viernes, 31 de mayo de 2019

CHOIVA DE CORES

Os pequechos e pequechas do ExperimentArte estaban estes días polos corredores do cole enredando un pouco entre papeis e auga. As súas mestras, que che son ben atrevidas (e algo toliñas tamén) decidiron que as cores tan bonitiñas do papel crepé que tiñan nas aulas seguramente darían para algunha actividade interesante (é dicir, das que manchan) e, como podedes ver nas imaxes, non lles foi mal o invento. Primeiramente, disparos de auga cara o papel crepé para crear arcos da vella que parecían "cobrar vida” e , a continuación, creacións individuais empregando a técnica da estampación, mollando os papeis en auga e empregandoos coma selos. 
Non imaxinades o éxito da actividade! Repetiremos!


Los peques del ExperimentArte estaban estos días por los pasillo del cole enredando un poco entre papeles y agua. Sus maestras, que son bien atrevidas  (y algo locas también) decidieron que los colores tan bonitos del papel crepé que tenían en las aulas seguramente darían para una actividad interesante (es decir, de las que manchan) y, como podéis ver en las imágenes, non les fue mal el invento. Primeramente, disparos de agua cara el papel crepé para crear arco iris que parecían "cobrar vida" y, a continuación, creaciones individuales empleando la técnica de la estampación, mojando los papeles en agua y empleándolos como sellos. 
No imágináis el éxito de la actvidad! Repetiremos!

jueves, 30 de mayo de 2019

RUTA DO PADRE SARMIENTO

Onte tivemos a oportunidade de participar nunha actividade organizada polo Obradoiro de Emprego: "Forme 18".
Dita actividade consistiu en promocionar a Ruta do Padre Sarmiento no tramo de Vilagarcía de Arousa, á vez que daban a coñecer a riqueza patromonial e natural do noso concello. Amais, serviu para promover a irmandade entre escolares do concello.
Nós recollemos o testigo en Vista Alegre da man do alumnos do IES Armando Cotarelo Valledor e entregámosllo, na Praia de Concha, aos alumnos do IES Miguel Ángel González.
Polo camiño fomos facendo paradiñas onde nos explicaban a historia de Vilagarcía (o certo é que vos temos que contar que temos entre nós a un compañeiro que o sabía todiño!! Un fenómeno).
Unha mañán na que mesturamos deporte, cultura e compañeirismo!


Ayer tuvimos la oportunidad de participar en una actividad organizada por el Obradoiro de Emprego; "Forme 18".
Dicha actividad consistió en promocionar la Ruta del Padre Sarmiento en el tramo de Vilagarcía de Arousa, a la vez que daba a conocer la riqueza patrimonial y natural de nuestro ayuntamiento. Además, sirvió para promover la hermandad entre escolares del ayuntamiento.
Nosotros recogimos el testigo en Vista Alegre de la mano de los alumnos del IES Armando Cotarelo Valledor y se lo entregamos, en la Playa de la Concha, a los alumnos del IES Miguel Ángel González.
Por el camino fuimos haciendo paradas donde nos explicaban la historia de Vilagarcía (lo cierto es que tenemos que contaros que tenemos entre nosotros a un compañero que lo sabía todo!! Un fenómeno).
Una mañana en la que mezclamos deporte, cultura y compañerismo!

miércoles, 29 de mayo de 2019

TEXTURAS E CORES

Neste cole somos uns apaixonados das cores e as súas mesturas. Non somos dunha soa gama de cor senón que nos gusta destacar poñendo sempre o foco en tonalidades “discretiñas” coma o vermello, o laranxa, o amarelo... chamar a atención é o noso! 
Os do ExperimentArte, boa tropa que xa coñedes pola súa vena artística e libre, decidiron aproveitar esta “paixón” e realizar unha actividade na que, empregando materiais de diferentes texturas (branda, dura, suave, áspera...) o alumnado elaborase un par de cadriños moi vistosos que son a envexa de calquera museo. Próxima parada: Museo Thyssen! 😂


