jueves, 31 de mayo de 2018

MONTAMOS A NOSA CURTA!!!

Chegou o momento de ver o resultado da gravación, elexir as mellores escenas e montar a nosa curta.
Rímonos moito vendo as tomas falsas e véndonos a nós mesmos na pantalla, pero tamén nos demos conta do complicado que é montar unha película! Revisar todas as gravacións, prestar atención por si hai algún erro ou aparece en escena algo ou alguén que non debería, elexir os planos de cerca e de lonxe, axustar o son... tantas cousas!!
Nunca fixeramos unha "megaprodución" deste tipo e, aínda ques estamos moi contentos co resultado, temos que recoñecer que é moito o traballo que hai que facer. E iso que é unha curta... non queremos nin imaxinar unha lungametraxe!!
Xa queda menos para que vexades o resultado! 
Ide comprando os flocos de millo!!


Llegó el momento de ver el resultado de la grabación, elegir las mejores escenas y montar nuestro corto.
Nos reímos mucho viendo las tomas falsas y viéndonos a nosotros mismos en la pantalla, pero también nos dimos cuenta de lo complicado que es montar una película! Revisar todas las grabaciones, prestar atención por si hay algún error o aparece en escena algo o alguien que no debería, elegir los planos de cerca y de lejos, ajustar el sonido... tantas cosas!!
Nunca hiciéramos una "megaproducción" de este tipo y, aunque estamos muy contentos con el resultado, tenemos que reconocer que es mucho el trabajo que hay que hay que hacer. Y eso que es un corto... no queremos ni imaganinar un largometraje!!
Ya queda menos para que veáis el resultado! 
Id comprando las palomitas de maíz!!

miércoles, 30 de mayo de 2018

UNHA MALETA VIAXEIRA PARA NÓS

Os peregrinos moito levamos camiñado neste curso! 
Pero faltan tantas cousas por rematar e outras por facer que non podemos parar nin un minuto. Eso sí, se se trata de ler xunto aos compañeros, ben podemos facer un pequeno descanso. Pois dito e feito!
 Ao noso cole chegou unha das maletas viaxeiras (coma nós 😅) da biblioteca escolar da Consellería cheíña de libros sobre Santiago, o Camiño e o seu patrimonio. Faltounos tempo para abrila e destapar os seus segredos. 
Se queredes saber máis de como gozamos desta actividade, podedes premer na foto.
http://blogs.xunta.gal/educacionpatrimonial/ep/unha-maleta-viaxeira-para-nos/
 
Los peregrinos mucho llevamos caminado este curso!
Pero faltan tantas cosas por terminar y otras por hacer que no podemos parar ni un minuto. Eso sí, si se trata de leer junto a los compañeros, bien podemos hacer un pequeño descanso. Pues dicho y hecho! 
A nuestro cole llegó una de las maletas viajeras (como nosotros 😅) de la biblioteca escolar de la Consellería llena de libros sobre Santiago, el Camino y su patrimonio. No nos faltó tiempo para abrirla y destapar sus secretos.
Se queréis saber más de cómo disfrutamos de esta actividad, podéis pincha en la foto.

martes, 29 de mayo de 2018

LA PLATANERA

A semana pasada tivemos a sorte de contar coa visita de Andrea, de "La Platanera", no noso cole.
Andrea visitounos para levar a cabo un obradoiro de calcas cerámicas cos "peques" do cole.
Cada alumno decorou a súa propia taza (as cales agora mesmo se atopan no forno) e, temos que recoñecer que, fixeron verdadeiras marabillas!
 Os pequenos pasárono en grande... e os maiores quedamos coas ganas de facer unha nós tamén!


