Mostrando entradas con la etiqueta DEPORTE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DEPORTE. Mostrar todas las entradas

lunes, 4 de mayo de 2020

MARZO SEN FRONTEIRAS


A última actividade fóra do centro antes do # quedanacasa foi o Marzo sen fronteiras.A actividade, defensora da inclusión a través do deporte, mellora na súa organización cada ano e para nós é xa cita obrigada curso tras curso. Obradoiros, xogos, música, baile, comida e, sobre todo, moito deporte. Como sempre, un pracer.






La última actividad fuera del centro antes del #quedamosencasa fue el Marzo sin fronteras. La actividad, defensora de la inclusión a través del deporte, mejora su organización cada año y para nosotros es ya cita obligada curso tras curso. Talleres, juegos, música, baile, comida y sobre todo, mucho deporte. Como siempre, un placer.

domingo, 22 de marzo de 2020

CAMPIONATO CAMPO A TRAVÉS

Durante todo o curso, a nosa rapazada, ademais de traballar a reo nas súas correspondentes aulas e participar nas diferentes dinámicas do centro, adicalle moito tempo ao deporte. Como xa sabedes, formamos parte dun club deportivo cos nosos amigos e amigas de Con Eles e, grazas a iso, participamos, durante todo o ano, nas xuntanzas deportivas que organiza FEGDA, que é a Federación Galega de Deporte Adaptado.
Nas imaxes, algúns dos nosos deportistas no Campionato de campo a través que, como cada ano, tivo lugar en Pontevedra. Amizade+ deporte= fermosa combinación!





Durante todo el curso, nuestros chicos y chicas, además de trabajar duramente en sus correspondientes aulas y participar en las diferentes dinámicas del centro,le dedican mucho tiempo al deporte. Como ya sabéis , formamos parte de un club deportivo con nuestros amigos y amigas de Con Eles y, gracias a eso, participamos, durante todo el año, en los eventos  deportivos  que organiza FEGDA, que es la Federación Galega de Deporte Adaptado. En las imágenes, algunos de nuestros deportistas en el Campeonato de campo a través que, como cada año, tuvo lugar en Pontevedra. Amistad + deporte= ¡hermosa combinación!

martes, 14 de enero de 2020

NADAL NO COLE

O nadal chegou ao cole, como cada ano, arrasando. O cole vístese de festa nos comezos do mes de decembro e cada recuncho do mesmo, acolle actividades e dinámicas relacionados coa temática. Pequenos e maiores traballaron e gozaron coas actividades organizadas na biblioteca, nos obradoiros e tamén nas aulas de referencia. A “árbore das linguas”, a San Silvestre solidaria e o festival de nadal (coa visita dos reis magos) son só unha pequena mostra de todo o que deu de sí o mes de decembro.







La navidad llegó al cole, como cada año, arrasando. El cole se viste de fiesta cuando empieza el mes de diciembre y cada rincón  del mismo, acoge actividades y dinámicas relacionados con la temática. Pequeños y mayores trabajaron y gozaron con las actividades organizadas en la biblioteca, en los talleres y también en las aulas de referencia. El “árbol de las lenguas”,  la San Silvestre solidaria y el festival de navidad (con la visita de los reyes magos) son solo una pequeña muestra de todo lo que dio de sí el mes de diciembre.

jueves, 12 de diciembre de 2019

IV OPEN FGDA BÁDMINTON

Neste cole, outra cosa non, pero mover o corpo gústanos moito. Xa sexa enredando en diferentes actividades, bailando ao son da música ou facendo deporte, gozamos moito con todo o que implique a interacción activa co medio. 
Nesta ocasión, a través do noso club, e baixo a organización de FGDA ( a federación galega de deporte adaptado) tocounos participar, en Vigo, nunha competición de bádminton. Alá que foi o alumnado convocado, con gana de pasalo ben, de botar unhas risas e de  ver se caía algunha medalla. Como podedes ver nas fotos, caer, caeron 🏅🏅🏅



