Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO ARCE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO ARCE. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de mayo de 2018

LA PLATANERA

A semana pasada tivemos a sorte de contar coa visita de Andrea, de "La Platanera", no noso cole.
Andrea visitounos para levar a cabo un obradoiro de calcas cerámicas cos "peques" do cole.
Cada alumno decorou a súa propia taza (as cales agora mesmo se atopan no forno) e, temos que recoñecer que, fixeron verdadeiras marabillas!
 Os pequenos pasárono en grande... e os maiores quedamos coas ganas de facer unha nós tamén!


La semana pasada tuvimos la suerte de contar con la vista de Andrea, de "La Platanera", en nuestro cole.
Andrea nos visitó para llevar a cabo un taller de calcas cerámicas con los "peques" del cole.
Cada alumno decoró su propia taza (las cuales se encuentran ahora mismo en el horno) y, tenemos que reconocer que, hicieron verdaderas maravillas!
Los pequeños lo pasaron en grande... y los mayores nos quedamos con las ganas de hacer nosotros una también!

martes, 16 de abril de 2013

PROXECTANDO EXPERIENCIAS

Xa hai unhas semanas que recibimos a visita dos compañeiros de Andorra (Teruel), pero entre unha cousa e outra, fomos deixando pasar a oportunidade de amosarvos a todos as experiencias compartidas con eles durante os catro días que visitaron Galicia.
O Proxecto Arce serviu a ambolos dous centros para que os rapaces coñeceran dous ambientes ben diferentes en canto a clima, paisaxe, comida,... elementos que non debiamos deixar pasar á hora de organizar as visitas: un pouco de río, un pouco de mar, un pouco de costa e outro pouco de interior.
Este Proxecto funcionou moi ben en canto ao traballo co medio ambiente, pero non podemos negar que o mellor destes dous anos, sen dúbida, foi a oportunidade de convivir cos nosos amigos e compañeiros do CPEE Gloria Fuertes.





Ya hace unas semanas que recibimos la visita de los compañeros de Andorra (Teruel), pero entre una cosa y otra, fuimos dejando pasar la oportunidad de enseñaros a todos las experiencias compartidas con ellos durante los cuatro días que visitaron Galicia.
El Proyecto Arce sirvió a los dos centros para que los chicos conocieran dos ambientes muy diferentes en cuanto a clima, paisaje, comida,... elementos que non debiamos dejar pasar a la hora de organizar las visitas: un poco de río, un poco de mar, un poco de costa e otro poco de interior.
Este Proyecto funcionó muy bien en cuanto al trabajo con el medio ambiente, pero no podemos negar que lo mejor destos dos años, sin duda, fue la oportunidad de convivir con nuestros amigos y compañeros del CPEE Gloria Fuertes.

lunes, 1 de octubre de 2012

O NOSO RÍO

Continuamos traballando moi activamente no noso Proxecto ARCE e, como o tempo aínda está da nosa parte, decidimos ir a coñecer o río da nosa localidade; o Río Con.
Pasamolo xenial!!!



Continuamos trabajando muy activamente en nuestro Proyecto ARCE y, como el tiempo aún está de nuestra parte, decidimos ir a conocer el río de nuestra localidad; el Río Con.
Lo pasamos genial!!!

lunes, 14 de mayo de 2012

A NOSA VISITA AO CPEE GLORIA FUERTES

Xa vos contamos hai unhas semanas que fomos de visita ao CPEE Gloria Fuertes de Andorra (Teruel). Alí fixemos moitas actividades e visitas e, por suposto, un montón de amigos.
Acolléronnos con moito agarimo e agardamos poder devovler esa atención na visita que nos farán o vindeiro curso.
A mañán do venres fixemos un mural no centro sobre o tema, para refrescar a memoria e contarlle aos compañeiros que non puideron ir como foi a experiencia. Rematamos a xornada vendo un vídeo sobre a viaxe. Grazas a el poderedes ver como vivimos nós eses días noutras terras. Desfrutádeo!!!
 