La semana pasada tuvimos la suerte de contar con la vista de Andrea, de "La Platanera", en nuestro cole.
Andrea nos visitó para llevar a cabo un taller de calcas cerámicas con los "peques" del cole.
Cada alumno decoró su propia taza (las cuales se encuentran ahora mismo en el horno) y, tenemos que reconocer que, hicieron verdaderas maravillas!
Los pequeños lo pasaron en grande... y los mayores nos quedamos con las ganas de hacer nosotros una también!

lunes, 28 de mayo de 2018

MERCADILLO EN VIGO

Como xa sabedes este ano estamos a facer unha gran cantidade de proxectos no cole e un deles foi a creación da nosa coopertaiva "SpecialMans", na cal elaboramos produtos nós mesmos e logo os vendemos para sacar algún beneficio. 
O bonito deste proxecto non é só vivir esta experiencia de crear unha "empresa" e ter que traballar en equipo, senón a colaboración de facemos coa "Fundación Amigos de Galicia".
Nós sempre fomos un centro solidario e deste vez non ía ser menos! Así que, entre todos, decidimos que parte do recaudado vaia destinado a esta ONG para comprar leite para as familias necesitadas da nosa vila.
O pasado mércores tivemos o noso primer mercadillo en Vigo organizado pola Deputación de Pontevedra (que é a que organiza este proxecto chamado DepoEmprende na escola). Alí recibimos o noso diploma da man de Abel Caballero, alcalde de Vigo, e Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, a cal nos fixo unha compra!
O certo é que foi toda unha experiencia e vivimos unha xornada diferente e moi divertida. 
Gustaríanos ter vendido todo pero... aínda nos queda o mercadillo de Vilagarcía!
Por certo... saímos na prensa!!

Como ya sabéis este año estamos haciendo una gran cantidad de proyectos en el cole y uno de ellos fue la creación de nuestra cooperativa "SpecialMans", en la cual elaboramos productos nosotros mismos y luego los vendemos para sacar algún beneficio.
Lo bonito de este proyecto no es solo vivir esta experiencia de crear una "empresa" y tener que trabajar en equipo, sino la colaboración que hacemos con la "Fundación Amigos de Galicia".
Nosotros siempre fuimos un centro solidario y esta vez no iba a ser menos! Así que, entre todos, decidimos que parte de lo recaudado vaya destinado a esta ONG para comprar leche para las familias necesitadas de nuestra tierra.
El pasado miércoles tuvimos nuestro primer mercadillo en Vigo organizado por la Diputación de Pontevedra (que es la que organiza este proyecto llamado DepoEmprende en la escuela). Allí recibimos nuestro diploma de la mano de Abel Caballero, alcalde de Vigo, y Carmela Silva, presidenta de la Diputación de Pontevedra, la cual nos hizo una compra!
Lo cierto es que fue toda unha experiencia y vivimos una jornada diferente y muy divertida.
Nos gustaría haber vendido todo pero... aún nos queda el mercadillo de Vilagarcía!
Por cierto... salimos en la prensa!!

viernes, 25 de mayo de 2018

XOGAMOS A SER KANDINSKY

Din que explorar a creatividade supón perder o medo ao descoñecido e deixar saír as emocións. 
No ExperimentArte, despois de tantos meses, diso saben un pouco e, como lles gustan moito os desafíos, decidiron adentrarse na arte abstracta da man de Kandinsky cun dos seus cadros máis coñecidos. 
Non pensedes que a actividade foi doada, eh? Estamos falando da obra dun xenio pero... temos que dicilo: foi moi divertida! 
 Imaxinade, cores e pinturas por todas partes e as mans e dedos coma pinceis, que máis se pode pedir?

      

Dicen que explorar la creatividad supone perder el miedo a lo desconocido y dejar salir las emociones. 
En ExperimentArte, después de tantos meses, de eso sabemos un poco y, como les gustan mucho los desafíos, decidieron adentrarse en el arte abstracto de la mano de Kandinsky con uno de sus cuadros más conocidos.
No penséis que la actividade fue fácil,eh? Estamos hablando de la obra de un genio pero... tenemos que decirlo: fue muy divertida!
Imaginad, colores y pinturas por todas partes y las manos y dedos como pinceles, qué más se puede pedir?

jueves, 24 de mayo de 2018

FESTAS DE SANTA RITA

En Vilagarcía de Arousa celebramos as festas na honra de Santa Rita e vós xa sabedes que nós somos moi festeiros así que puxemos as nosas mellores galas para ir dar unha volta pola vila e, como non, aos coches de choque!!
Todos os anos imos... e todos os anos o gozamos como si fora a primeira vez que subimos!
Unha vez máis agradecer infinitamente a "Autopistas Camarero" o amables que son con nós e o ben que nolo fan pasar. MOITAS GRAZAS!


