viernes, 29 de junio de 2018

FIN DE CURSO

E así, case sen percatarnos, chegamos ao final do curso...
Estivemos tan entretidos e fixemos tantas cousas (ben o sabedes os que seguides este blog) que chegou xuño así... sen máis!!
Como xa poderedes imaxinar despedimos o curso por todo o alto (non podía ser doutra maneira).
Comezamos cun obradoiro de colares para o verán (quedáronnos preciosos); Mar, a nosa cociñeira, sorprendeunos cunha preciosa merenda que ademais de deliciosa era saudable; celebramos a gala de graduación dos nosos compañeiros Jose, Javi, Bea e José Iván (moi emotiva); despois tivemos unha sesión de zumba e, o mellor de todo, festa da espuma!!! E todo isto acompañado de música da nosa querida "La Duendeneta".  
Foi ou non a mellor forma de rematar o curso?
Agora xa nos toca descansar e gozar do verán, e desexamos que vós fagades o mesmo porque... xa vos imos avisando... o próximo curso vai vir cargadiño de novidades!!
FELIZ VERÁN A TODOS!!


Y así, casi sin darnos cuenta, llegamos al final del curso...
Estuvimos tan entretenidos e hicimos tantas cosas (bien lo sabéis los que seguís este blog) que llegó junio así... sin más!!
Como ya os podréis imaginar despedimos el curso por todo lo alto (no podía ser de otra manera).
Comenzamos con un taller de collares para el verano (nos quedaron preciosos); Mar, nuestra cocinera, nos sorprendió con una preciosa merienda que además de deliciosa era saludable; celebramos la gala de graduación de nuestros compañeros Jose, Javi, Bea y José Iván (muy emotiva); después tuvimos una sesión de zumba y, lo mejor de todo, fiesta de la espuma!! Y todo esto acompañado de música de nuestra querida "La Duendeneta". 
Fue o no la mejor forma de terminar el curso?
Ahora ya nos toca descansar y disfrutar del verano, y deseamos que vosotros hagáis lo mismo porque, ya os vamos avisando... el próximo curso viene cargado de novedades!!
FELIZ VERANO A TODOS!!

miércoles, 27 de junio de 2018

LEITE PARA AMIGOS DE GALICIA

Como xa sabedes, a recadación dos mercadillos da nosa cooperativa "SpecialMans" foi doada á Fundación Amigos de Galicia e invertida en leite para repartir entre as familias necesitadas da nosa vila.
O última semana do curso fomos facer efectiva a nosa doazón e quedamos moi sorprendidos, e orgullososo, da cantidade de leite que puidemos comprar: 640 litros!!
Isto no podería ser posible sen vós, que nos seguides e viñéchedes ao mercadillos a comprar os nosos produtos, asi que, unha vez máis, moitas grazas por estar aí!!


Como ya sabéis, la recaudación de los mercadillos de nuestra cooperativa "SpecialMans" fue donada a la Fundación Amigos de Galicia e invertida en leche para repartir entre las familias necesitadas de nuestra ciudad.
La última semana de curso fuimos a hacer efectiva nuetra donación y quedamos muy sorprendidos, y orgullosos, de la cantidad de leche que pudimos comprar: 640 litros!!
Esto no podría ser posible sin vosotros, que nos seguís y vinisteis a los mercadillos a comprar nuestros productos, así que, una vez más, muchas gracias por esta ahí!!

martes, 26 de junio de 2018

A GRAN PIRÁMIDE

Remata o curso e tamén o noso Proxecta "Aliméntate Ben".
 Como traballo final fixemos entre todos unha gran pirámide para decorar o comedor do cole!!
Primeiro fomos recopilando diferentes alimentos, despois os clasificamos e colocamos no seu lugar da pirámide. Xa vedes que ben quedou!!
Mil grazas a todos e feliz verán!!
 
 
Termina el curso y también nuestro Proxecta "Aliméntate Ben". 
Como trabajo final hicimos entre todos una gran pirámide para decorar el comedor del cole!!
Primero fuimos recopilando diferentes alimentos, después los clasificamos y colocamos en su lugar de la pirámide. Ya véis que bien quedó!!
Mil gracias a todos y feliz verano!!

lunes, 25 de junio de 2018

UNHA CARREIRA DE SACOS


O luns 18, a nosa compañeira Mari Albor, apoiada por Mari Duro, realizarou un kamishibai no cole. Unha contada que non deixou indiferente a ninguén. 
O conto ía sobre unha carreira de sacos e claro, nós non fomos menos e tamén fixemos unha ou dúas ou… Pasámolo en grande!
Moitas gracias a todo o persoal por colaborar cós rapaces! Como  desfrutan cando participan cos adultos!