En este cole, otra cosa no, pero mover el cuerpo nos gusta. Y mucho.
Ya sea enredando en diferentes actividades, bailando al son de la música o haciendo deporte, disfrutamos mucho con todo lo que implique la interacción activa con el medio. 
En esta ocasión, a través de nuestro club, y bajo la organización de FGDA (la federación gallega de deporte adaptado) nos tocó participar, en Vigo, en una competición de bádminton. Allí que se fue el alumnado convocado, con muchas ganas de pasarlo bien, de reírse al máximo y de ver si caía alguna medalla. Como podeis ver en las fotos, caer, cayeron 🏅🏅🏅

lunes, 21 de octubre de 2019

DEPORTE E AMIGOS

Como xa sabedes, no cole temos un club deportivo co que participamos nas moitas actividades deportivas organizadas por FGDA, a federación galega de deporte adaptado. Estas actividades, ademais de promover o facer deporte de xeito habitual como medio para levar un estilo de vida saudable, supoñen, para o noso alumnado, un punto de encontro cos amigos que fixeron nos últimos anos.
Nesta ocasión, a terceira xornada de liga de fútbol sala, deunos moitas risas, anécdotas e, ademais, un subcampionato na nosa categoría!



Como ya sabéis, en el cole tenemos un club deportivo con el que participamos en las muchas actividades deportivas organizadas por FGDA, la federación gallega de deporte adaptado. Estas actividades, además de promover el hacer deporte de forma habitual como medio para llevar un estilo de vida saludable, suponen, para nuestro alumnado, un punto de encuentro con los amigos que hicieron en los últimos años.
En esta ocasión, la tercera jornada de liga de fútbol sala, nos dio muchas risas, anécdotas y, además, un subcampeonato en nuestra categoría!

viernes, 5 de abril de 2019

MARZO SEN FRONTEIRAS

A semana pasada tivemos unha das actividades que máis nos gustan; "Marzo sen fronteiras".
As alumnas e alumnos do segundo curso do TSAAFD do instituto de Carril veñen de realizar, desde hai uns aniños, esta actividade deportiva de integración.
No pavillón de Fexdega xuntámonos alumnos e usuarios de diferentes coles e asociacións para facer unha viaxe ao redor do mundo. Vitamos Europa, África, América, Asia... e realizamos todo tipo de xogos (ata bailamos capoeira!).
Gozamos, rimos e pasámolo en grande!
Pero a maior sorpresa veu ao final, cando apareceu o padriño do evento: Sergio, o porteiro do R.C. Celta de Vigo!!!
Foi moi riquiño con nós, firmounos autógrafos e sacamos moreas de fotos con el.
Unha sorpresa que abraioui a todos, sobre todo aos alumnos maiores do cole!

(** A maioría das imaxes do collage pertencen a "Fotografía Rañó", que fixo unhas fotos espectaculares do que alí pasou**). 


La semana pasada tuvimos una de las actividades que más nos gustan; "Marzo sen fronteiras".
Las alumnas y alumnos del segundo curso del TSAAFD del instituto de Carril vienen realizando, desde hace unos años, esta actividad deportiva de integración.
En el pavellón de Fexdega nos juntamos alumnos y usuarios de diferentes colegios y asociaciones para realizar un viaje alrededor del mundo. Visitamos Europa, África, América, Asia... y realizamos todo tipo de juegos (hasta bailamos capoeira!).
Pero la mayor sorpresa vino al final, cuando apareció el padrino del evento: Sergio, el portero del R.C. Celta de Vigo!!!
Fue muy simpático con nosotros, nos firmó autógrafos y sacamos un montón de fotos con él.
Unha sorpresa que dejó alucinados a todos, sobre todo a los alumnos mayores del cole!

(** La mayoría de las imágenes del collage pertenecen a "Fotografía Rañó", que hizo unas fotos espectaculares de lo que allí pasó**)

jueves, 10 de enero de 2019

IOGA NA BIBLIOTECA

Si, si, IOGA na biblioteca! Porque queremos que a biblio sexa un laboratorio de aprendizaxes, porque queremos un centro activo e consciente, porque queremos promover unha vida saudable, porque queremos ao noso alumnado e porque podemos. IOGA na biblioteca!