En Vilagarcía de Arousa celebramos las fiestas en honor a Santa Rita y vosotros ya sabéis que nosotros somo muy de fiestas así que pusimos nuestras mejores galas para ir a dar un paseo por la ciudad y, como no, a los coches de choque!!
Todos los años vamos... y todos los años disfrutamos como si fuera la primera vez que subimos!
Una vez más agradecer a "Autopistas Camarero" lo amables que son con nosotros y lo bien que nos lo hacen pasar. MUCHAS GRACIAS!

miércoles, 23 de mayo de 2018

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O venres foi un día de festa no cole xa que celebramos o Día das Letras Galegas. 
Este ano a autora homenaxeada foi María Victoria Moreno e nós fixemos actividades relacionadas con ela. 
Una delas foi a elaboración dun "lap book". Cada clase elabourou o seu e foron todos expostos na entrada do cole onde levamos a cabo unha posta en común.
Despois, fóra do cole e aproveitando que facía un estupendo, resolvemos a "Sopa das Letras" na cal tiñamos que buscar determinadas palabras relacionadas con Mª Victoria Moreno. Unha vez atopadas todas as palabras descubrimos que, coas letras restantes, había unha mensaxe!
E, como non, en toda festa que se precie ten que haber boa música! 
Este ano podemos presumir de ter entre nós ao mellor e as mellores pandereteiras, xa que tanto alumnos, como mestras e persoal laboral, foron os encargados de poñer o seu toque na nosa festa.
Case nos esquecemos de contarvos que recibimos a visita no cole duns cabezudos moi especiais, que amenizaron a nosa festa cos seus bailes.
Foi un día moi divertido!


El viernes fue un día de fiesta en el cole ya que celebramos el Día das Letras Galegas.
Ese año la autora homenajeada fue María Victoria Moreno y nosotros hicimos actividades relacionadas con ella.
Una de ellas fue la elaboración de un "lap book". Cada clase elaboró el suyo y fueron expuestos en la entrada del cole donde llevamos a cabo una puesta en común.
Después, fuera del cole y aprovechando que hacía un día estupendo, resolvimos la "Sopa de las Letras" en la cual teníamos que buscar determinadas palabras relacionadas con Mª Victoria Moreno. Una vez encontradas todas las palabras descubrimos que, con las letras restantes, había un mensaje!
Y, como no, en toda fiesta que se precie tiene que haber buena música! 
Este año podemos presumir de tener entre nosotros al mejor y a las mejores pandereteiras, ya que tanto alumnos, como maestras y personal, laboral fueron los encargados de poner su toque en nuestra fiesta.
Casi nos olvidamos de contaros que recibimos la visita en el cole de unos cabezudos muy especiales, que amenizaron nuestra fiesta con sus bailes.
Fue un día muy divertido!

lunes, 21 de mayo de 2018

CAMPIONATO DE ATLETISMO

O mércores 16 de maio disputouse o XXIV Campionato Galego de Atletismo nas pistas de atletismo de Fontecarmoa en Vilagarcía de Arousa. Máis de dous centenares de atletas competiron nos diferentes concursos e carreiras no medio dun ambiente espectacular.
  Desta volta tocounos xogar na casa e parece que aos nosos e nosas deportistas os aires da ría lle sentan xenial porque non deixaron de colgarse medallas no pescozo durante toda a mañá. 
Éstas foron as acadadas:

OURO
Javier Manteca na proba de 60 m en categoría XOGO +15M cun tempo de 11”90
Elena Estévez  na proba de 60 m en categoría ADAPTADA -15F  cun tempo de 18”50
Xian Chan na proba de lanzamento de peso en categoría XOGO -15M cunha distancia de 5,96m.
Paula Ramallo na proba de lanzamento de peso en categoría ADAPTADA +15F  cunha distancia de 5,77m.
Raúl Moraña na proba de lanzamento de peso en categoría ADAPTADA -15M  cunha distancia de 6,42m.
Elena Estevez  na proba de salto de lonxitude en categoría ADAPTADA -15F  cun salto de 1,10m (bueno… con un pouco de axuda).

PRATA
Paula Ramallo na proba de 150 m en categoría ADAPTADA +15F  cun tempo de 30”60.