El lunes 18, nuestra compañera Mari Albor, apoyada por Mari Duro, realizó un kamishibai en el cole. Una sesión que no dejó indiferente a nadie. 
El cuento iba sobre una carrera de sacos y claro, nosotros no fuimos menos y también hicimos una o dos o... Lo pasamos en grande!
Muchas gracias a todo el personal por colaborar con los chavales! Cómo disfrutan cuando participan con los adultos!

viernes, 22 de junio de 2018

LENZOS HUMANOS

Na última sesión do curso, os do ExperimentArte quixeron pechar o proxecto pola porta grande e facer a súa actividade máis “tola”.
Que empregaron para iso? Pois moita vontade de pasalo ben, roupa de baño e unha muda, xa que, non vos imos a enganar, a situación prometía diversión, pero tamén “ zafarrancho”.
Coma estes pequechos nunca defraudan, a suma de roupa de baño, paredes en branco e unha morea de pintura deu coma resultado un bo anaco de risas, obras artísticas coma as do Thyssen e uns “lenzos humanos” que foron directiños á bañeira ao rematar. 
Ao final vai ser verdade iso que din: “non che hai coma a vida do artista”...

En la última sesión del curso, el del ExperimentArte quisieron cerrar el proyecto por la puerta grande y hacer su actividad más "loca".
¿Qué utilizaron para eso? Pues mucha voluntad de pasarlo bien, ropa de baño y una muda, ya que, no os vamos a engañar, la situación prometía diversión, pero también "zafarrancho".
Como estos pequeñajos nunca defraudan, la suma de ropa de baño, paredes en blanco y un montón de pintura dió como resultado un buen momento de risas, obras artísitcas como las del Thyssen y unos "lienzos humanos" que fueron derechitos a la bañera al terminar. 
Al final va a ser verdad eso que dicen: "no hay vida como la del artista"...

jueves, 21 de junio de 2018

DEGUSTACIÓN NO FIN DO CAMIÑO

O martes, como colofón final do noso proxecto “Mirando polo Camiño” o alumnado de todo o centro puido gozar dunha degustación do novo sabor de LARSA: iogur do peregrino, tarta do Camiño. Por unanimidade podemos afirmar que está BOÍSIMO!! Houbo ata quen quixo  repetir. 
Pero antes, o equipo deste grande proxecto compartiu con todos os compañeiros as súas  experiencias, as que viviron ao longo deste intenso curso, aquelas que unha tras outra nos fixeron gozar non só das aventuras do Camiño, se non tamén de aventuras entre compañeiros que, en equipo e apoiandonos uns en outros coma se bordóns fósemos, fomos atravesando e crecendo en equipo. 
De seguro que os nosos corazóns quedarán selados por moito tempo ao igualiño que as nosas  credenciais!!


El martes, como colofón final do nuestro proyecto "Mirando polo Camiño" el alumnado de todo el centro pudo disfrutar de una degustación del nuevo sabor de LARSA; yogur del peregrino, tarta del Camino. Por unanimidad podemos afirmar que está BUENÍSIMO!! Hubo hasta quien quiso repetir.
Pero antes, el equipo de este gran proyecto compartió con todos sus compañeros sus experiencias, las que vivieron a lo largo de este intenso curso, aquellas que una tras otra nos hicieron disfrutar no sólo de las aventuras de Camino, si no también de aventuras entre compañeros que, en equipo y apoyándonos unos en otros como si fuésemos bordones, fuimos atravesando y creciendo en equipo.
Seguro que nuestros corazones quedará sellados por mucho tiempo al igual que nuestras credenciales!!

miércoles, 20 de junio de 2018

PINTAR XOGANDO

As aulas verde e vermella non saben o que é o descanso! 
Co seu proxecto ExperimentArte, estiveron todo o curso dándolle á creatividade e á experimentación e, desta vez, decidiron relaxarse e xogar un pouco.
Dito isto, coma son bastante inquedos e moi produtivos, aproveitaron que “ xogaban” cunhas bolas e coas canicas (estas últimas das mestras, que as coitadas sonche doutra época...) para realizar outras das súas obras abstractas coas que levan todo o ano dándolle cor ao centro. 
Coller as bolas, mollalas en pintura e deslizalas sobre o papel... camiños de cores para non perder o rumbo!