Os alumnos da etapa de formación básica e os de transición á vida adulta participaron en distintas sesións de IOGA. Unha práctica que mellora dende a conciencia corporal ata a autoestima. Amais, é estupendo para relaxarse, liberando estados de ansiedad ou tensión.

GRAZAS a CAROLINA moitos de nós puidemos achegarnos ao IOGA dun xeito lúdico.


 Si, si, YOGA en la bilbioteca! Porque queremos que la bilbio sea un laboratorio de aprendizajes, porque queremos  un centro activo y consciente, porque queremos promover una vida saludable, porque queremos a nuestro alumnado y porque podemos. YOGA en la biblioteca!

Los alumnos de la etapa de formación básica y los de transición a la vida adulta participaron en distintas sesiones de YOGA. Una práactica que mejora desde la conciencia corporal hasta la autoestima. Además, es estupendo para relajarse, liberando estados de ansiedad o tensión.

GRACIAS a CAROLINA muchos de nosotros pudimos acercarnos al YOGA de una forma lúdica.

lunes, 5 de noviembre de 2018

LOITAMOS CONTRA A LEUCEMIA

Xa sabedes que nós temos un corazón que non nos cabe no peito e estamos sempre dispostos a axudar aos demais. 
Como sabemos que traballando en equipo as cousas saen moito mellor, nesta ocasión xuntamos todos os nosos folgos xunto cos dos alumnos do CEIP Anexo - A Lomba, para colaborar na loita contra a leucemia infantil.
Os alumnos do CEIP Anexo - A Lomba interpretaron unha obra de teatro explicándonos en que consiste a enfermidade da leucemia e o importante que é atopar un tratamento para combatela.
Despois, da man de "La vuelta al cole" levamos a cabo unha carreira solidaria para mostrar o noso apoio a esta causa e, ademais, fixemos unha doazón simbólica de 1€ cada un (houbo quen decidiu aportar máis, xa que recadamos uns 241€) que irán destinados á investigación da leucemia infantil.





Ya sabéis que nosotros tenemos un corazón que no nos cabe en el pecho y estamos siempre dispuestos a ayudar a los demás.
Como sabemos que trabajando en equipo las cosas salen mucho mejor, en esta ocasión juntamos toda nuestra fuerza junto con la de los alumnos del CEIP Anexo - A Lomba, para colaborar en la lucha contra la leucemia infantil.
Los alumnos de CEIP Anexo - A Lomba interpretaron una obra de teatro explicándonos en qué consiste la leucemia y lo importante que es encontrar un tratamiento para combatirla.
Después, de la mano de  "La vuelta al cole" llevamos a cabo una carrera solidaria para mostrar nuestro apoyo a esta causa y, además, hicimos una donación simbólica de 1€ cada uno (hubo quien decidió aportar más, ya que recaudamos unos 241€) que irán destinados a la investigación de la leucemia infantil.

viernes, 8 de junio de 2018

2ª XORNADA LIGA FÚTBOL SALA

O pasado 30 de maio o noso equipo de Fútbol Sala disputou a segunda xornada de liga na localidade pontevedresa de Redondela.
O equipo volveu a facer dous moi bos partidos e conseguiu vencer aos combinados de San Rafael (4-3) e de Juan María (7-2). No seguinte vídeo podedes ver algúns dos goles dos nosos futbolistas nestes encontros.
Ademais compartimos bus, pizzas e xeados co Deportivo da Coruña que no traxecto de volta mesmo lle fixo unha oferta ao noso xogador máis destacado (Youssef). Ollo que no lo fichan!​
 
 
 
El pasado 30 de mayo nuestro equipo de Fútbol Sala disputó la segunda jornada de liga en la localidad pontevedresa de Redondela. 
El equipo volvió a hacer dos muy buenos partidos y consiguió vencer a los combinados de San Rafael (4-3) y de Juan María (7-2). En el siguiente vídeo podéis ver algunos de los goles de nuestros futbolistas en estos encuentros.
Además compartimos bus, pizzas y helados con el Deportivo de la Coruña que en el trayecto de vuelta mismo le hizo una oferta a nuestro jugador más destacado (Youssef). Ojo que nos lo fichan!