En este cole somos unos apasionados de los colores y de sus mezclas. No somos de una sola gama de color si no que nos gusta destacar poniendo siempre el foco en tonalidades "discretas" como el rojo, el naranja, el amarillo... llamar la atención es lo nuestro!
Los de ExperimentArte, buena tropa que ya conocéis por su vena artística y libre, decidieron aprovechar esta "pasión" y realizar una actividad en la que, empleando materiales de diferentes texturas (blanda, dura, suave, áspera...) el alumnado elaborase un par de cuadros que son la envidia de cualquier museo. 
Próxima parada; Museo Thyssen! 😂

martes, 28 de mayo de 2019

CONTADA CO CEIP ANEXO A LOMBA


O luns 13 de maio, como comezo da semana das Letras Galegas, visitounos ao cole Pedro Brandariz. E non veu só! Os nosos veciños do CEIP Anexo A Lomba acompañáronnos en dúas sesións (con unha non nos chega) de contos e aprendizaxe. 
Pedro viña un pouco perdido, buscando Cotobade coa brúxula e… pouco a pouco foinos contando de Antonio Fraguas, da súa escrita e da súa vida.
Non estivo nada mal para empezar!


El lunes 13 de mayo, como comienzo de la semana de las Letras Galegas, nós visitó en el cole Pedro Brandariz. Y no vino solo! Nuestros vecinos del CEIP Anexo A Lomba nos acompañaron en dos sesiones (con una no nos llegaba) de cuentos y aprendizaje.
Pedro venía un poco perdido, buscando Cotobade con la brújula y... poco a poco nos fue contando de Antonio Fraguas, de sus escritos y de su vida.
                                            No estuvo nada mal para empezar!

lunes, 27 de mayo de 2019

NOS COCHES DE CHOQUE

E chegou unha das saídas que esperamos con máis ansia durante todo o curso: os coches de choque!!
Coas festas de Santa Rita invádenos o espíritu festeiro (que nós xa temos todos de serie) e alá que imos, ano tras ano, a pasalo en grande!!
Unha vez máis milleiros de GRAZAS a "Autopistas Camarero" por ser sempre tan bós con nós. 
Ata o ano que vén!! 


Y llegó una de las salidas que esperamos con más ansia durante todo el curso: los coches de choque!!!
Con las fiestas de Santa Rita nos invade el espíritu festivo (que nosotros ya tenemos todo de serie) y allá que nos vamos, año tras año, a pasarlo en grande!!
Una vez más miles de GRACIAS a "Autopistas Camarero" por ser siempre tan buenos con nosotros.
Hasta el año que viene!!

martes, 21 de mayo de 2019

CANCIÓNS "DA TERRA"

Se hai algún tempo compartiamos con vós unha escolma de canción sobre o mar, agora chega o turno das cancións da terra.
Isto forma parte do proxecto "Cociñando a nosa lingua," o cal levamos a cabo, unha vez máis, co CEIP Viñagrande-Deiro.


Si hace algún tiempo compartíamos con vosotros una selección de canciones sobre el mar, ahora llega el turno de las canciones de la tierra.
Esto forma parte del proyecto "Cociñando a nosa lingua", el cual llevamos a cabo, una vez más, con el CEIP Viñagrande-Deiro.

lunes, 20 de mayo de 2019

PRODUTOS SABOROSOS

Coa chegada da primavera, os do ExperimentArte levan a cabo xa “un clásico“ para eles: a degustación de froitas de tempada. 
Primeiramente, achegáronse aos produtos observándoos, cheirándoos, tocándoos... ademais, asociáronos aos diferentes pictogramas e fotos coas que contaban na actividade. 
A continuación, comezaron  a traballar o sentido do gusto e a apreciar os diferentes sabores: amorodos, uvas, mandarinas, plátanos , kiwis, pomelos... cores, sabores e texturas moi diferentes! 
Finalmente, a súa parte favorita (e a de todos nós): preparar algún prato sano e saboroso para compartir cos seus compañeiros e compañeiras. Nesta ocasión, unhas apetitosas “ brochetas” e batidos que, como non podía ser doutro xeito, duraron poucos minutiños.