BRONCE
Carmen González na proba de 60 m en categoría ADAPTADA +15F  cun tempo de 13”70.
V. José Pereira na proba de 3.000 m en categoría COMPETICIÓN +15m cun tempo de 11’37”30.
Youssef Chefaoui na proba de 400 m en categoría COMPETICIÓN +15m cun tempo de 1’ 08” 80.
Álvaro Fernández na proba de lanzamento de peso en categoría ADAPTADA +15M  cunha distancia de 7,43m.
Youssef Chefaoui na proba de salto de lonxitude en categoría COMPETICIÓN +15m cun salto de 3,70m (Unha pena non axustar a batida un pouco mellor, un dos saltos nulos estivo preto dos 4,50m).

  Por suposto, aínda que os sinalamos para recoñecer o esforzo dos nosos/as deportistas, os resultados foron o de menos e a mellor medalla foi a de volver a gozar dunha xornada de deporte e convivencia.
 
 

El miércoles 16 de mayo se disputó el XXIV Campeonato Galego de Atletismo en las pistas de atletismo de Fontecarmoa en Vilagarcía de Arousa. Más de dos centenares de atletas compitieron en los diferentes concursos y carreras en el medio de un ambiente espectacular.
  Esta vez nos tocó jugar en casa y parece que a nuestros y nuestras deportistas los aires de la ría le sientan genial porque non dejaron de colgarse medallas en el cuello durante toda la mañana. 
Éstas fueron las conseguidas:

ORO
Javier Manteca en la prueba de 60 m en categoría JUEGO +15M con un tiempo de 11”90
Elena Estévez  en la prueba de 60 m en categoría ADAPTADA -15F  con un tiempo de 18”50
Xian Chan en la prueba de lanzamiento de peso en categoría JUEGO -15M con una distancia de 5,96m.
Paula Ramallo en la prueba de lanzamiento de peso en categoría ADAPTADA +15F  con una distancia de 5,77m.
Raúl Moraña en la prueba de  lanzamiento de peso en categoría ADAPTADA -15M  con una distancia de 6,42m.
Elena Estevez  en la prueba de salto de longitud en categoría ADAPTADA -15F  con un salto de 1,10m (bueno… con un poco de ayuda).

PRATA
Paula Ramallo en la prueba de 150 m en categoría ADAPTADA +15F  con un tiempo de 30”60.

BRONCE
Carmen Gonzálezen la prueba de 60 m en categoría ADAPTADA +15F  con un tiempo de 13”70.
V. José Pereira en la prueba de 3.000 m en categoría COMPETICIÓN +15m con un tiempo de 11’37”30.
Youssef Chefaoui en la prueba de 400 m en categoría COMPETICIÓN +15m con un tiempo de 1’ 08” 80.
Álvaro Fernández en la prueba de lanzamiento de peso en categoría ADAPTADA +15M con una distancia de 7,43m.
Youssef Chefaoui en la prueba de salto de longitud en categoría COMPETICIÓN +15m con un salto de 3,70m (Una pena no ajustar la batida un poco mejor, uno de los saltos nulos estuvo cerca de los 4,50m).

  Por supuesto, aunque los señalamos para recoñecer el esfuerzo de nuestros/as deportistas, los resultados fueron lo de menos y la mejor medalla fue la de volver a disfrutar de una jornada de deporte y convivencia.

miércoles, 16 de mayo de 2018

ILLA DE CORTEGADA

A semana pasada o equipo de Mirando polo Camiño realizamos unha saída moi especial. Fomos á Illa de Cortegada e alí  gozamos de auténtico patrimonio tanto cultural como natural.
Antes de ir tivemos que prepararnos e aprender no cole algunhas cousiñas que nos axudaran a entender o que alí  nos ía ensinar a arqueóloga, Sonia García, que nos acompañou como guía.  Unha actividade que realizamos en colaboración coas familias foi a elaboración dos planos das súa casas.