lunes, 21 de mayo de 2018

CAMPIONATO DE ATLETISMO

O mércores 16 de maio disputouse o XXIV Campionato Galego de Atletismo nas pistas de atletismo de Fontecarmoa en Vilagarcía de Arousa. Máis de dous centenares de atletas competiron nos diferentes concursos e carreiras no medio dun ambiente espectacular.
  Desta volta tocounos xogar na casa e parece que aos nosos e nosas deportistas os aires da ría lle sentan xenial porque non deixaron de colgarse medallas no pescozo durante toda a mañá. 
Éstas foron as acadadas:

OURO
Javier Manteca na proba de 60 m en categoría XOGO +15M cun tempo de 11”90
Elena Estévez  na proba de 60 m en categoría ADAPTADA -15F  cun tempo de 18”50
Xian Chan na proba de lanzamento de peso en categoría XOGO -15M cunha distancia de 5,96m.
Paula Ramallo na proba de lanzamento de peso en categoría ADAPTADA +15F  cunha distancia de 5,77m.
Raúl Moraña na proba de lanzamento de peso en categoría ADAPTADA -15M  cunha distancia de 6,42m.
Elena Estevez  na proba de salto de lonxitude en categoría ADAPTADA -15F  cun salto de 1,10m (bueno… con un pouco de axuda).

PRATA
Paula Ramallo na proba de 150 m en categoría ADAPTADA +15F  cun tempo de 30”60.

BRONCE
Carmen González na proba de 60 m en categoría ADAPTADA +15F  cun tempo de 13”70.
V. José Pereira na proba de 3.000 m en categoría COMPETICIÓN +15m cun tempo de 11’37”30.
Youssef Chefaoui na proba de 400 m en categoría COMPETICIÓN +15m cun tempo de 1’ 08” 80.
Álvaro Fernández na proba de lanzamento de peso en categoría ADAPTADA +15M  cunha distancia de 7,43m.
Youssef Chefaoui na proba de salto de lonxitude en categoría COMPETICIÓN +15m cun salto de 3,70m (Unha pena non axustar a batida un pouco mellor, un dos saltos nulos estivo preto dos 4,50m).

  Por suposto, aínda que os sinalamos para recoñecer o esforzo dos nosos/as deportistas, os resultados foron o de menos e a mellor medalla foi a de volver a gozar dunha xornada de deporte e convivencia.
 
 

El miércoles 16 de mayo se disputó el XXIV Campeonato Galego de Atletismo en las pistas de atletismo de Fontecarmoa en Vilagarcía de Arousa. Más de dos centenares de atletas compitieron en los diferentes concursos y carreras en el medio de un ambiente espectacular.
  Esta vez nos tocó jugar en casa y parece que a nuestros y nuestras deportistas los aires de la ría le sientan genial porque non dejaron de colgarse medallas en el cuello durante toda la mañana. 
Éstas fueron las conseguidas:

ORO
Javier Manteca en la prueba de 60 m en categoría JUEGO +15M con un tiempo de 11”90
Elena Estévez  en la prueba de 60 m en categoría ADAPTADA -15F  con un tiempo de 18”50
Xian Chan en la prueba de lanzamiento de peso en categoría JUEGO -15M con una distancia de 5,96m.
Paula Ramallo en la prueba de lanzamiento de peso en categoría ADAPTADA +15F  con una distancia de 5,77m.
Raúl Moraña en la prueba de  lanzamiento de peso en categoría ADAPTADA -15M  con una distancia de 6,42m.
Elena Estevez  en la prueba de salto de longitud en categoría ADAPTADA -15F  con un salto de 1,10m (bueno… con un poco de ayuda).

PRATA
Paula Ramallo en la prueba de 150 m en categoría ADAPTADA +15F  con un tiempo de 30”60.

BRONCE
Carmen Gonzálezen la prueba de 60 m en categoría ADAPTADA +15F  con un tiempo de 13”70.
V. José Pereira en la prueba de 3.000 m en categoría COMPETICIÓN +15m con un tiempo de 11’37”30.
Youssef Chefaoui en la prueba de 400 m en categoría COMPETICIÓN +15m con un tiempo de 1’ 08” 80.
Álvaro Fernández en la prueba de lanzamiento de peso en categoría ADAPTADA +15M con una distancia de 7,43m.
Youssef Chefaoui en la prueba de salto de longitud en categoría COMPETICIÓN +15m con un salto de 3,70m (Una pena no ajustar la batida un poco mejor, uno de los saltos nulos estuvo cerca de los 4,50m).