 

 Las aulas verde y roja no saben lo que es el descanso!
Con su proyecto ExperimentArte, estuvieron todo el curso dándole a la creatividad y a la experimentación y, esta vez, decidieron relajarse y jugar un poco. 
Dicho esto, como son bastante inquietos y muy productivos, aprovecharon que "jugaban" con unas bolas y con las canicas (éstas últimas de las maestras, que son de otra época...) para realizar otra de sus obras abstractas con las que llevan todo el año dándole color al centro. 
Coger las bolas, mojarlas en pintura y deslizarlas sobre el papel... caminos de colores para no perder el rumbo!



martes, 19 de junio de 2018

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Cada día aprendemos máis dos alimentos que inxerimos na nosa dieta!!!
Desta volta contamos co obradoiro itinerante "O sabor da aventura está no mar" co que puidemos saber máis do peixe que comemos: como se captura, que nutrientes aporta, onde atopalo e, o más divertido de todo, a pescalo!!

 
Cada día aprendemos más sobre los alimentos que ingerimos en nuestra dieta!! 
Esta vez contamos con el taller itinerante "O sabor da aventura está no mar" con el que pudimos saber más del pescado que comemos: cómo se captura, que nutrientes aporta, dónde encontrarlo y, lo más divertido de todo, a pescarlo!!

lunes, 18 de junio de 2018

ANIMAIS CON PEGADAS

O alumnado do ExperimentArte discurriu, uns poucos días atrás, facer un mural con algúns dos seus animais favoritos. 
Non pensedes que se puxeron a debuxar ou pintar aqueles que máis lles gustaban, iso sería demasiado doado para eles e, seguramente, non tan divertido! 
Decidiron que, sendo fieis a súa idea de xuntar creatividade e experimentación, o mellor sería meter as mans e os pés (que cóxegas!) en barreños con pintura e, despois, coas súas pegadas, crear aqueles animais que considerasen.
O león, o gato, a bolboreta, o pavón ou o verme foron algúns dos elixidos... nós cremos que quedaron moi bonitiños, que pensades vós?
 
El alumnado de ExperimentArte discurrió, hace unos días, hacer un mural con algunos de sus animales favoritos.
No penséis que se pusieron a dibujar o pintar aquellos que más les gustaban, eso sería demasiado fácil para ellos y, seguramente, no tan divertido!
Decidieron que, siendo fieles a su idea de juntar creatividad y experimentación, lo mejor sería meter las manos y los pies (¡que cosquillas!) en barreños con pintura y, después, con sus huellas, crear aquellos animales que considerasen.
El león, el gato, la mariposa, el pavo real o el gusano fueron algunos de los elegidos... nosotros creemos que quedaron muy bonitos, ¿qué pensáis vosotros?

viernes, 15 de junio de 2018

MERCADILLO SOLIDARIO EN VILAGARCIA

O pasado mércores celebramos en Vilagarcía o noso mercadillo da cooperativa. 
A verdade é que foi todo un éxito xa que case non pasara unha hora e xa tiñamos todo vendido!!
O pobo vilagarcián demostrounos unha vez máis a súa solidariedade (e os turistas que xa imos tendo pola vila tamén).
Entre os dous mercadillos (o de Vigo máis o de aquí) recadamos 300,70€ os cales van ser entregados na súa totalidade á Fundación Amigos de Galicia, para que os invirtan en leite para as familas necesitadas da nosa vila. 
Unha vez máis fomos noticia. Non contabamos con que a nosa iniciativa tivese tanta repercusión, pero se serve para a xenta se anime a colaborar... benvida sexa!!
Por certo! O cartel para anunciar o noso mercadillo foi realizado polos alumnos da aula branca (aula 3) dentro do seu proxecto de publicidade!






El pasado  miércoles celebramos en Vilagarcía nuestro mercadillo de la cooperativa.
La verdad es que fue todo un éxito ya que casi no había pasado una hora y ya lo teníamos todo vendido!!
El pueblo villagarciano nos demostró una vez más su solidaridad (y los turistas que ya vamos teniendo por la ciudad también).
Entre los dos mercadillos (el de Vigo y el de aquí) recaudamos 300,70€ los cuales van a ser entregados en su totalidad a la Fundación Amigos de Galicia, para que los inviertan en leche para las familias necesitadas de nuestra ciudad.
Una vez más fuimos noticia. No contábamos con que nuestra iniciativa tuviese tanta repercusión. pero si sirve para que la gente se anime a colaborar... bienvenida sea!!
Por cierto! El cartel para anunciar nuestro merdadillo fue realizado por los alumnos del aula blanca (aula 3) dentro de su proyecto de publicidad!

jueves, 14 de junio de 2018

CLAUSURA DO CLUB DE LECTURA

Como sabedes, algúns alumnos dos cole estamos a participar nun club de lectura fácil. 
Cada xoves acudimos á biblioteca de Vilagarcía para ler xunto con outros compañeiros da Asociación "Con eles". Este curso gozamos coa lectura de dous libros: "Noite de voraces sombras" de Agustín Fernández Paz e "A volta ao mundo en 80 días" de Julio Verne. Dende a terra para o mundo!! Un pouquiño de todo para todos os gustos, non? Confesar que o éxito foi para Sara e a súa historia de amor, aínda que tamén quedamos moi contentos de que Fogg gañara a súa aposta. 
O pasado xoves clausuramos o curso vendo a película todos xuntos. Os nosos compañeiros invitáronnos a ver a película á súa  asociación e, como non podía ser menos, non faltaron os flocos de maíz.
Nós agasallámolos con  produtos da nosa cooperativa. 