Ya os contamos hace algunas semanas que fuimos de visita al CPEE Gloria Fuertes de Andorra (Teruel). Allí hicimos muchas actividades y visitas y, por supuesto, un montón de amigos.
Nos acogieron con mucho cariño y esperamos poder devolver esa atención en la visita que nos harán el próximo curso.
La mañana del viernes hicimos un mural en el centro sobre el tema, para refrescar la memoria y contarle a los compañeros que no pudieron ir como fue la experiencia. Terminamos la jornada viendo un vídeo sobre el viaje.
Gracias a él podreis ver como vivimos nosotros eses días en otras tierras. Disfrutadlo!!!

miércoles, 25 de abril de 2012

LOS MOLINOS

Descubrindo as Grutas de Cristal en Los Molinos. Descubriendo las Grutas de Cristal en Los Molinos

martes, 24 de abril de 2012

ESTA SEMANA... EN TERUEL

Esta semana Sergio, Juan Manuel, David, Iván, Pili, Amal, Jose Iván, Kevin, Jose e Jose Manuel acompañados das mestras Ana B., Ana P., Alba, Irene e Rosa, van a compartir unha semana no CEE Gloria Fuertes, cos seus compañeiros de proxecto. Eiquí os tendes de camiño¡
Esta semana Sergio, Juan Manuel, David, Iván, Pili, Amal, Jose Iván, Kevin, Jose y Jose Manuel, acompañados de las maestras Ana B., Ana P., Alba, Irene y Rosa van a compartir una semana en el CEE Gloria Fuertes, con sus compañeros de proyecto. Aquí están de camino!

lunes, 19 de marzo de 2012

A NOSA MASCOTA

Durante unhas semanas o CEE Vilagarcía de Arousa vivimos a campaña electoral. A fin era decidir cal sería a mascota que representaría ao noso centro e ao CEE Gloria Fuertes, no Proxecto Arce.
Foron semanas moi duras, nas que a preparación das mascotas levou o seu traballo, para por fin rematar coas eleccións o pasado venres.
A mesa estivo composta pola Presidenta (Alba Paredes, coordinadora do proxecto) e un grupo de alumnos escollidos "ao chou" entre os alummnos do centro.
No seguinte video, podedes coñecer aos candidatos, ver como a xornada electoral transcurriu sen incidentes e tamén coñecer a nosa representante, que por certo, aínda non ten nome, así que admítense suxerencias.



Durante unas semanas el CEE Vilagarcía de Arosa vivimos la campaña electoral. El fin era decidir cual sería la mascota que representaría a nuestro centro y al CEE Gloria Fuertes, en el Proyecto Arce.
Fueron semanas muy duras, en las que la preparación de las mascotas llevó su trabajo, para por fin terminar con las elecciones el pasado viernes.
La mesa estuvo compuesta por la Presidenta (Alba Paredes, coordinadora del proyecto) y un grupo de alumnos escogidos al azar entre los alumnos del centro.
En el siguiente video, podéis conocer a los candidatos, ver como la jornada electoral transcurrió sin incidentes y también conocer a nuestra representante, que por cierto, todavía no tiene nombre, así que se admiten sugerencias.

jueves, 9 de febrero de 2012

Visita dos mestres do CEE Gloria Fuertes

Como xa vos comentamos, estamos inmersos nun proxecto educativo chamado "Proxecto Arce", no cal pariticipamos co CEE Gloria Fuertes de Andorra (Teruel).
Esta semana dous represetantes do centro; Peña e José María, viñeron ata Vilagarcía para coñecernos e poñer en común os puntos básicos deste proxecto tan apasionante e interesante.
Hoxe viñeron almozar a nosa cafetería, e con eles pasamos uns momentos divertidos e inesquecibles.
Moitas grazas pola visita... aprendemos moito de vós!!!
Vémonos pronto na vosa terra!!!




Como ya os comentamos, estamos inmersos en un proyecto educativo llamado "Proyecto Arce", en el cual participamos con el CEE Gloria Fuertes de Andorra (Teruel).
Esta semana dos representantes del centro; Peña y José María, vinieron hasta Vilagarcía para conocernos y poner en común los puntos básicos de este proyecto tan apasionante e interesante.
Hoy vinieron a desayunar a nuestra cafetería, y con ellos pasamos unos momentos divertidos e inolvidables.
Muchas gracias por esta visita... aprendimos mucho de vosotros!!!
Nos vemos pronto en vuestra tierra!!!