  Por supuesto, aunque los señalamos para recoñecer el esfuerzo de nuestros/as deportistas, los resultados fueron lo de menos y la mejor medalla fue la de volver a disfrutar de una jornada de deporte y convivencia.

lunes, 7 de mayo de 2018

XORNADA DE BALONCESTO

Nesta segunda xornada da liga de Baloncesto os resultados para o noso equipo foron os seguintes:
ASDAN 8 - Vilagarcía 4
Vilagarcía 15 - Juan XXIII 12
Como sempre o deporte volveu a servir de escusa para vivir unha xornada de convivencia con compañeiros e compañeiras doutros clubs.
A terceira e derradeira xornada de liga xogarase xa durante o vindeiro curso escolar (no mes de outubro).
En esta segunda jornada de la liga de Baloncesto los resultados para nuestro equipo fueron los siguientes:
ASDAN 8 - Vilagarcía 4
Vilagarcía 15 - Juan XXIII 12
Como siempre el deporte volvió a servir de excusa para vivir una jornada de convivencia con compañeros y compañeras de otros clubs.
La tercera y última jornada de la liga se jugará durante el próximo curso escolar (en el mes de octubre).

viernes, 27 de abril de 2018

CAMPIONATO GALEGO DE NATACIÓN

Este mércores 25 de abril, 13 alumnos e alumnas do noso centro participaron no campionato galego de natación celebrado no concello pontevedrés de A Cañiza.
 Unha vez máis o deporte foi a excusa perfecta para pasar unha agradable mañá de primavera con moitos outros rapaces e rapazas da nosa comunidade. 
Os nosos deportistas fixérono realmente ben, todos completaron as súas probas e lograron traer colgadas do pescozo tres medallas (unha prata e un bronce na categoría feminina XOGO -15 e unha prata na categoría masculina XOGO +15).


Este miércoles 25 de abril, 13 alumnos y alumnas de nuestro centro participaron en el campeonato gallego de natación celebrado en el ayuntamiento pontevedrés de A Cañiza.
 Una vez más el deporte fue la excusa perfecta para pasar una agradable mañana de primavera con muchos otros chicos y chicas de nuestra comunidad.
Nuestros deportistas lo hicieron realmente bien, todos completaron sus pruebas y lograron traer colgadas del cuello tres medallas (una plata y un bronce en la categoría femenina JUEGO -15 y  una plata en la categoría masculina JUEGO +15).

miércoles, 4 de abril de 2018

VIDEO MARZO SEN FRONTEIRAS

Como xa vos contamos, o pasado 21 de marzo tivemos unha cita moi esperada por todos no colexio, como xa vén sendo tradición os rapaces e mestres do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas do instituto Miguel Ángel González Estévez de Carril, invitáronnos a participar no seu proxecto integrador e de inclusión social. Este proxecto tenta mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional por medio dunha actividade física lúdica e estimulante.


Como ya os contamos, el pasado 21 de marzo tuvimos una cita muy esperada por todos en el colegio, como ya viene siendo tradición los chicos y profesores del ciclo superior de Actividades Físicas y Deportivas del Instituto Miguel Ángel Estévez de Carril, nos invitaron a participar en su proyecto integrador y de inclusión social. Este proyecto intenta mejorar la calidad de vida de las personas con diversidad funcional por medio de una actividad física lúdica y estimulante.

jueves, 15 de marzo de 2018

LIGA DE BALONCESTO

O mércores 7 de marzo disputamos no Porriño a primeira xornada de liga de baloncesto organizada por FGDA.
 O noso equipo xogou dous partidos nesta primeira xornada cos seguintes resultados:
Juan XXIII 12 - Vilagarcía 14 
Vilagarcía 20 - San Rafael 20
Como sempre, o motivo deportivo foi a escusa perfecta para unha magnífica xornada de convivencia con membros doutros colexios, asociacións e clubes.

