viernes, 17 de abril de 2020

PINTURA NO EXPERIMENTARTE

Despois de tanto tempo amosando actividades xa sabedes que, do obradoiro ExperimentArte, é casi imposible saír coa roupa limpa. Como xa nos queredes como somos e non imos cambiar a estas alturas da vida, a actividade que hoxe amosamos é fiel a nosa marca da casa e, unha vez máis, toca meter as mans na masa. A pintura é o “papel film” son os protagonistas neste enredo cos nosos nenos e nenas, onde quixemos que tivesen unha experiencia artística coa pintura plástica de sempre pero sobre soportes distintos aos que están afeitos. Un aro de psicomotricidade e o papel transparente fixeron unha especie de “ bastidor” no que crearon diferentes obras para, posteriormente, e por quendas, realizar unha segunda actividade na que a pintura tomou un papel máis visual e incluso corporal. Experimentamos, unha vez máis, non só coas pinturas senón tamén coas sensacións. Vémonos noutra!






Después de tanto tempo enseñando por aquí actividades ya sabéis que, del ExperimentArte, es casi imposible salir con la ropa limpIa. Como ya nos queréis como somos y no vamos a cambiar a estas alturas de nuestra vida, la actividad que hoy os mostramos es fiel a nuestra marca de la casa y, una vez más, toca meter las manos en la masa.La pintura y el “papel film” son los protagonistas en este enredo con  nuestros peques, en donde quisimos que tuviesen una experiencia artística con la pintura plástica de siempre pero sobre soportes distintos a los que están acostumbrados. Un aro de psicomotricidad y el papel transparente hicieron una especie de “bastidor” en el que crearon diferentes obras para, posteriormente, y por turnos, realizar una segunda actividad en la que la pintura tomó un papel más visual e incluso corporal. Experimentamos, una vez más, no sólo con las pinturas si no también con las sensaciones. ¡ Hasta pronto!

miércoles, 15 de abril de 2020

TEATRO E EXPOSICIÓN

No pasado mes de febreiro o alumnado da etapa de formación básica tuvo unha saída ben completiña a Pontevedra. Alí, tiveron a oportunidade de ver a obra “ O lobo e a lúa” na sede de A Fundación (cunha posta en escea que os deixou fascinados) e acudir á exposición “A vivir que son 100 anos” no Café moderno, onde puideron aprender moito sobre a importancia de levar unha vida saudable, a importancia da xenética e a conexión (e empatía) entre xeracións. Unha mañá moi entretida!





 El pasado mes de febrero el alumnado de la etapa de formación básica tuvo una salida a Pontevedra. Allí, tuvieron la oportunidad de ver la obra “ El lobo y la luna” en la sede de A Fundación ( con una puesta en escena que los dejó fascinados) y acudir a la exposición “A vivir que son 100 años” en el Café moderno, donde pudieron aprender mucho sobre la importancia de llevar una vida saludable, la importancia de la genética y la conexión (y empatía) entre generaciones . ¡Una mañana muy entretenida!

martes, 14 de abril de 2020

AS ESTACIÓNS

Xa sabedes que no CEE non hai tempo para o aburrimento e moito menos cando enredamos cos pequechos e pequechas do cole nos obradoiros. Neste caso, a actividade da que imos falar enmárcase dentro do ExpresArte. Quixemos que o alumnado “vivenciase” nunha mañá as catro estacións (primavera, verán, outono e inverno) e para iso, creamos, en catro espazos do cole, as condicións axeitadas para o mesmo. Inverno (comezamos con ela por ser na que nos atopabamos nese momento) con neve e xeo. Primavera co arco da vella e centos de flores. Verán con area de praia. Outono con follas, choiva e vento. Cada unha das estacións, con elementos e roupa axeitada á mesma para facilitar a comprensión e asimilación de conceptos. Non sabedes o agotador (e divertido) que é vivir un ano enteiro nunha soa mañá. O tempo pasa voando!




Ya sabéis que en el CEE no hay tiempo para el aburrimiento y mucho menos cuando enredamos con los más peques del cole en los talleres.En este caso, la actividad de la que vamos a hablar se enmarca dentro del ExpresArte. Quisimos que el alumnado “vivenciase” en una mañana las cuatro estaciones (primavera, verano, otoño e invierno) y para eso, creamos, en cuatro espacios del cole, las condiciones adecuadas para el mismo. Inverno (empezamos con ella por ser la estación en la que estabamos) con nieve y hielo. Primavera con arcoíris y cientos de flores. Verano con arena de playa. Otoño con hojas, lluvia y viento. Cada una de las estaciones, con elementos y ropa adecuada a la misma para facilitar la comprensión y asimilación de conceptos. No imagináis lo agotador (y divertido) que es vivir un año entero en una sola mañana. ¡El tiempo pasa volando!