 Con la llegada de la primavera, lo de ExperimentArte llevan a cabo ya "un clásico" para ellos: la desgustación de frutas de temporada. 
Primero se acercaron a los productos observándolos, oliéndolos, tocándolos... además, los asociaron a los diferentes pictogramas y fotos con las que contaba en la actividad.
A continuación comenzaron a trabajar el sentido del gusto y a apreciar los diferentes sabores; fresas, uvas, mandarinas, plátanos, kiwis, pomelos... colores, sabores y texturas muy diferentes!
Finalmente, su parte favorita (y la de todos nosotros): preparar algún plato sano y sabroso para compartir con sus compañeros y compañeras. En esta ocasión, unas apetitosas brochetas y batidos que, como no podía ser de otra manera, duraron pocos minutos.

lunes, 6 de mayo de 2019

ANXO FARIÑA NO COLE!


O martes 30 de abril, tivemos a gran sorte de que nos visitara o autor, escritor, ilustrador… Anxo Fariña!
 Os nosos rapaces desfrutaron como nunca dun obradoiro de ilustración. Unha oportunidade única de descubrir os secretos dos debuxos.
 O certo é que o ambiente de atención, traballo e diversión foi incrible. Estamos desexando repetir.
 Anxo, lémbrate do noso enderezo.😉


 El martes 30 de abril, tuvimos la gran suerte de que nos visitara el autor, escritor, ilustrador... Anxo Fariña!
Nuestros chicos disfrutaron como nunca de un taller de ilustración. Una oportunidad única de descubrir los secretos de los dibujos. 
Lo cierto es que el ambiente de atención, trabajo y diversión fue increíble. Estamos deseando repetir.
Anxo, acuérdate de nuestra dirección.😉

viernes, 3 de mayo de 2019

GUYI - GUYI

O xoves pasado os rapaces da Etapa Básica, xunto coa aula  branca de Transición á Vida Adulta foron a Pontevedra ao teatro. 
En primeira fila puideron desfrutar dun espectáculo cheo de plumas. Unha familia de parrulos na que había alguén que non cadraba, un crocodilo. 
Unha historia de aceptación persoal e social na que triunfa a realidade do día a día. Porque todos temos algo diferente. 


El jueves pasado los chicos de la Etapa Básica, junto con el aula blanca de Transición a la Vida Adulta fueron a Pontevedra al teatro. 
En primera fila pudieron disfrutar de un espectáculo lleno de plumas. Una familias de patos en la que había alguien que no cuadraba, un cocodrilo. 
Una historia de aceptación personal y social en la que triunfa la realidade del día a día. Porque todos tenemos algo diferente.

jueves, 2 de mayo de 2019

DÍA DO LIBRO


O 23 de abril foi o Día do Libro e no cole celebrámolo invitando a Cris de Caldas a que nos contase de libros. Un tempo de escoita no que coñecemos novos títulos que temos que mercar xa. Porque cada día somos máis lectores, cada día imos máis a biblio do cole. Para ler, para coller libros… Pero tamén para introducirnos noutras aprendizaxes.
O xoves fomos a biblioteca porque había “contada”, e como nos gustou! Viva o Día do Libro!
 Ademais argallamos un mural para que, quen quixera, promocionara (para ben ou para mal) un título. Só había que poñer a cuberta do libro e escribir algo persoal sobre el. 

 
El 23 de abril fue el Día del Libro y en el cole lo celebramos invitando a Cris de Caldas a que nos contase de libros. Un tiempo de escucha en el conocimos nuevos títulos que tenemos que comprar ya. Porque cada día somos más lectores, cada día vamos más a la biblio del cole. Para leer, para coger libros... Pero también para introducirnos en otros aprendizajes.
 El jueves fuimos a la biblioteca porque había "contada", y como nos gustó! Viva el Día del Libro!
Además preparamos un mural para que, quien quisiera, promocionara (para bien o para mal) un título.
Solo había que poner la cubierta del libro y escribir algo personal sobre él.