El miércoles 7 de marzo disputamos en Porriño la primera jornada de liga de baloncesto organizada por FGDA. 
Nuestro equipo jugó dos partidos en esta primera jornada con los siguientes resultados; 
Juan XXIII 12 - Vilagarcía 14 
Vilagarcía 20 - San Rafael 20
Como siempre, el motivo deportivo fue la escusa perfecta para unha magnífica jornada de convivencia con miembros de otros colegios, asociaciones y clubes.

jueves, 1 de marzo de 2018

O NOSO DEBUT NA LIGA DE FÚTBOL SALA

O pasado mércores 21 de febreiro o equipo de fútbol sala do noso centro disputou a primeira xornada de liga organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA).
  A xornada de competición tivo lugar en Redondela e o noso equipo enfrontouse ao R.C Celta  e ao CEE Saladino Cortizo.
  Os alumnos e alumnas que participaron demostraron, unha vez máis, ser uns/unhas grandes deportistas e, ademais, desta volta tiveron a fortuna e o bo facer de gañar os dous encontros que disputaron.
 Pero máis alá do acontecido dentro do campo, a xornada dou para vivir bos momentos de convivencia fóra do centro.


El pasado miércoles 21 de febrero el equipo de fútbol sala de nuestro centro disputó la primera jornada de liga organizada por la Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA).
La jornada de competición tuvo lugar en Redondela y nuestro equipo se enfrentó al R.C. Celta y al CEE Saladino Cortizo.
Los alumnos y alumnas que participaron demostraron, una vez más, ser unos/unas grandes deportistas y, además, esta vuelta tuvieron la fortuna y buen hacer de ganar los dos encuentros que disputaron.
Pero más allá de lo sucedido dentro del campo, la jornada dio para vivir buenos momentos de conviviencia fuera del centro.

jueves, 30 de noviembre de 2017

COPA FEDERACIÓN DE FÚTBOL SALA

O pasado mércores día 8 de novembro os alumnos e alumnas do noso centro participaron na Copa Federación de Fútbol Sala. A xornada deportiva tivo lugar na Cidade de Pontevedra e xunto coa expedición do colexio viaxaron os nosos compañeiros e compañeiras da Asociación CON ELES.

A mañá de fútbol-sala foi moi productiva, e non só porque finalmente nos fixésemos coa victoria.
Durante e entre os partidos puidemos relacionarnos e compartir experiencias cos demais participantes. E tamén tivemos tempo para repoñer forzas cunha boa merenda.

As forzas boa falta nos fixeron  para poder facernos coa victoria nunha final moi disputada que se resolveu no último lanzamento da tanda de penaltis.

Como rematamos a competición un pouco antes do previsto, e nos atopábamos preto do Campus Universitario, decidimos facer unha visita á Facultade de Comunicación Audiovisual. Visitamos parte das instalacións da facultade e mesmo tivemos a oportunidade de conversar con dúas alumnas de úlmo curso que nos explicaron que tipo de formación reciben alí e cales son as súas perspectivas a nivel laboral.

El pasado miércoles día 8 de noviembre los alumnos y alumnas de nuestro centro participaron en la Copa Federación de Fútbol Sala. La jornada deportiva tuvo lugar en la Ciudad de Pontevedra y junto con la expedición del colegio viajaron nuestros compañeros y compañeras de la Asociación CON ELES.
La mañana de fútbol-sala fue muy productiva, y no solo porque finalmente nos hiciésemos con la victoria.

Durante los partidos pudimos relacionarnos y compartir experiencias con los demás participantes. Y también tuvimos tiempo de reponer fuerzas con una buena merienda.
Las  fuerzas buena falta nos hicieron para poder hacernos con la victoria en una final muy disputada que se resolvió en el último lanzamiento de penaltis.

