lunes, 25 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe celebramos no cole o Día de Rosalía!
Comezamos a xornada indo a visitar a exposición "Airiños, aires", homenaxe do fotógrafo Xurxo Lobato a Rosalía de Castro.
Despois, no centro, limos o poema "Miña casiña, meu lar" e preparamos o noso propio "caldo de gloria" que xantamos logo como primeiro prato do noso menú.
Cantamos a versión  de "Adiós ríos, adiós fontes" dos nosos amigos de "Son do Sil". 
Coloreamos caretas de Rosalía para identicarnos un pouquiño máis con ela e rematamos facendo un mural na entrada do comedor.
Unha xornada completiña para rendir homenaxe a unha das grandes do noso país!




Hoy celebramos en el cole el Dïa de Rosalía!
Comenzamos la jornada yendo a visitar la exposición "Airiños, aires", homenaje del fotógrafo Xurxo Lobato a Rosalía de Castro.
Después, en el centro, leímos el poema "Miña casiña, meu lar" y preparamos nuestro propio "caldo de gloria" que comimos luego como primer plato de nuestro menú.
Cantamos la versión de "Adiós ríos, adiós fontes" de nuestros amigos de "Son do Sil".
Coloreamos caretas de Rosalía para identificarnos un poquito más con ella y terminamos haciendo un mural en la entrada del comedor.
Una jornada completita para rendir homenaje a una de las grandes de nuestro país!

jueves, 21 de febrero de 2019

FOOD TRUCK

Martes, en Vilagarcía, recibimos a visita da "food truck" da escola de hostelería Carlos Oroza de Pontevedra. A finalidade era promocionar o mexillón galego como un alimento gastronómico de primer nivel e fomentar así o seu consumo.
Os nosos alumnos máis larpeiros non quixeron perder esta oportunidade e alá foron! Puxeron as botas saboreando as creacións dos estudantes da escola; paté de Mexillón de Galicia, Mexillón de Galicia con salsa de mostaza e Mexillón de Galicia con cilantro e lima.
Receitas sinxelas, moi saborosas e saudables. Téñeno todo!!
Ademais esta actividade está relacionada co noso P.D.I. "Alén do mar" e co noso proxecta de alimentación saudable "Amar o mar"... Farían esta actividade pensando en nós?? 😉
 
Martes, en Vilagarcía, recibimos la visita de la "food truck" de la escuela de hostelería Carlos Oroza de Pontevedra. La finalidad era promocionar el mejillón gallego como un alimento gastronómico de primer nivel y fomentar así su consumo.
Nuestros alumnos más golosos no quisieron perder esta oportunidad y allá fueron! Se pusieron las botas saboreando las creaciones de los estudiantes de la escuela; paté de Mejillón de Galicia, Mejillón de Galicia con salsa de mostaza y Mejillón de Galicia con cilantro y lima.
Recetas sencillas, muy sabrosas y saludables. Lo tienen todo!!
Además esta actividad está relacionada con nuestro P.D.I. "Alén do mar" e con nuestro proyecto de alimentación saludable "Amar o mar"... Harían esta actividad pensando en nosotros?? 😉

martes, 19 de febrero de 2019

CONTADA EN LINGUA DE SIGNOS


O venres día 15 tivemos contada en lingua de signos e, como non podía ser de outro xeito, a temática foi o mar. Unha actividade máis para sumar ao noso proxecto documental integrado (P.D.I.): ALÉN DO MAR.
Primeiro os rapaces da Etapa básica escoitaron e viron o conto signado de “El tiburón y sus amigos”. Despois o alumnado de Transición á Vida Adulta xunto cós rapaces do programa formativo de Formación Básica adaptada de Reprografía, tiveron a oportunidade de ver o conto do pelicano Bartolo. 
Toda unha nova experiencia coa que ademais puidemos coñecer novos signos de vocabulario relacionado co mar. Algún xa o sabiamos, eh!



El viernes día 15 tuvimos una sesión de cuentos en lengua de signos y, como no podía ser de otra manera, la temática fue el mar. Una actividad más para sumar a nuestro proyecto documental integrado (P.D.I.):  ALÉN DO MAR
Primero los alumnos de la Etapa Básica escucharon y vieron el cuento signado de "El tiburón y sus amigos". Después el alumnado de Transición a la Vida Adulta junto con los chicos del porgrama formativo de Formación Básica adaptada de Reprografía, tuvieron la oportunidad de ver el cuento del pelícano Bartolo.
Toda una nueva experiencia con la que además pudimos conocer nuevos signos de vocabulario relacionado con el mar. Alguno ya lo sabíamos,eh! 

lunes, 18 de febrero de 2019

NAMORA DA BIBLIO


14 de febreiro, San Valentín, Día dos Namorados… Unha oportunidade marabillosa para demostrar todo o amor que levamos dentro. E xa sabedes que no noso cole, cando se fala de QUERER, fálase con letras maiúsculas. 
Durante toda a xornada os rapaces foron subindo á biblioteca para facer corazóns, para recoller un marcapáxinas e regalarllo a alguén e para fotografarse nunha biblioteca tinguida de vermello. E todo, con música romántica, libros, doces…

Pódese pedir algo máis?