Se queredes saber máis cousiñas da nosa iñesquecible saída poderedes atopar mais información pinchado na imaxe.
http://blogs.xunta.gal/educacionpatrimonial/ep/cortegada-unha-visita-de-conto/

La semana pasada el equipo de Mirando polo Camiño realizamos una salida muy especial. Fuimos a la Isla de Cortegada y allí disfrutamos de un auténtico patrimonio tanto cultural como natural.
Antes de ir tuvimos que prepararnos y aprender en el cole algunas cositas que nos ayudaran a entender lo que allí nos iba a enseñar la arqueóloga, Sonia García, que nos acompañó como guía.
Una actividad que realizamos en colaboración con las familias fue la elaboración de los planos de sus casas.
Si queréis saber más cosas de nuestra inolvidable salida podéis encontrar más información pinchando en la imagen de grupo.

martes, 15 de mayo de 2018

AMIGOS DE GALICIA

O pasado venres recibimos a visita de Paula, que veu en representación de "Fundación Amigos de Galicia" para contarnos o traballo que desenvolven.
Esta visita forma parte do noso proxecto "SpecialMans" xa que unha parte do recaudado coa venda dos produtos elaborados na cooperativa, irá destinado a esta ONG.
Nós xa tiñamos colaborado con "Amigos de Galicia" na recollida de tapóns pero o outro día aprendimos un montón de cousas e, a parte de decidir por unanimidade ir un día a súa sede a traballar con eles, decidimos que o recaudado vaia destinado a comprar leite para as familias necesitadas da nosa vila.
Pronto teredes máis noticias sobre o noso proxecto e esta colabración!!!



El pasado viernes recibimos la visita de Paula, que vino en representación de "Fundación Amigos de Galicia" para contarnos el trabajo que desarrollan.
Esta visita forma parte de nuestro proyecto "SpecialMans" ya que parte de lo recaudado con la venta de los productos elaborados en la cooperativa, irá destinado a esta ONG.
Nosotros ya habíamos colaborado con "Amigos de Galicia" en la recogida de tapones pero el otro día aprendimos un montón de cosas y, a parte de decidir por unanimidad ir un día a su sede a trabajar con ellos, decidimos que lo recaudado vaya destinado a comprar leche para las familias necesitadas de nuestro pueblo.
Pronto tendréis más noticias sobre nuestro proyecto y esta colaboración!!

lunes, 14 de mayo de 2018

SOMOS PORTADA!!

A semana pasada arrasamos na prensa local!
Como? Que non nos credes? Non tedes máis que seguir lendo e premer nas imaxes para saber todo o que din de nós!

https://www.diariodearousa.com/articulo/vilagarcia/reportaje-rostros-conocidos-dan-vida-historia-amor-inclusion-social/20180510230856212107.htmlhttp://www.farodevigo.es/portada-arousa/2018/05/11/inclusion-social-primer-plano/1889494.html 


https://www.lavozdegalicia.es/album/arousa/vilagarcia-de-arousa/2018/05/10/silencio-rueda/01101525976358399490751.htm

 La semana pasada arrasamos en la prensa local!
¿Cómo? ¿Qué no os lo creéis? No tenéis más que seguir leyendo y clicar en las imágenes para saber todo lo que dicen de nosotros.

viernes, 11 de mayo de 2018

SILENCIO! RÓDASE!

Onte vivimos unha xornada inesquecible. Looooonga, pero moi interesante, divertida e...diferente!!
Chegou a hora desenvolver o proxecto do obradoiro audiovisual recibido da man do FicBueu. Así que, despois de crear o noso propio guión chegou o momento de gravar para levar á gran pantalla a nosa historia!!
Fixemos de todo... fomos actores, directores, cámaras, técnicos de son, maquilladores, bailaríns... non nos quedou papel polo que pasar!!!
Aprendimos moitas cousas e tivemos a oportunidade de coñecer e compartir este momento cunhas actrices e actores marabillosos;  Paula Morado, Sabela Hermida, David Seijo e David Amor.
Sen eles, e a súa colaboración desinteresada, isto non sería posible así que desde aquí queremos darlles, unha vez máis, as GRAZAS e mandarlles unha chea de bicos e apertas.
Queremos agradecer tamén ao Pub Musaraña e ó Café del Alma a súa colaboración abrindo os seus locais en exclusiva para nós, así como ás maquilladoras de Estudio 1917 que se animaron tamén a unirse a este proxecto. GRACIÑAS
Unha aperta moi grande a Andrés e a Eloy (cámara e son) que tiveron unha paciencia infinita con nós (e que tamén botaron unhas boas gargalladas a conta nosa!!).
Por último, e non por iso menos importante senón máis ben todo o contrario, queremos dar as GRAZAS tamén ao grupo de O Barco de Valdeorras "Son do Sil" por ser a banda sonora da nosa historia. Que sería dun musical sen música? E como dixo un alumno noso: música + amor = Son do Sil.
Quédanos dar as grazas ao FicBueu pero, como aínda nos teñen que explicar como montar a curta, ímonos facer de rogar e ímolo deixar para unha entrada dedicada só a eles, que ben a merecen!!




