participaban procedentes de 60 centros educativos diferentes.
El pasado sábado fue la gala final y la entrega de premio en la Casa de la Cultura "A Cachada" de Boiro. Y allí fuimos una pequeña representación de profes del centro a pasar una jornada de lo más divertida. La gala fue presentada por los actores gallegos Touriñan y Federico Pérez y contó con la colaboración musical del alumnado del CPI de Dodro. ¡Como nos reímos y que bien lo pasamos!!!
Diez eran las categorías con premio... y nosotros fuimos viendo como iban pasando una por una y le daban los merecidísimos premios a otros compañeros. Pero en la útltima categoría "Olloboi Zamburrioi"; "reservado al film que la organización de Olloboi considera el mejor entre todos los presentados", cuadno ya no contabamos con nada escuchamos; - Y el premio Olloboi Zamburrioi es para... Señor Ramón e Señora Ramona-, no dábamos credito. ¡Fue una sorpresa enooorme!!!!
Estamos tan agradecidos y tan contentos  por el premio que no sabemos explicarlo con palabras.
Aquí podéis consultar los ganadores en todas las categorías.

lunes, 25 de mayo de 2015

COMEZA BEN A SEMANA...

Hoxe temos dúas novas para darvos, Unha "mala" e unha boa... ámbalas dúas sobre o Festival audiovisual Olloboi.
A "mala" (que xa o poñemos entre comillas porque realmente non o é) é que non conseguimos ser finalistas na categoría "online", na que contaba o voto do público.
E xustamente dicimos que non é unha mala nova xa que foron tantas as mostras de afecto e cariño recibidas cando reclamabamos o voso voto que xa só con iso considerámonos os máis afortunados!!!!
A boa nova e que, para sorpresa de todos nós, resultamos ser finalistas en tres categorías!!!!!!!
_ Categoría "DJ"; somos finalistas cas tes curtametraxes; "A vella Lulula", "Ernesto Bo Dïa" e "Señor Ramón e Señora Ramona".
_ Categoría "Animado"; "Señor Ramón e Señora Ramona".
_ Categoría "Zamburrioi": "Señora Ramón e Señora Ramona".

En cada categoría somos os dez os finalistas. A gala final onde se coñecerán os gañadores será o vindeiro sábado día 30 de maio en Boiro.
Xa vos contaremos como nos foi, pero podémosvos asegurar que con ser finalistas xa nos sentimos máis que contentos.




Hoy tenemos dos noticias para daros. Una "mala" y una buena... ambas sobre el Festival audiovisual Olloboi.
La "mala" (que ya ponemos entre comillas porque realmente no lo es) es que no conseguimos ser finalistas en la categoría "online", en la que contaba el voto del público.
Y justamente decimos que no es una mala noticia porque fueron tantas las muestras de afecto y cariño recibidas cuando reclamábamos vuestro voto que ya solo con eso nos consideramos los más afortunados!!!!
La buena noticia es que, para sorpresa de todos nosotros, resultamos ser finalistas en tres categorías!!!!!!!
Categoría "DJ"; somos finalistas con los tres cortometrajes; "A vella Lulula", "Ernesto Bo Dïa" e "Señor Ramón e Señora Ramona".
Categoría "Animado"; "Señor Ramón e Señora Ramona".
Categoría "Zamburrioi": "Señora Ramón e Señora Ramona".

En cada categoria somoso diez los finalistas. La gala final donde se conocerán los ganadores será el próximo sábado día 30 de mayo en Boiro.
Ya os contaremos como nos fue, pero os podemos asegurar que con ser finalistas ya nos sentimos más que contentos.




martes, 12 de mayo de 2015

FESTIVAL OLLOBOI 2015

Sabedes que de sempre nos gustou o tema do audiovisual, e como tal, apuntámonos a un bombardeo.
Os que seguides o blogue, xa coñecedes as nosas experiencias coas curtas e este ano dóusenos por participar noutro concurso máis, presentando de novo os nosos mellores éxitos. 
Trátase do Festival Olloboi, concurso galego de audiovisual non profesional, onde participamos con:
A idea é que os vexades (se non o fixechedes xa)... elixades o que máis vos guste e nos votedes neste enlace...
Moitas gracias pola vosa colaboración!!!
Oxalá poidamos darlle aos nosos alumnos a alegría de que se recoñece o seu traballo!!


