martes, 27 de noviembre de 2018

CONCERTO "FETÉN"

A semana pasada fomos ata Pontevedra a un concerto didáctico do que volvemos "flipados".
Da man do dúo "Fetén Fetén" coñecimos instrumentos insólitos como a frauta-silla da praia, a frauta-vasoira... comprobamos que se pode facer música con dúas culleres, cunha tixola...
Ademais, a nosa compañeira Nerea subiu ao escenario a tocar o theremín, e cos seus momentos creou tales sons que todos pensabamos que chegaban os extraterrestres!!
Aprender aprendimos moito pero tamén gozamos e bailamos.
Ao rematar tivemos a oportunidade de darlles as grazas (xunto con moitos bicos e apertas) e dicirlles que foi un concerto fetén e que nos o pasamos fetén. En resumo: "Fetén Fetén"


La semana pasado fuimos a Pontevedra a un concierto didáctivo del que volvimos flipados".
De la mano del dúo "Fetén Fetén" conocimos instrumentos insólitos como la flauta-silla de la playa, la flauta-escoba... comprobamos que se puede hacer música con dos cucharas, con una sartén...
Además,  nuestra compañera Nerea subió al escenario a tocar el theremín, y con sus movimientos creó tales sonidos que todos pensamos que llegaban los extraterrestres!!
Aprender aprendimos mucho pero también disfrutamos y bailamos.
Al terminar tuvimos la oportunidad de darles las gracias (junto con muchos besos y abrazos) y decirles que fue un concierto fetén y que nos lo pasamos fetén. En resumen: "Fetén Fetén".







lunes, 26 de noviembre de 2018

25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Onte foi o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero pero nós celebrámolo o venres.
Os maiores do cole acudiron a andaina organizada polo Concello. Alí escolares de toda Vilagarcía uníronse para dicir NON á violencia contra as mulleres.
Os nosos "representantes" acudiron á cita cuns carteis con mensaxes moi directas que cautivaron a todo o mundo (incluída a prensa).
Mentres, no centro, os pequenos elaboraron un cartel no que reclamaban tamén a igualdade.
Para rematar a xornada, na biblioteca vivimos o conto "Artur e Clementina", unha historia que non nos deixou indiferentes porque vimos como Clementina se ía facendo pequena e privada da súa liberdade.
Porque sabemos que hai moitas Clementinas por todo o mundo... porque hoxe son elas pero mañá podemos ser nós... por iso e por milleiros de motivos máis... NON Á VIOLENCIA!!!



Ayer fue el Día Internacional Contra la Violencia de Género pero nosotros lo celebramos el viernes.
Los mayores de cole fueron a la caminata organizada por el Concello. Allí escolares de todo Vilagarcía se unieron para decir NO a la violencia contra las mujeres.
Nuestros "representantes" acudieron a la cita con unos carteles con mensajes muy directos que cautivaron a todo el mundo (incluída la prensa).
Mientras, en el centro, los pequeños elaboraron un cartel en el que reclamaban también la igualdad.
Para terminar la jornada, en la biblioteca vivimos el cuento de "Arturo y Clementina", unha historia que no nos dejó indeferentes porque vimos como Clementiba se iba haciendo pequeña y privada de su libertad.
Porque sabemos que hay muchas Clementinas por todo el mundo... porque hoy son ellas pero mañana podemos ser nosotros.. por eso y por miles de motivos más... NO A LA VIOLENCIA!!!

viernes, 23 de noviembre de 2018

PINTURA TERAPÉUTICA

Agora que xa levan un tempiño co proxecto e xa os ides coñecendo, sabedes ben que os cativos e cativas do ExperimentArte tolean coa pintura de cores. Encántalles empregala nas diferentes actividades que as mestras propoñen e, desta volta, non ían ser menos. 
Nun primeiro momento, tiñan que facer liñas de pintura (creatividade ao poder) sobre unha  cartolina. Despois, viña a parte máis divertida, tapar a creación artística cun papel transpartente e remexer coas mans un anaquiño... non sabedes que sensación tan gustosiña e relaxante! Para rematar, retiraban o papel transparente e descubrían unha lámina chea de cores e de talento! 
Gústavos o resultado?