Ayer vivimos una jornada inolvidable. Laaaaaarga, pero muy interesante, divertida y... diferente!!
Llegó la hora de desarrollar nuestro proyecto del taller audiovisual recibido de la mano del FicBueu. Así que, después de crear nuestro propio guión llegó el momento de grabar para llevar a la gran pantalla nuestra historia!!
Hicimos de todo... fuimos actores, directores, cámaras, técnicos de sonido, maquilladores, bailarines... no nos quedó papel por el que pasar!!
Aprendimos muchas cosas y tuvimos la oportunidad de compartir este momento con unas actrices y actores maravillosos; Paula Morado, Sabela Hermida, David Seijo y David Amor.
Sin ellos, sin su colaboración desinteresada, esto no sería posible así que desde aquí queremos darles, una vez más, las GRACIAS, y enviarles un montón de besos y abrazos.
Queremos agradecer también al Pub Musaraña y al Café del Alma su colaboración abriendo sus locales en exclusiva para nosotros, así como a las maquilladoras de Estudio 1917 que se animaron también a participar en este proyecto. GRACIÑAS
Un abrazo muy grande a Andrés y a Eloy (cámara y sonido) que tuvieron una paciencia infinita con nosotros (y que también se echaron unas buenas carcajadas a cuenta nuestra!!)
Por último, y no por eso menos importante si no más bien todo lo contrario, queremos dar las GRACIAS  al grupo de O Barco de Valdeorras "Son do Sil" por ser la banda sonora de nuestra historia. Qué sería de un musical sin música? Y como dijo un alumno nuestro; música + amor = Son do Sil.
Nos queda dar las gracias al FicBueu pero, como aún nos tienen que explicar como montar el corto, nos vamos a hacer de rogar y lo vamos a dejar para una entrada dedicada a ellos, que bien la merecen!!


jueves, 10 de mayo de 2018

A NOSA HORTA

Coma podedes ver, neste cole facemos de todo! 
Aproveitando o proxecto  "Aliméntate ben”, no que tentamos incorporar hábitos de vida saudable no eido da alimentación, déusenos por prantar nunhas macetas grandes que tiñamos na entrada do centro e así poder coñecer como se cultivan algúns dos alimentos que comemos. 
Podemos dicir que estamos creando a nosa pequena “ hortiña” con leitugas, tomates, amorodos...produtos moi saborosos e naturais que irán “da terra á mesa”. 
Ademais, decidimos sumarlle tamén  herbas aromáticas ben lucidiñas, coma o perexil, a “albahaca”, o tomiño, o ourego, incenso e lavanda. Todo aquilo que nos pareceu interesante ( xa fose a nivel visual ou olfativo) para os nosos cativos. 
Aínda que este proxectiño foi posto en marcha polas aulas verde e vermella, reciben axuda do resto do alumnado e do persoal do centro, que se amosa moi motivado ca actividade e disposto a botar a man. 
A horta do CEE Vilagarcía veu para quedarse!




Como podéis ver, en este cole hacemos de todo!
Aprovechando el proyecto "Aliméntate ben", en el que tratamos de incorporar hábitos de vida saludable en el campo de la alimentación, se nos dió por plantar en unas macetas grandes que teníamos en la entrada del centro y así poder conocer cómo se cultivan algunos de los alimentos que comemos.
Podemos decir que estamos creando nuestra pequeña huerta con lechugas, tomates, fresas... productos muy sabrosos y naturales que irán "de la tierra a la mesa".
Además, decidimos sumarle hierbas aromáticas bien lucidas como el perejil, al albahaca, el tomillo, el orégano, incienso y lavanda. Todo aquello que nos pareció interesante (ya fuese a nivel visual u olfativo) para nuestros pequeños.
Aún que este pequeño proyecto fue puesto en marcha por las aulas verde y roja, reciben ayuda del resto del alumnado y del personal del centro, que se muestra muy motivado con la actividad y está dispuesto a echar una mano.
La huerta del CEE Vilagarcía vino para quedarse!

