Mostrando entradas con la etiqueta MAGOSTO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MAGOSTO. Mostrar todas las entradas

martes, 18 de enero de 2022

Resumo de actividades do 1º trimestre (I PARTE)

 

 O  MAGOSTO NO CEE


Neste curso de restricións, non quedamos sen celebrar unha das nosas conmemoracións favoritas: o magosto.


Aínda que a forma de vivir a festa e de gozar cos amigos/as, mudou considerablemente (non podemos negalo), as risas, os bailes o os sorrisos, seguen sendo os mesmos.


A continuación, deixamos uns vídeos que amosan que, sexan os tempos que sexan, no CEE somos de ver a vida dun xeito positivo SEMPRE.


PD: Graciñas moi especiais ao noso amigo Carlos Quintá, festeiro dos bos! ;)









miércoles, 20 de noviembre de 2019

O MAGOSTO

O día do noso Magosto chegou e, así como chegou, foise. O rápido que pasan os días de festa. Compartir cos amigos, os xogos en grupo, a música e, sobre todo, as ricas castañas. Asadas. No puntiño xusto. Douradiñas e envoltas en papel de periódico. Sinxelas, coma nós.
Un novembro máis, acollidos polos nosos amigos e amigas do Anexo, gozamos das risas, das trasnadas e sobre todo, da tradición.



El día de nuestro Magosto llegó y así como lo hizo, tocó marcharse. Hay que ver lo rápido que pasan los días de fiesta. Compartir con los amigos, los juegos en grupo, la música y, sobre todo, las ricas castañas. Asadas. En el punto justo. Doraditas y envueltas en papel de periódico. Sencillas, como nosotros.
Un noviembre más, acogidos por nuestros amigas y amigas del Anexo (¡gracias!☺) , disfrutamos de las risas, travesuras y sobre todo, de la tradición.

jueves, 22 de noviembre de 2018

MAGOSTO CO CEIP ANEXO-A LOMBA

Este ano fixemos un pequeno cambio  no noso tradicional magosto co CEIP Anexo - A Lomba, xa que foron eles os encargados da actividade. 
Cada curso (de primeiro a quinto)  organizou un xogo tradicional que ademais adaptaron ás distintas necesidades de cada posible participante. Todos estes xogos organizáronse nun circuito que foi supervisado polo alumnado de sexto e por algún dos nosos alumnos para que o resto do alumnado puidese gozar de cada xogo.
Nas diferentes estacións puidemos gozar dos seguintes xogos: o pano, a mariola, os bolos, o paracaídas, as sete e media, os zancos, o arrastra-castañas, pase misí, petanca e a pesca de botellas.

Despois chegou o momento de degustar as castañas e pasámolo moi ben todos xuntos!


Este año hicimos un pequeño cambio en nuestro tradicional magosto con el CEIP Anexo - A Lomba, ya  que fueron ellos los encargados de la actividad.
Cada curso (de primero a quinto) organizó un juego tradicional que además adaptaron a las distintas necesidades de cada posible participante. Todos estos juegos se organizaron en un circuito que fue supervisado por el alumnado de sexto y por alguno de nuestros alumnos para que el resto del alumnado pudiese disfrutar de cada juego.
En las diferentes estaciones pudimos disfrutar de los siguientes juegos; el paño, los bolos, el paracídas, las siete y media, los zancos, el arrastra-castañas, pase misí, petanca y la pesca de botellas.

Después llegó el momento de degustar las castañas y lo pasamos muy bien todos juntos!

miércoles, 21 de noviembre de 2018

MAGOSTO CO CEIP O PIÑEIRIÑO


O pasado venres, día 9 de novembro, despois da actividade de piscina, recén duchados para a cita, fomos celebrar o aniversario de Claudia no seu cole (o CEIP O Piñeiriño). Toda unha sorpresa para ela! Primeiro Magosto e castañas a fartar e, para quen tivera aínda un oquiño, nós por suposto que si, torta de sobremesa. 
E así, coa barriga chea, o alumnado do Piñeiriño dounos unha lección de inclusión e compañeirismo. TODOS XUNTOS tivemos a sorte de participar nunha rolda de xogos onde os rapaces foron os guías, os axudantes e os amigos. Pasámolo en grande! E foi GRACIAS  a vós.

Desexando volver! Desexando volver a compartir!



El pasado viernes, día 9 de noviembre, después de la actividad de piscina, recién duchados para la cita, fuimos a celebrar el cumpleaños de Claudia en su cole (el CEIP O Piñeiriño). Toda una sorpresa para ella! Primero Magosto y un montón de castañas y, para quien tuviese aún un huequito, nosotros por supuesto que si, tarta de sobremesa.
 Y así, con la barriga llena, el alumnado del Piñeiriño nos dió una lección de inclusión y compañerismo.
TODOS JUNTOS tuvimos la suerte de participar en una ronda de juegos donde los niños fueron los guías, los ayudantes y los amigos. Lo pasamos en grande! Y fue GRACIAS a vosotros.

Desando volver! Deseando volver a compartir!