miércoles, 19 de enero de 2022

 

Resumo de actividades do 1º trimestre (II PARTE)

O TRABALLO NA AULA MULTISENSORIAL


Como xa sabedes, contamos no CEE cunha aula multisensorial na que traballamos con material moito máis específico e cunha metodoloxía diferente a que levamos a cabo nas respectivas aulas de referencia do noso alumnado.

No 1º trimestre, incorporamos novos materiais e xogos, ademais de novas actividades e dinámicas.


Algúns exemplos:


- Clasificación, conteo e lectoescritura na mesa de luz.




                                       


- Traballo coa luz negra.



- Actividades de conectan coas conmemoracións ( na imaxe, co nadal)


- Actividades relacionadas co PDI deste curso ( "Vivamos como labregos")





CEE Vilagarcía

martes, 18 de enero de 2022

Resumo de actividades do 1º trimestre (I PARTE)

 

 O  MAGOSTO NO CEE


Neste curso de restricións, non quedamos sen celebrar unha das nosas conmemoracións favoritas: o magosto.


Aínda que a forma de vivir a festa e de gozar cos amigos/as, mudou considerablemente (non podemos negalo), as risas, os bailes o os sorrisos, seguen sendo os mesmos.


A continuación, deixamos uns vídeos que amosan que, sexan os tempos que sexan, no CEE somos de ver a vida dun xeito positivo SEMPRE.


PD: Graciñas moi especiais ao noso amigo Carlos Quintá, festeiro dos bos! ;)