lunes, 7 de mayo de 2018

XORNADA DE BALONCESTO

Nesta segunda xornada da liga de Baloncesto os resultados para o noso equipo foron os seguintes:
ASDAN 8 - Vilagarcía 4
Vilagarcía 15 - Juan XXIII 12
Como sempre o deporte volveu a servir de escusa para vivir unha xornada de convivencia con compañeiros e compañeiras doutros clubs.
A terceira e derradeira xornada de liga xogarase xa durante o vindeiro curso escolar (no mes de outubro).
En esta segunda jornada de la liga de Baloncesto los resultados para nuestro equipo fueron los siguientes:
ASDAN 8 - Vilagarcía 4
Vilagarcía 15 - Juan XXIII 12
Como siempre el deporte volvió a servir de excusa para vivir una jornada de convivencia con compañeros y compañeras de otros clubs.
La tercera y última jornada de la liga se jugará durante el próximo curso escolar (en el mes de octubre).

viernes, 4 de mayo de 2018

TARXETAS MARMOLADAS E PAPEL DE AUGAS

O ExperimentArte segue avanzando a bo ritmo! 
Coma podedes comprobar nas imaxes, estes rapaces non deixan de facer cousas moi creativas en cada sesión. Nesta ocasión, tocoulles facer tarxetas marmoladas e papel de augas dun xeito doado e divertido. 
A combinación de espuma de afeitar (no caso das tarxetas marmoladas) ou da leite (no papel de augas) cos colorantes xa foi ben interesante para o noso alumnado e se, ademais, lle sumamos a esta mestura unhas gotiñas de  “lavavajillas”, para provocar o efecto de expansión das cores, o resultado, coma podedes imaxinar, é especialmente chamativo:  diseños ben orixinais e cheos de cor!  
Non nos digades que non están de museo! Menudos artistas!
 
 
El ExperimentArte sigue avanzando a buen ritmo!
Como podéis comprobar en las imágenes, estos chavales no dejan de hacer cosas muy creativas en casa sesión. En esta ocasión, les tocó hacer tarjetas marmoladas y papel de aguas de una manera muy fácil y divertida. 
La combinaión de espuma de afeitar (en el caso de las tarjetas marmoladas) o de la lechee (en el papel de aguas) con los colorantes fue muy interesante para nuestro alumnado y si, además, le sumamos a esta mezcla unas gotitas de "lavavajillas", para provocar el efecto expansión de los colores, el resultado, como podéis imaginar, es especialmente llamativo; diseños muy originales y llenos de color! 
No nos digáis que no están de museo! Menudos artistas!

jueves, 3 de mayo de 2018

PEPITA

Esta semana tivemos unha visita moi especial para Xian. 
A súa amiga, Pepita!!! 
E por suposto fixemos unha merenda rica rica. Pasámolo moi ben, coma podedes ver!!!
Quen virá o próximo día???


Esta semana tuvimos una visita muy especial para Xián.
Su amiga, Pepita!!!
Y por supuesto hicimos  una merienda rica rica. Lo pasamos muy bien, como podéis ver!!! 
Quién vendrá el próximo día???

miércoles, 2 de mayo de 2018

AO "RICO" BISCOITO

Como ben sabedes, os alumnos e alumnas das aulas verde e vermella son grandes cociñeiros.
 Fai unhas semanas, decidiron poñerse de novo os mandís e agasallar a todo o centro cun biscoito caseiro. 
A elaboración do mesmo foi moi entretida porque case todos eles sonche moi larpeiros pero, temos que confesar,o resultado non foi o esperado... por suposto, por causas alleas aos rapaces, a eles o talento sóbralles!


Como bien sabéis, los alumnos y alumnas de las aulas verde y roja son grandes cocineros.
Hace unas semanas, decidieron ponerse de nuevo los mandiles y agasajar a todo el centro con un bizcocho casero.
La elaboración del mismo fue muy entretenida porque casi todos ellos son muy golosos pero, tenemos que confesar, el resultado no fue el esperado... por supuesto, por causas ajenas a los chavales, a ellos el talento les sobra!