miércoles, 8 de febrero de 2012

SEPARAMOS O LIXO

A separación do lixo lévase a cabo no noso centro dende fai tempo. Os refugallos orgánicos xerados no comedor ían para o compostador, e os demais baleirábanse nos colectores do lixo urbanos.
Traballar este aspecto non é fácil tendo en conta as características do noso alumnado. Por iso levamos a cabo as seguintes iniciativas facilitadoras:
1.Sinalización dos puntos limpos no centro.
2.Elaboración de colectores de aula adaptados ás necesidades do alumnado (pictogramas, fotos ou obxectos reais).
3.Campaña de sensibilización, recoñecemento de refugallo e separación.
O punto dous será tarefa de cada titor que seleccionará que tipo de colector e de sinalización prefire, tendo en conta o seu alumnado. Así mesmo, a coordinadora do proxecto elaborará, a petición de cada titora, os pictos e fotos precisas para cada aula.
O punto tres desenvolverase do seguinte xeito:
Na entrada do centro situaranse tres murais a modo de colectores de plástico, refugallos orgánicos e papel. Cada alumno pegará no panel que corresponda os refugallos que prepararemos anteriormente. Para poder traballar a diferentes niveis, non só se poderan pegar obxectos reais, senón que, tamén, poderemos empregar fotos ou pictogramas. Todo o material utilizado gardarase nunha caixa á que poderemos recorrer tantas veces coma queiramos. Os obxectos, fotos e pictos pegaranse con velcro, que permite sacalos e poñelos e, así, traballar estes valores unha e outra vez ata que sexan adquiridos.
Aquí ensinámosvos as fotos dos nosos colectores por se vos animades tamén a xogar, e ao final da entrada poderedes descargar os pictos e as imaxes empregadas para o xogo. (Documentos para abrir co programa Boardmaker salvo MATERIAL XOGO, que é un documento de Word coas imaxes).



La separación de la basura se lleva a cabo en nuestro centro desde hace tiempo. Los residuos orgánicos generados en el comedor iban para la compostadora, y los demás se vaciaban en los contenedores urbanos.
Trabajar este aspecto non es fácil teniendo en cuenta las características de nuestro alumnado. Por eso llevamos a cabo las siguientes iniciativas facilitadoras:
1.Señalización de los puntos limpos en el centro.
2.Elaboración de contenedores de aula adaptados a las necesidades del alumnado (pictogramas, fotos o objetos reales).
3.Campaña de sensibilización, reconocimiento de residuos y separación.
El punto dos será tarea de cada tutor que seleccionará que tipo de contenedor y de señalización prefiere, teniendo en cuenta su alumnado. Así mismo, la coordinadora del proyecto elaborará, a petición de cada tutora, los pictos y fotos necesarias para cada aula.
El punto tres se desarrollará de la siguiente manera:
En la entrada del centro se sitúan tres murales a modo de contenedores de plástico, residuos orgánicos y papel. Cada alumno pegará en el panel que corresponda los residuos que prepararemos anteriormente. Para poder trabajar a diferentes niveles, no sólo se podrán pegar objetos reales, si no que, también, podremos utilizar fotos o pictogramas. Todo el material utilizado se guardará en una caja a la que podremos recurrir tantas veces como queramos. Los objetos, fotos y pictos se pegarán con velcro, que permite sacarlos y ponerlos y así, trabajar estes valores una y otra vez hasta que sean adquiridos.
Aquí os enseñamos las fotos de nuestros contenedores por si os animáis también a jugar, y al final de esta entrada podéis descargar los pictos y las imágenes uutilizadas para el juego (Documentos para abrir con el programa Boardmaker salvo MATERIAL XOGO, que es un documento de Word con las imágenes).


ORGÁNICO
PAPEL
PLÁSTICO 1
PLÁSTICO 2
ORGÁNICO FOTOS
PAPEL FOTO
PLÁSTICO FOTO
MATERIAL XOGO

martes, 24 de enero de 2012

O SEMILLEIRO

Para ter unha horta, o primeiro que hai que facer é un semilleiro. Comezamos prantando sementes de leitugas, chícharos, allos, cebolas e espinacas. Cada alumno prantou varias especies, que despois imos trasplantar. Como non quixemos xerar mais residuos do preciso e pretendemos levar a cabo accións encamiñadas á reutilización do lixo xerado no centro, neste semilleiro empregamos os vasos dos iogures que comen os rapaces no recreo e os vasos de plástico que empregamos para beber auga. Ademais, as garrafas do lavavaixelas fóronnos moi útiles tamén para facer bandexas. Ahí tendes algunhas fotos do noso traballo!




Para tener una huerta, lo primero que hay que hacer es un semillero. Empezamos plantando semillas de lechugas, guisantes, ajos, cebollas y espinacas. Cada alumno plantó varias especies, que después vamos a trasplantar. Como non quisimos generar mas residuos de lo preciso y pretendemos llevar a cabo acciones encaminadas a la reutilización de la basura generada en el centro, en este semillero utilizamos los vasos de los yogures que comen los chicos en el recreo y los vasos de plástico que usamos para beber agua. Ademas, las garrafas del lavavajillas nos fueron muy útiles también para hacer bandejas. ¡Ahí teneis algunas fotos do nuestro trabajo!