Como terminamos la competición un poco antes de lo previsto, y nos encontrábamos cerca del Campus Universitario, decidimos hacer una visita a la Facultad de Comunicación Audiovisual. Visitamos parte de las instalaciones de la facultad y al mismo tiempo tuvimos la oportunidad de conversar con dos alumnas del útimo curso que nos explicaron qué tipo de formación reciben allí y cuáles son sus perspectivas a nivel laboral.




viernes, 20 de mayo de 2016

CAMPIONATO GALEGO DE ATLETISMO EN VILAGARCÍA

 O pasado mércores celebrouse en Vilagarcía o "Campionato galego de atletismo adaptado" e nós fomos cheos de ilusión e moitas ganas de participar.
Alí corrimos, saltamos, lanzamos... e voltamos para casa con algunha que outra medalla.
Pero o máis importante foi o ben que o pasamos e o moito que nos animamos os uns aos outros.


El pasado miércoles se celebró en Vilagarcia el "Campeonato gallego de atletismo adaptado" y  nosotros fuimos llenos de ilusión y muchas ganas de participar.
Allí corrimos, saltamos, lanzamos... y volvimos con alguna que otra medalla.
Pero lo más importante fue lo bien que lo pasamos y lo mucho que nos animamos los unos a los otros.

jueves, 28 de abril de 2016

CAMPIONATO DE FÚBOL SALA

A semana pasada fomos a Pontevedra a participar no Campionato de fútbol sala.
Este ano tivemos novas incorporacións e podemos dicir que temos entre nós a un futuro Leo Messi.
Non é que tiveramos moita sorte nesta especialidade, pero este ano o traballo levado ao longo do curso dou os seus froitos e os alumnos do CEE Vilagarcía de Arousa, recolleron o trofeo, ben merecido. 
Como anécdota dicir, que como profesionais que somos, recibimos unha tarxeta amarela, por quitar a camiseta celebrando un dos goles!!!




La semana pasada fuimos a Pontevedra a participar en el Campeonato de Fútbol Sala.
Este año tuvimos nuevas incorporaciones y podemos decir que tenemos entre nós a un futuro Leo Messi.
No es que tuviéramos mucha suerte en esta especialidad, pero este año el trabajo llevado a cabo a lo largo del curso dió sus frutos, y los alumnos del CEE Vilagarcía de Arousa, recogieron el trofeo, bien merecido.
Como anécdota decir, que como profesionales que somos, recibimos una tarjeta amarilla, por quitar la camiseta celebrando uno de los goles!!!

jueves, 21 de abril de 2016

CAMPIONATO TRAS CAMPIONATO

Época de competicións, torneos, campionatos,...
Este curso tamén temos moi bos deportistas, para nós os mellores! 
Participamos no Campionato Galego de Natación o día 6 de Abril, con moito ánimo e forza (tanta que incluso nos descalificaron en algún caso por rápidos!).
Gran día para recordar porque esa experiencia non nola quita ninguén!!!


Época de competiciones, torneos, campeonatos,...
Este curso también tenemos muy buenos deportistas, para nosotros los mejores! 
Participamos en el Campeonato Gallego de Natación el día 6 de Abril. con mucho ánimo y fuerza (tanta que  incluso nos descalificaron en algún caso por rápidos!).
Gran día para recordar porque esa experiencia no nos la quita nadie!!!

martes, 15 de marzo de 2016

XUNTOS POLO DEPORTE

O pasado mércores acudimos a FEXDEGA invitados polo IES Miguel Ángel González Estévez de Carril para participar nunhas xornadas que xa se están convertindo en costume (e a nos encántanos!): II Xornadas Lúdico-Deportivas para persoas con discapacidade.
Esta actividade forma parte da formación dos alumnos do TSAAFD (Técnico Superior en Animación e Actividades Físico-Deportivas) que o deron todo para implicar aos participantes.
A prensa tamén quixo facer unha reseña: CANAL RÍAS BAIXAS.


El pasado miércoles acudimos a FEXDEGA invitados por el IES Miguel Ángel González Estévez de Carril para participar en unas jornadas que ya se están convirtiendo en costumbre (y a nosotros nos encanta!): II Jornadas Lúdico-Deportivas para personas con discapacidad.
Esta actividad forma parte da formación de los alumnos de TSAAFD (Técnico Superior en Animación y Actividades Físico-Deportivas) que lo dieron todo para implicar a los participantes. 
La prensa también quiso hacer una reseña: CANAL RÍAS BAIXAS.