Mostrando entradas con la etiqueta CALENDARIO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CALENDARIO. Mostrar todas las entradas

martes, 20 de diciembre de 2016

FELIZ NADAL DENDE O EDLG

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega estamos a celebrar o Nadal por todo o alto.
Fai uns días recibimos a visita do Apalpador!!!
Coas súas historias e o seu gran corazón fixo que os nosos alumnos se empapasen desta figura tradicional do Nadal galego.
Anxo Moure namorounos coas súas palabras, e el namorouse de todos nós.
Prometeunos voltar para contar máis contos...
e aquí o estaremos agardando.


Como somos moi de tradicións, un ano máis, non podía faltar o noso calendario.
Ben sabedes que nós somos moito de festas, e por iso este ano o noso calendario vai adicado a festas e romerías galegas.
Se premedes na imaxe podedes atopar o calendario en formato PDF, por se queredes imprimilo e compartir con nós o novo ano.
As axendas deste ano son viaxeiras, personalizadas... e festeiras!!!!






Desde el Equipo de Dinamización da Lingua Galega celebramos la Navidad por todo lo alto.
Hace unos días recibimos la visita del Apalpador!!!
Con sus historias y su gran corazón hizo que nuestros alumnos se empapasen de esta figura tradicional de la Navidad gallega.
Anxo Moure nos enamoró con sus palabras, y el se enamoró de nosotros.
Nos prometió volver para contarnos más cuentos...y aquí lo estaremos esperando.

Como somos muy de tradiciones, un año más, no podía faltar nuestro calendario.
Bien sabéis que nosotros somos muy de fiestas, y por eso este año nuestro calendario lo dedicamos a fiestas y romerías gallegas.
Si pulsáis en la imagen podréis encontrar el calendario en formato PDF, por si queréis imprimirlo y compartir con nosotros el nuevo año.
Las agendas de este año son viajeras, personalizadas...y fiesteras!!!


jueves, 17 de diciembre de 2015

FELIZ 2016


Xa forma parte das nosas tradicións de Nadal (xunto coa felicitación e a panxoliña) elaborar, coordinado polo EDLG, un calendario que sempre vai cargadiño de ilusión e bos desexos para o vindeiro ano.
Como nós queremos compartilo todo con vós, o calendario volve a estar en formato .pdf  por si o queredes descargar (simplemente pinchando sobre a imaxe) e compartir así o voso ano co CEE Vilagarcía de Arousa, pero tamén por si queredes velo e aproveitar algunha idea!
Tamén se fixeron as axendas viaxeiras, neste caso personalizadas para cada alumno do cole, como vedes tamén adicada á vida do mar.

FELIZ ANO!!

CALENDARIO 2016

Ya forma parte de nuestras tradiciones de Navidad (junto con la felicitación y el villancico) elaborar, coordinado por el EDLG, un calendario que siempre va cargado de ilusión y buenos deseos para el próximo año.
Como nosotros queremos compartirlo todo con vosotros, el calendario vuelve a estar en formato .pdf por si lo queréis descargar (simplemente pinchando sobre la imagen) y compartir así vuestro año con el CEE Vilagarcía de Arousa, pero también por si queréis verlo y aprovechar alguna idea!.
También se hicieron las agendas viajeras, en este caso personalizadas para cada alumno del cole, como véis también dedidacada a la vida en el mar.


FELIZ AÑO!!



lunes, 15 de diciembre de 2014

12 MESES... 12 XOGOS

Xa o temos... recén saído do forno...o noso calandario!!!!

Dende fai uns aniños o Equipo de Normalización da Lingua Galega elabora, coa colaboración de todo centro, un calendario centrado na nosa terra.
 Este ano o tema elexido son os xogos tradicionais.
Seguro que moitos de vós (sobretodo os máis novos) non coñecedes moitos deles. Pero para iso estamos nós!!!

Agardamos que vos guste e que vos animedes a seguir coas tradicións!!

Recordade  que está en formato PDF e podédelo descargar (premendo na imaxe) para ter un trociño de nós nas vosas casas.

                                                                    FELIZ 2015



Ya lo tenemos...recién salido del horno... nuestro calendario!!!!

Desde hace unos años el Equipo de Normalización da Lingua Galega elabora, con la colaboración de todo el centro, un calendario centrado en nuestra tierra. Este año el  tema elegido son los juegos tradicionales.
Seguro que muchos de vosotros (sobretodo los más jóvenes) no conocéis muchos de ellos. Pero para esoo estamos nosotros!!!

Esperamos que os guste y que os animéis a seguir con las tradiciones!!

Recordad que está en formato PDF y lo podéis descargar (pinchando en la imagen) para tener un poquito de nosotros en vuestras casas.

 FELIZ 2015



martes, 17 de diciembre de 2013

ANO NOVO, CALENDARIO NOVO!

Outro ano máis e chegadas estas datas, todos os anos repartese no centro o calendario feito polos alumnos a través do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Cada curso propónse un tema novo e diferente, pero relacionado sempre coa nosa cultura galega. Desta volta tocoulle ao refraneiro, relacionado cos meses do ano. Tedes a posibilidade de descargalo pinchando na imaxe e como "profesionais" que somos temos tamén o calendario de peto, pero só para "os da casa". Desfrutade!

Otro año más y llegando estas fechas, todos los años se reparte en el centro el calendario hecho por los alumnos a través del Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Cada curso se propone un tema nuevo y diferente, pero relacionado siempre con nuestra cultura gallega. Ahora le tocó al refranero, relacionado con los meses del año. Tenéis la posibilidad de descargarlo pinchando en la imagen y como profesionales que somos tenemos también el calendario de bolsillo, pero solo para "los de casa". ¡Disfrutad!









jueves, 13 de diciembre de 2012

CALENDARIO 2013

Como xa sabedes, dende hai uns anos o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro organiza unha actividade co alumando que consiste na elaboración dun calendario temático. Este ano céntrase nas profesións máis típicas de Galicia. 
 Como sabemos que vos vai encantar, aquí vos deixamos un enlace para que o poidades descargar e poñer donde máis vos guste. Non tedes máis que pinchar na foto da portada do calendario.




Como ya sabéis desde hace unos años el Equipo de Dinamización de la Lengua Gallega del centro organiza una actividad con el alumando que consiste en la elaboración de un calendario temático. Este año se centra en las profesiones más típicas de Galicia. 
Como sabemos que os va a encantar, aquí os dejamos un enlace para que lo podáis descargar y poner en donde más os guste. No tenéis más que pinchar en la foto de la portada del calendario.

jueves, 17 de marzo de 2011

Calendario 2011

Dende hai uns anos a Equipa de Normalización e Dinamización Lingüística do centro organiza unha actividade co alumando que consiste na elaboración dun calendario temático. Este ano céntrase nas comidas típicas de cada mes.
A ver que vos parece!!!

Desde hace unos años el Equipo de Normalización y Dinamización Lingüística del centro organiza una actividad con el alumando que consiste en la elaboración de un calendario temático. Este año se centra en las comidas típicas de cada mes.
A ver que os parece!!!