Sabéis que de siempre nos gustó el tema del audiovisual, y como tal, nos apuntamos a un bombardeo.
Los que seguís el blog, ya conocéis nuestras experiencias con los cortos y este año se nos dió por participar en otro concurso más, presentando de nuevo nuestros mejores éxitos.
Se trata del Festival Olloboi, concurso gallego de audiovisual no profesional, donde participamos con:
- SR. RAMÓN E SRA RAMONA  https://www.youtube.com/watch?v=WWAw8XTYbQs
La idea es que nos veáis (si no lo hicisteis ya)... decidáis el que más os guste y nos votéis en este enlace...
Muchas gracias por vuestra colaboración!!!
Ojalá podamos darle a nuestros alumnos la alegría de que se reconoce su trabajo.

domingo, 29 de junio de 2014

A NOSA CURTAMETRAXE

Remata o curso... e como xa ven sendo unha tradición voltamos a participar no concurso "Nós tamén creamos" organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a editorial OQO.
Este ano fixemos a nosa versión do conto "Señor Ramón e Señora Ramona". Por motivos que descoñecemos a nosa curta non se pode ver na páxina web da TVG xunto coas dos outros centros. Igual houbo algún problema ca nosa pero ninguén nolo comunicou.
Aínda así...como cremos que o traballo do noso alumnado paga a pena eiquí volo deixamos para que o desfrutedes!!!

Felices vacacións a todos!!!



Termina el curso... y como ya viene siendo una tradición volvimos a participar en el concurso "Nós tamén creamos" organizado por la Secretaría Xeral de Política Lingüística y la editorial OQO.
Este año hicimos nuestra versión del cuento "Señor Ramón e Señora Ramona". Por motivos que desconocemos nuestro corto no se puede ver en  la página web de la TVG junto con los de los otros centros. Igual hubo algún problema con el nuestro pero nadie nos lo comunicó.
Aún así...como creemos que el trabajo do nuestro alumnado vale la pena aquí os lo dejamos para que lo disfruteis!!!

Felices vacaciones a todos!!!

jueves, 21 de noviembre de 2013

NOS TAMÉN PREMIADOS!!!

O ano pasado foi "A Vella Lulula" a que nos dou unha alegría en forma de mención especial. E este ano foi "Ernesto Bo Día" e a súa moza Enriqueta os que nos fixeron ir a Santiago a recoller o noso premio. É unha satisfación para nos recibir por segundo ano consecutivo este recoñecemento ao traballo dos nosos alumnos.
Esta vez conseguimos que os xornais da zona se fixeran eco do acontecemento, facendo así máis visible aos demais que... Nós tamén creamos!!!


 El año pasado fue "A Vella Lulula" la que nos dio una alegría en forma de mención especial. Y este año fue "Ernesto Bo Día" y su novia Enriqueta los que nos hicieron ir a Santiago a recoger nuestro premio. Es una satisfacción para nosotros recibir por segundo año consecutivo este reconocimiento al trabajo de nuestros alumnos.
Esta vez conseguimos que los periódicos de la zona se hicieran eco del acontecimiento, haciendo así más visible a los demás que... Nós tamén creamos!!!

sábado, 22 de junio de 2013

ERNESTO... MENCIÓN ESPECIAL

Como xa vos contamos hai uns días, este ano participamos por segunda vez no  concurso de curtas de animación en galego chamado "Nós tamén creamos" conovocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, xunto coa editorial OQO.
O ano pasado pasado obtivemos unha mención especial pola nosa curta "A vella Lulula" e este ano "Ernesto bo día" non ía ser menos!!!!
Ernesto conseguiu unha mención especial pola súa calidade plástica e estética.
Os nosos alumnos están moi contentos!!! E as mestras moi orgullosas, xa que para nós e unha gran satisfacción comprobar que o traballo dos nosos alumn@s é recoñecido.
Queda demostrado, unha vez máis, que os alumn@s de educación especial poden facer todo aquelo que se propoñan!! Só precisan tempo... e oportunidades!!!




Como ya os contamos hace unos días, este año participamos por segunda vez en el  concurso de cortos de animación en gallego llamado "Nós tamén creamos" convocado por la Secretaría Xeral de Política Lingüística y la Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, junto con la editorial OQO.
El año pasado obtuvimos una mención especial por nuestro corto "A vella Lulula" y este año "Ernesto bo día" no iba a ser menos!!!!
Ernesto consiguió una mención especial por su calidad plástica y estética.
Nuestros alumnos están muy contentos!!! Y las profesoras muy orgullosas, ya que para nosotras es una gran satisfacción comprobar que el trabajo de nuestros alumn@s es reconocido.
Queda demostrado, una vez más, que los alumn@s de educación especial pueden hacer todo aquello que se propongan!! Solo necesitan tiempo... y oportunidades!!!

viernes, 14 de junio de 2013

ÉSTE É ERNESTO BO DÍA!!!!