 Ahora que ya llevan un tiempo con el proyecto y ya los vais conociendo, sabéis bien que los pequeños y pequeñas del ExperimentArte loquean con la pintura de colores. Les encanta utilizarla en las diferentes actividades que las maestras les proponen y, esta vez, no iba a ser menos. 
En un primer momento, tenían que hacer líneas de pintura (creatividad al poder) sobre una cartulina. Después, venía la parte más divertida, tapar la creación artística con papel transparente e revolver con las manos un poquito... no sabéis que sensación tan gustosa y relajante! Para terminar, retiraban en papel transparente y descubrían una lámina llena de colores y talento.
Os gusta el resultado?

jueves, 22 de noviembre de 2018

MAGOSTO CO CEIP ANEXO-A LOMBA

Este ano fixemos un pequeno cambio  no noso tradicional magosto co CEIP Anexo - A Lomba, xa que foron eles os encargados da actividade. 
Cada curso (de primeiro a quinto)  organizou un xogo tradicional que ademais adaptaron ás distintas necesidades de cada posible participante. Todos estes xogos organizáronse nun circuito que foi supervisado polo alumnado de sexto e por algún dos nosos alumnos para que o resto do alumnado puidese gozar de cada xogo.
Nas diferentes estacións puidemos gozar dos seguintes xogos: o pano, a mariola, os bolos, o paracaídas, as sete e media, os zancos, o arrastra-castañas, pase misí, petanca e a pesca de botellas.

Despois chegou o momento de degustar as castañas e pasámolo moi ben todos xuntos!


Este año hicimos un pequeño cambio en nuestro tradicional magosto con el CEIP Anexo - A Lomba, ya  que fueron ellos los encargados de la actividad.
Cada curso (de primero a quinto) organizó un juego tradicional que además adaptaron a las distintas necesidades de cada posible participante. Todos estos juegos se organizaron en un circuito que fue supervisado por el alumnado de sexto y por alguno de nuestros alumnos para que el resto del alumnado pudiese disfrutar de cada juego.
En las diferentes estaciones pudimos disfrutar de los siguientes juegos; el paño, los bolos, el paracídas, las siete y media, los zancos, el arrastra-castañas, pase misí, petanca y la pesca de botellas.

Después llegó el momento de degustar las castañas y lo pasamos muy bien todos juntos!

miércoles, 21 de noviembre de 2018

MAGOSTO CO CEIP O PIÑEIRIÑO


O pasado venres, día 9 de novembro, despois da actividade de piscina, recén duchados para a cita, fomos celebrar o aniversario de Claudia no seu cole (o CEIP O Piñeiriño). Toda unha sorpresa para ela! Primeiro Magosto e castañas a fartar e, para quen tivera aínda un oquiño, nós por suposto que si, torta de sobremesa. 
E así, coa barriga chea, o alumnado do Piñeiriño dounos unha lección de inclusión e compañeirismo. TODOS XUNTOS tivemos a sorte de participar nunha rolda de xogos onde os rapaces foron os guías, os axudantes e os amigos. Pasámolo en grande! E foi GRACIAS  a vós.

Desexando volver! Desexando volver a compartir!



El pasado viernes, día 9 de noviembre, después de la actividad de piscina, recién duchados para la cita, fuimos a celebrar el cumpleaños de Claudia en su cole (el CEIP O Piñeiriño). Toda una sorpresa para ella! Primero Magosto y un montón de castañas y, para quien tuviese aún un huequito, nosotros por supuesto que si, tarta de sobremesa.
 Y así, con la barriga llena, el alumnado del Piñeiriño nos dió una lección de inclusión y compañerismo.
TODOS JUNTOS tuvimos la suerte de participar en una ronda de juegos donde los niños fueron los guías, los ayudantes y los amigos. Lo pasamos en grande! Y fue GRACIAS a vosotros.

Desando volver! Deseando volver a compartir!

martes, 20 de noviembre de 2018

POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Xa vos contamos que os nosos profes son moito de formarse e aprender cousas, pero tamén vos temos que dicir que teñen moito que ofrecer.
A semana pasada as profes Bárbara e Isabel foron como poñentes ás "IX Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia", a falar do PDI=Proxecta que levaron a cabo o ano pasado chamado "Mirando polo camiño".
Aí as tendes...sobra dicir que o fixeron realmente ben!!!


Ya os contamos que nuestros profes son mucho de formarse y aprender cosas, pero también os tenemos que decir que tienen muucho que ofrecer.
La semana pasada las profes Bárbara e Isabel fueron como ponentes a las "IX Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia" a hablar del PDI=Proxecta que llevaron a cabo el año pasado llamado "Mirando polo Camiño".
Ahí las tenéis... sobra decir que lo hicieron realmente bien!!!

viernes, 16 de noviembre de 2018

FORMACIÓN EN PDI

No cole, os alumnos non somos os únicos que estudamos e aprendemos cousas.
Os profes están a recibir formación en PDI (Proxecto Documental Integrado) porque están moi ilusionados con proxecto sobre o mar e queren saber como facer as cousas ben para que nós gocemos aprendendo e ofrecernos un milleiro de oportunidades para facelo.