Non sabedes o amor que se respira no #ceevilagarcía



14 de febrero, San Valentín, Día de los Enamorados... Una oportunidad maravillosa para demostrar todo el amor que llevamos dentro. Y ya sabéis que en nuestro cole, cuando se habla de QUERER, se habla con letras mayúsculas.
Durante toda la jornada los alumnos fueron subiendo a la bibliotea para hacer corazones, para recoger un marcapáginas y regalárselo a alguien y para hacerse una foto en una biblioteca teñida de rojo. Y todo, con música romántica, libros, dulces...

¿Se puede pedir algo más?

No sabéis el amor que se respira en el #ceevilagarcía

martes, 12 de febrero de 2019

BURBULLAS EN PONTEVEDRA

A semana pasada fomos ata Pontevedra a ver o espectáculo "Burbullas de papel", un espectáculo de música, danza e luces e burbullas de moitas cores!!!
O máis incríbel foi ver saír unha burbulla de xabrón da trompeta! Quedamos abraiados!!


La semana pasada fuimos hasta Pontevedra a ver el espectáculo "Burbullas de papel", un espectáculo de música, danza y luces y burbujas de muchos colores!!!
Lo más increíble fue ver salir unha burbuja de jabón de la trompeta! Quedamos sorprendidos!!

lunes, 11 de febrero de 2019

FAUNA MARIÑA

Como ben sabedes, no cole estamos, neste curso, máis mariñeiros que nunca. Entre o PDI e o Proxecta, estamos cos pés na auga todo o día. 
Os do ExperimentArte, que ben sabedes non perden ocasión de divertirse, decidiron que, fieis ao seu espírito artista, ían facer unha “ interpretación libre” dalgúns dos seus animais mariños favoritos. Para iso, fixeron unha mestura de fariña, lévedo, auga e colorantes coa crearon unha pasta. A través dunha manga pasteleira improvisada, crearon, coa mencionada pasta, debuxos de diferentes cores enriba dunha lámina. Posteriormente, meteron esa lámina “ao quentiño” dentro do microondas. O resultado? Láminas moi fermosas cheas de cores e con relieve nas que se poden ver tartarugas, peixes de cores, cabaliños de mar...



Como bien sabéis, en el cole estamos, este curso, más marineros que nunca. Entre el PDI y el Proxecta, estamos con los pies en el agua todo el día.
Los del ExperimentArte, que bien sabéis que no pierden ocasión de divertirse, decidieron que, fieles a su espíritu artista, iban a hacer una "interpretación libre" de algunos de sus animales favoritos. Para eso, hicieron una mezcla de harina, levadura, agua y colorantes con la que crearon una pasta. A través de una manga pastelera improvisada, crearon, con la mencionada pasta, dibujos de diferentes colores encima de una lámina. Posteriormente, metieron esa lámina "al calorcito" dentro del microondas. El resultado? Láminas muy bonitas llenas de colores y con relieve en las que se pueden ver tortugas, peces de colores, caballitos de mar...

viernes, 1 de febrero de 2019

CASTELAO

Non nos podiamos esquecer dun día tan imporante para a nosa terra, Galicia, como é o aniversario do nacemento dun dos nosos persoeiros máis importantes: Castelao.
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao nacía en Rianxo alá polo ano 1886 para revolucionar o mundo político e literario.
Sen dúbida, unha figura importante para todos os galegos e que os nosos alumnos deben coñecer. Así que, para a ocasión elaborouse (grazas a aula marrón) un material estupendo cheo de actividades e curiosidades.


No nos podíamos olvidar de un día tan importante para nuestra tierra, Galicia, como es el aniversario del nacimiento de uno de nuestros personajes más importantes: Castelao.
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao nacía en Rianxo en 1886 para revolucionar el mundo político y literario.
Sin duda, unha figura importante para todos los gallegos y que nuestros alumnos deben conocer. Así que, para la ocasión se elaboró (gracias al aula marrón) un material estupendo lleno de actividades y curiosidades.