Este ano, como o anterior, tres aulas do centro participaron no concurso "Nós tamén creamos" que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística xunto coa Editorial OQO. Podedes ver as curtametraxes que participan na páxina da Televisión de Galicia.
 O ano pasado era Lulula a protagonista e este ano é Ernesto, un mozo que quedou para merendar na casa da súa moza Henriqueta ás seis en punto. Polo camiño pásalle de toooodo, pero el nunca perde o seu sorriso. Máis ou menos coma nós, que mira que pasamos traballo para facer esta curta, pero mirade na foto que sorrisos maaaáis grandes.
Queredes saber que foi o que lle pasou a Ernesto? Pinchade na foto.



Este año, como el anterior, tres aulas del centro participaron en el concurso "Nós tamén creamos" que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística y la Editorial OQO. Podéis ver los cortos que participan en la página de la Televisión de Galicia.
El año pasado era Lulula la protagonista y este año es Ernesto, un chico que quedó para merendar en la casa de su novia Henriqueta a las seis en punto. Por el camino le pasa de toooodo, pero él nunca pierde su sornirsa. Más o menos como nosotros, que mira que pasamos trabajo para hacer este corto, pero mirad en la foto que sonrisas más grandes.
¿Queréis saber qué fue lo que le pasó a Ernesto? Pinchad en la foto.

lunes, 19 de noviembre de 2012

BOAS NOVAS!!!

Atopamos no noso correo unha mensaxe dunha antiga compañeira do cole:

"Ola chicas.
Este fin de semana pasado, en Santiago de Compostela celebráronse as IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Estaban formadas por varias conferencias e por talleres.
O sábado pola mañá tivo lugar un taller da man de OQO, titulado, "Educar para ver" (O vídeo de animación). Animación na escola: A experiencia "Nós tamén creamos". Eva Mejuto e a experiencia de centro da man de Rafael Sánchez-Agustivo, do CEIP A Lama. Como exemplo puxeron o vídeo dos gañadores, pero como non, e pola súa mención especial, puxeron o voso vídeo, o CEE de Vilagarcía co vídeo "A vella Lulula", cunha canción tan pegadiza que podes pasar o día cantándoa! E que sodes uns verdadeiros artistas!!
Noraboa por todo o traballo que facedes!!

Un bico moi grande!"


Este es el mensaje que encontramos en nuestro correo de una antigua compañera del cole.

viernes, 22 de junio de 2012

NÓS TAMÉN GAÑAMOS!!!

Onte acudimos ao auditorio do CGAC para recoller a nosa mención especial pola curta de animación "A vella Lulula". Foi un momento moi emotivo para nós, mestres e nenos, o subir a un escenario para recoller un "premio" no que se lle recoñeza o traballo realizado.
Aínda que non obtivemos o "gran premio", nós sentímonos gañadores xa que conseguimos dar un pasiño máis nese camiño, ás veces tan tortuoso, chamado normalización.
Moitas grazas aos membros do xurado, ás autoridades que nos entregaron a mención e aos nosos compañeiros de profesión polas súas palabras e o seu apoio.

 Co recoñecemento de onte quedou clara unha cousa...que NÓS TAMÉN CREAMOS!!!





Ayer acudimos al auditorio del CGAC para recoger nuestra mención especial por el corto de animación "A vella Lulula". Fue un momento muy emotivo para nosotros, maestros y  niños, el subir a un escenario para recoger un "premio" en el que se reconozca el trabajo realizado.
Aunque que no obtuvimos el "gran premio", nosotros nos sentimos ganadores ya que conseguimos dar un pasito más en ese camino, a veces tan tortuoso, llamado normalización.
Muchas gracias a los miembros del jurado, a las autoridades que nos entregaron la mención y a nuestros compañeros de profesión por sus palabras y su apoyo.

 Con el reconocimiento de ayer quedó clara una cosa...que NÓSOTROS TAMBIÉN CREAMOS!!!

jueves, 21 de junio de 2012

TODOS A CANTAR!!!

Por petición popular e xunto con esas ganas que temos sempre de facer cousas novas, animámonos a facer unha versión do noso último"éxito", así que... o CEE Vilagarcía de Arousa ten o gusto de presentarlles...     O KARAOKE DE LULULA!!!!

E lanzámosvos un reto... propoñémosvos que gravedes un vídeo/audio con quen queirades (alumnos, amigos, familia...) interpretando a canción  "A vella Lulula" e o enviedes a garatuxascee@gmail.com
Tendes todo o verán para pensalo xa que en setembro remotaremos este reto con outras moitas sorpresas!!!!