En el cole, los alumnos no somos lo únicos que estudiamos y aprendemos cosas.
Los profes están recibiendo formación en PDI (Proyecto Documental Integrado) porque están muy ilusionados con el proyecto sobre el mar y quieren saber cómo hacer las cosas bien para que nosotros disfrutemos aprendiendo y ofrecernos miles de oportunidades para hacerlo.

miércoles, 14 de noviembre de 2018

CANCIÓNS PARA "AMAR O MAR"

A nós todo o que sexa cantar e bailar... encántanos! Así que non podía faltar unha escolma de cancións sobre o mar.
Ese mar no que viven os animais mariños, no cal podemos nadar e nadar, onde navegan barcos piratas e pesqueiros...  
En resumo; un mar... para amar.





 A nosotros todo lo que sea cantar y bailar... nos encanta! Así que no podía faltar una selección de canciónes sonre el mar.
 Ese mar en el que viven los animales marinos, en el que podemos nadar y nadar, donde navegan barcos piratas y pesqueros... 
En resumen; un mar... para amar.

martes, 13 de noviembre de 2018

O OUTONO XA ESTÁ AQUÍ

 O outono chegou e os nenos e nenas do ExperimentArte quiseron recibir á estación realizando unha das súas divertidas actividades que, desta vez baseábase , principalmente, na observación e manipulación.
Primeiramente, na mesa de luz puideron fixarse nas semellanzas e diferenzas (en canto a tamaño, forma ou cor) das follas recollidas previamente polo alumnado no patio do colexio. Ademais, tocaron e manipularon diferentes elementos do outono tales como piñas, ourizos e carozos. 
A continuación, coas follas mencionadas e moita pintura de cores, tocou delimitar “ siluetas” e deixar voar a imaxinación cos laranxas, amarelos, marróns... tocaba darlle toque otoñal á cousa! E vaia se o conseguiron!
 
 





El otoño llegó y los niños y niñas de ExperimentArte quisiero recibir la estación realizando una de sus divertidas actividades que, esta vez se basaban, principalmente, en la observación y manipulación.
Primero, en la mesa de luz pudieron fijarse en las semejanzas y diferencias (en cuanto a tamaño, forma o color) de las hojas recogidas previamente por el alumnado en el patio del colegio. Además, tocaron y manipularon diferentes elementos del otoño tales como piñas, erizos o carozos.
A continuación, con las hojas mencionadas y mucha  pintura de colores, tocó delimitar "siluetas" y dejar volar la imaginación con los naranjas, amarillos, marrones... tocaba darle un toque otoñal a la cosa! Y vaya si lo consiguieron!



lunes, 12 de noviembre de 2018

CONSUMO RESPONSABLE E ALIMENTACIÓN SAUDABLE


A semana pasada fomos a unha actividade de consumo responsable e educación saudable. 
Nós xa sabemos moitas cousas sobre este tema, pero nunca está de máis repasar… 
Contáronnos cales son os alimentos máis sans para a nosa saúde (entre eles os produtos do mar, que tanto estamos a traballar no cole), falamos da pirámide alimenticia, de que é recomendable facer 5 comidas ao día e  de moitos consellos máis, que pouco a pouco, charla a charla, intentamos incorporar as nosas rutinas diarias.

Ademais chegamos cun agasallo (e tamén cunha molladura)!



La semana pasada fuimos a una actividad de consumo responsable y educación saludable.
Nosotros ya sabemos muchas cosas sobre este tema, pero nunca está de más repasar...
Nos contaron cuáles son los alimentos más sanos para nuestra salud (entre ellos los productos del mar, que tanto estamos trabajando en el cole), hablamos de la pirámide alimenticia, de que es recomendable hacer 5 comidas al día y de muchos consejos más que, poco a poco, charla a charla, intentamos incorporar a nuestras rutinas diarias.

