lunes, 25 de mayo de 2020

ADEUS MERCADOS, ADEUS

Como xa sabedes, este curso seguimos participando na actividade Depoemprende e traballando a través da nosa cooperativa, Specialmans. Durante todos estes meses, o alumnado do centro participou activamente elaborando diversos produtos que poñer á venda nos diferentes mercados (Vigo e Vilagarcía). Por mor da situación actual, as tan esperadas citas non terán lugar e os produtos deberán agardar ao curso que vén para cambiar de domicilio. Non pensedes, sen embargo, que estamos tristes por iso, sabemos moi ben que o mellor desta actividade atópase nas boas risas botadas cos amigos no proceso e iso, non hai virus que o roube! Depoemprende non temas, o ano que vén, voltaremos! 



Como ya sabéis , este curso seguimos participando en la actividad Depoemprende y trabajando a través de nuestra cooperativa, Specialmans. Durante todos estos meses, el alumnado del centro ha participado activamente elaborando diversos productos para poner a la venta en los diferentes mercados (Vigo y Vilagarcía). Por culpa de la  situación actual, estas citas no se celebrarán y los productos deberán esperar al próximo curso para cambiar de domicilio. No penséis , sin embargo, que estamos tristes por eso, sabemos muy bien que lo mejor de la  actividad son las risas con los amigos en el proceso y eso... ¡no hay virus que nos lo quite! Depoemprende no sufras, ¡volveremos!

jueves, 21 de mayo de 2020

ELABORACIÓN DO PAPEL RECICLADO

Tendo en conta o enorme éxito desta actividade no taller, a mestra Sagrario aceptou compartir con toda a comunidade o seu segredo (usádeo con precaución) e, a continuación podedes ver os pasiños para facer na casa o voso propio papel reciclado. Veredes que doado é!





Considerando el enorme éxito de esta actividad en el taller, la profe Sagrario ha aceptado compartir con toda la comunidad educativa su secreto (usadlo con precaución) y, a continuación podéis ver los pasos para hacer en casa vuestro propio papel reciclado. ¡Veréis lo fácil  que es!

martes, 19 de mayo de 2020

CONCURSO DE MAIOS

Na entrada de hoxe tan só queremos amosar os maios tan bonitiños que realizaron nenas e nenos do cole para o concurso que argallamos fai uns días. O concurso, tan só foi excusa para realizar unha actividade en familia, para empregar elementos naturais e do entorno próximo e, todo hai que dicilo, para reivindicar tradicións galegas tan fermosas como a que aquí ensinamos. 
Estamos felices da resposta que tivemos por parte do alumnado, nais , pais, avós...sodes moi grandes! 

Sobre os maios, opinade vos mesmos... arte en estado puro!






En la entrada de hoy solamente queremos enseñar los “maios” tan bonitos que realizaron los niños y niñas del cole para el concurso que llevamos a cabo hace unos días. El concurso, fue una excusa para realizar una  actividad en familia, para usar elementos naturales y del entorno próximo y, todo hay que decirlo, para reivindicar tradiciones tan hermosas esta.
Estamos felices con la respuesta que tuvimos por parte del alumnado, madres, padres, abuelos... ¡ sois muy grandes! 

Sobre las creaciones, opinad vosotros mismos... ¡arte en estado puro!

miércoles, 13 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


Como ben sabedes, este ano o día das Letras Galegas (o vindeiro 17 de maio) está adicado ao escritor Ricardo Carvalho Calero. Aínda que, pola situación actual, non podemos traballar coa súa obra como nos gustaria, desde o equipo de normalización do centro argallamos a nosa particular homenaxe ao autor realizando unha visión “ moi nosa” dunha das súas historias máis entrañables, situada na súa nenez e denominada “ As pitas baixo a choiva”. Agardamos que vos guste. 


 

 Como bien sabéis, este año el día de las Letras Galegas (el próximo 17 de mayo) está dedicado al escritor Ricardo Carvalho Calero. Aunque por la situación actual, no podemos trabajar con su obra como nos gustaría, desde el equipo de normalización del centro creamos nuestro particular homenaje al autor realizando una visión “ muy nuestra” de una de sus historias más entrañables, situada en su niñez y denominada “ As pitas baixo a choiva”.¡Esperamos que os guste!

martes, 12 de mayo de 2020

FACEMOS MAIOS


Como ben sabedes estivemos estes días a voltas cun concurso de maios no que o alumnado do cole deixou saír toda a súa creatividade. Recibimos fotos de diferentes maios, todos diferentes, todos orixinais e, sobre todo, todos eles cheos de cores. Na entrada de hoxe, coa axuda de Claudia, alumna de formación básica, destacamos cales son os pasiños principais para que, o vindeiro ano, os vosos maios sexan os mellores do lugar. “Aí vén o maio de frores cuberto...”🎶






Como ya sabéis estuvimos hace unos días llevando a cabo  un concurso de “ maios”  en los que el alumnado del cole dejó salir toda la creatividad que lleva dentro. Recibimos fotos de muchos “maios”, todos diferentes, todos originales y, sobre todo, todos ellos llenos de color. En la entrada de hoy, con la ayuda de Claudia, alumna de formación básica, destacamos cuales son los pasos principales para que, el próximo año, vuestros “maios” sean los mejores del lugar. “Aí vén o maio de frores cuberto...”🎶

jueves, 7 de mayo de 2020

LIMITES CORPORAIS NO EXPRESARTE


Polo mes de novembro, no obradoiro ExpresArte realizamos, cos pequechos e pequechas do cole, unha actividade de coñecemento corporal, traballando diferentes movementos, desprazamentos, límites corporais... Podedes ver nas fotos que a actividade foi, ademais de moi completa, divertida e moi dinámica, contando con elementos e recursos que lles resultaron moi motivadores. Rematamos cunha sesión de relaxación na que, temos que confersarvos, seguiu habendo moitas risas, pero iso si, esta vez “ polo baixiño”. Deica outra! 










Por el mes de noviembre, en el ExpresArte realizamos, con los peques del cole, una actividad de conocimiento corporal trabajando diferentes movimientos, desplazamientos, límites corporales... Podéis ver en las fotos que la actividad fue, además de muy completa, divertida y muy dinámica, contando con elementos y recursos que les resultaron muy motivadores. Terminamos con una sesión de relajación en la que, os tenemos que confesar, seguían escuchándose risas, eso si, en voz “bajita”. ¡Hasta otra!

lunes, 4 de mayo de 2020

MARZO SEN FRONTEIRAS


A última actividade fóra do centro antes do # quedanacasa foi o Marzo sen fronteiras.A actividade, defensora da inclusión a través do deporte, mellora na súa organización cada ano e para nós é xa cita obrigada curso tras curso. Obradoiros, xogos, música, baile, comida e, sobre todo, moito deporte. Como sempre, un pracer.






La última actividad fuera del centro antes del #quedamosencasa fue el Marzo sin fronteras. La actividad, defensora de la inclusión a través del deporte, mejora su organización cada año y para nosotros es ya cita obligada curso tras curso. Talleres, juegos, música, baile, comida y sobre todo, mucho deporte. Como siempre, un placer.