Grazas por estar aí garatuxos!!!

A cantaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaarrrrrrrrrrrr...






Por petición popular y unido a las ganas de tenemos siempre de hacer cosas nuevas, nos animamos a hacer una verisón de nuestro último "éxito",así que... el CEE Vilagarcía de Arousa tiene el gusto de presentarles...
EL KARAOKE DE LULULA!!!!

Y os lanzamos un reto... os proponemos que grabeis un vídeo/audio con quien vosotros querais (alumnos, amigos, familia...) interpretando la canción "A vella Lulula" y nos lo envieis a garatuxascee@gmail.com
Teneis todo el verano para pensarlo ya que en septiembre retomaremos este reto junto con otras muchas sorpresas!!!!

Gracias por estar ahí garatuxos!!!

A cantaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaarrrrrrrr...

lunes, 18 de junio de 2012

MENCIÓN ESPECIAL...Nós tamén creamos!!!!

Como xa vos contaramos, participamos nun concurso de curtas de animación en galego chamado "Nós tamén creamos" conovocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
O concurso ía orientado a centros de infantil e primaria pero, como "nós tamén creamos" tamén decidimos participar!!!!
Xa saíron as resolucións e, aínda que non saímos premiados, si obtivemos unha mención especial pola nosa calidade creativa, técnica e musical.
O xoves, na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, farannos "entrega" desa mención especial.
Xa vos contaremos!!!!

 Eiquí vos deixamos outra vez a nosa curtametraxe para que vaiades aprendendo a canción... porque pronto haberá unha sorpresa!!!






Como ya os contamos, participamos en un concurso de cortos de animación en gallego llamado "Nós tamén creamos" convocado por la Secretaría Xeral de Política Lingüística y la Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
El concurso estaba orientado a centros de infantil y primaria pero, como "nosotros también creamos" también decidimos participar!!!
Ya salieron las resoluciones y, aunque no salimos premiados, si obtuvimos una mención especial por nuestra calidad creativa, técnica y musical.
El jueves, en la Ciudad de la Cultura, en Santiago de Compostela, nos harán "entrega" de esa mención especial.
Ya os contaremos!!!!

Aquí os dejamos otra vez nuestro corto para que vayais aprendiendo la canción... porque pronto habrá una sorpresa!!!

martes, 15 de mayo de 2012

A NOSA CURTA DE ANIMACIÓN

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocaron un premio de curtas de animación en galego chamado "Nós tamén creamos".
O concurso está orientado a centros de infantil e primaria pero, como "nós tamén creamos" tamén decidimos participar!!!!
A verdade é que facer a curta foi toda unha experiencia. Foi moi divertido e pasamos moito traballo pero estamos moi contentos co resultado.
Agardamos que vos guste e que o poidades empregar nas vosas aulas xa que o noso obxectivo non era só crear unha curta para o concurso, senón crear un recurso educativo que poida chegar a todos. O feito de que o grupo de alumnos/as que participou na súa elaboración careza de linguaxe oral ou teña dificultades graves de expresión fíxonos buscar dúas alternativas; por un lado tiñamos que contalo en lingua de signos para que chegase a todo o noso alumnado que emprega ese sistema alternativo de comunicación e, por outro, unha canción para poder contar a historia. Unha canción que ten moito ritmo e pola que tamén lle queremos dar as GRAZAS a Iván e Pelayo, por estar sempre ahí e acompañarnos en todas as nosas "aventuras".
Para ver o vídeo premede na foto.


La "Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa" convocaron un premio de cortos de animación en gallego llamado "Nós tamén creamos"("Nosotros también creamos"). 
El concurso está orientado a centros de infantil y primaria pero, como "nosotros también creamos" decidimos participar!!!!
La verdad es que hacer el corto fue toda una experiencia. Fue muy divertido y pasamos mucho trabajo pero estamos muy contentos con el resultado.
Esperamos que os guste y que lo podais utilizar en vuestras aulas ya que nuestro objetivo non era solo crear un corto para el concurso, si no crear un recurso educativo que pueda llegar a todos. El hecho de que el grupo de alumnos/as que participó en su elaboración carezca de lenguaje oral o tenga dificultades graves de expresión nos hizo buscar dos alternativas; por un lado teníamos que contarlo en  lengua de signos para que llegase a todo nuestro alumnado que emplea ese sistema alternativo de comunicación y, por otro, una canción para poder contar la historia. Una canción que tiene mucho ritmo y por la que también le queremos dar las GRACIAS a Iván y Pelayo, por estar siempre ahí y acompañarnos en todas nuestras "aventuras".
Para ver el vídeo pinchad en la foto.