Además llegamos con un regalo (y también con una mojadura)!

jueves, 8 de noviembre de 2018

A PRAIA NO COLE

Como ben sabedes, o ExperimentArte arrincou fai unhas semanas con aires renovados. Maior número de participantes pero as mesmas gañas de poñerse “mans á obra” sempre que se pode.
Nesta ocasión, aproveitando o PDI do centro, que este curso ten temática mariñeira, decidiron crear a súa propia praia. 
Pensaredes que iso non é cousa doada... e tedes razón, pero estes pequechos, están feitos doutra pasta... poucas cousas se lles resisten!
Para area fixeron unha mestura moi interesante de aceite para bebés e fariña. Houbo moito que amasar para que a pasta quedase a punto pero, finalmente, o conseguiron!
 O mar xa foi outra historia! Aquí tocou tirar de diferentes cores e tonalidades para lograr o azul exacto das nosas queridas praias galegas e, apoiándose en papel de prata e plástico de burbullas, conseguir profundidade e textura.
 O resultado: praia privada dentro do cole... iso, nin no Caribe!

Como bien sabéis, ExperimentArte arrancó hace unas semanas con aires renovados. Mayor número de participantes pero las mismas ganas de ponerse "manos a la obra" siempre que se puede.
En esta ocasión, aprovechando el PDI del centro, que este curso tiene temática marinera, decidieron crear su propia playa.  
Pensaréis que eso no es nada fácil... y tenéis razón, pero estos pequeñines, están hechos de otra pasta... pocas cosas se les resisten!
Para la arena utilizaron una mezcla de aceite para bebés y harina. Hubo mucho que amasar para que la pasta quedase a punto pero, finalmente, lo consiguieron!
El mar ya fue otra historia! Aquí toco tirar un poco de diferentes colores y tonalidades para lograr el azul exacto de nuestras queridas playas gallegas y, apoyándose en papel de plata y plástico de burbujas, conseguir profundidad y textura.
El resultado: playa privada dentro del cole... eso, ni en el Caribe!

miércoles, 7 de noviembre de 2018

MÉRCORES DE MEDO

Medo???? Pasar medo nos????...
Medo non sabemos si pasamos pero unhas boas gargalladas botamos e, con todas as actividades que houbo, gozamos.
Tivemos de todo: exposición de cabazas, obradoiro de maquillaxe, de cociña, na biblioteca tivemos unha chea de actividades coas mesas de luz e, na aula de estimulación, un túnel do terror coa luz negra!
E, por si iso non fora suficiente, tivemos un baile de esqueletos!!!
Non temos claro se daban moito medo, pero o certo é que o pasamos en grande!!


 


Miedo??? Pasar miedo nosotros????...
Miedo no sabemos si pasamos pero unas buenas carcajadas echamos y, con todas las actividades que hubo, disfrutamos.
Tuvimos de todo: taller de maquillaje, de cocina, en la biblioteca tuvimos un montón de actividades con las mesas de luz y, en el aula de estimulación, un túnel del terror con la luz negra!
Y, por si eso no fuera suficiente, tuvimos un baile de esqueletos!!!
No tenemos claro si daban mucho miedo, pero lo cierto es que lo pasamos en grande!!

lunes, 5 de noviembre de 2018

LOITAMOS CONTRA A LEUCEMIA

Xa sabedes que nós temos un corazón que non nos cabe no peito e estamos sempre dispostos a axudar aos demais. 
Como sabemos que traballando en equipo as cousas saen moito mellor, nesta ocasión xuntamos todos os nosos folgos xunto cos dos alumnos do CEIP Anexo - A Lomba, para colaborar na loita contra a leucemia infantil.
Os alumnos do CEIP Anexo - A Lomba interpretaron unha obra de teatro explicándonos en que consiste a enfermidade da leucemia e o importante que é atopar un tratamento para combatela.
Despois, da man de "La vuelta al cole" levamos a cabo unha carreira solidaria para mostrar o noso apoio a esta causa e, ademais, fixemos unha doazón simbólica de 1€ cada un (houbo quen decidiu aportar máis, xa que recadamos uns 241€) que irán destinados á investigación da leucemia infantil.





Ya sabéis que nosotros tenemos un corazón que no nos cabe en el pecho y estamos siempre dispuestos a ayudar a los demás.
Como sabemos que trabajando en equipo las cosas salen mucho mejor, en esta ocasión juntamos toda nuestra fuerza junto con la de los alumnos del CEIP Anexo - A Lomba, para colaborar en la lucha contra la leucemia infantil.
Los alumnos de CEIP Anexo - A Lomba interpretaron una obra de teatro explicándonos en qué consiste la leucemia y lo importante que es encontrar un tratamiento para combatirla.
Después, de la mano de  "La vuelta al cole" llevamos a cabo una carrera solidaria para mostrar nuestro apoyo a esta causa y, además, hicimos una donación simbólica de 1€ cada uno (hubo quien decidió aportar más, ya que recaudamos unos 241€) que irán destinados a la investigación de la leucemia infantil.