Como sabéis, algunos alumnos del cole estamos participando en un club de lectura fácil.
Cada jueves acudimos a la biblioteca de Vilagarcía para leer junto con otros compañeros de la Asociación "Con Eles". Este curso disfrutamos de la lectura de dos libros: "Noche de voraces sombras" de Agustín Fernández Paz y "La vuelta al mundo en 80 días" de Julio Verne. Desde la tierra para el mundo!! Un poquito de todo para todos los gustos,no? Confesar que el éxito fue para Sara y su historia de amor, aunque también nos alegró que Fogg ganara su apuesta.
El pasado jueves clausuramos el curso viendo la película todos juntos. Nuestros compañeros nos invitaron a ver la película a su asociación y, como no podía ser menos, no faltaron las palomitas de maíz.
Nosotros les regalamos productos de nuestra cooperativa.

miércoles, 13 de junio de 2018

O TRABALLO NA HORTA

A nosa hortiña, coma podedes ver nas fotos, da moito traballiño: preparar a terra, prantar as sementes, regar a cotío... dedicación constante dende que, as aulas verde e vermella, decidiron recuperar este espazo e darlle o pulo que precisaba. Pero como a natureza éche ben agradecida, dende fai uns días todo o traballo comezou a dar os seus froitos: apareceron os primeiros amorodos e as leitugas lucían grandes e fermosas. Deste xeito, estas dúas aulas decidiron recoller estes elementos e voltar á cociña (pilláronlle bo gusto) a elaborar una pratos sinxelos pero sabrosos, con ambos ingredientes: uns “sándwiches” moi saudables e unha ensalada ben completa. Os outros compañeiros do cole (e tamén os adultos) tiveron a sorte de poder probar estes manxares... xurámosvos que non sobrou nadiña!



Nuestra huerta, como podéis ver en las fotos, da mucho trabajo: preparar la tierra, plantar las semillas, regar con frecuencia... dedicación constante desde que, las aulas verde y roja, decidieron recuperar este espacio y darle el impulso que necesitaba. Pero como la naturaleza es muy agradecida, desde hace unos días todo el trabajo comenzó a dar sus frutos: aparecieron las primeras fresas y las lechugas lucían grandes y hermosas. De esta manera, estas dos aulas decidieron recoger estos elementos y volver a la cocina (le pillaron el gusto) a elaborar unos platos sencillos pero sabrosos, con ambos ingredientes: unos "sándwiches" muy saludables y una ensalada bien completa. Los otros compañeros del cole (y también los adultos) tuvieron la suerte de poder probar estos manjares... os juramos que no sobró nadita!
 

martes, 12 de junio de 2018

PREMIOS!

Hoxe temos unha boa nova para darvos! Bueno, mais ben son dúas!
Como xa sabedes, este ano as aulas vermella e verde están a desenvolver un proxecto fermosísimo chamado "ExperimentArte". Dito proxecto nace co propósito de crear un espazo de tempo semanal no que o alumnado traballe con diferentes sensacións e en conexión coa arte, promovendo e potenciando unha estimulación multisensorial na que se favoreza a experimentación e a exploración de diferentes elementos, materiais e técnicas. O que se busca, básicamente, é un medio de comunicación non verbal e alternativo para aqueles que presentan dificultades na expresión de emocións, pensamentos e sentimentos.
 Pois o "ExperimentArte" recibiu a 1ª Mención Honorífica no VI Premio de Innovación Educativa convocado por “Escola Viva” en colaboración con FeSP-UGT Galicia.
Non podemos estar máis orgullosas das nosas compañeiras Ana e Paula, as coordinadoras do proxecto e titoras de ditas aulas, polo bo facer que teñen.
Os que levamos tempo traballando nisto sabemos que non é doado traballar cos máis peques do cole xa que teñen todos intereses e ritmos moi diferentes, por iso ten dobre mérito este merecidísimo recoñecemento. 
Parabéns compañeiras!!

 E, como xa vos contamos tamén, porque nós somos moi de contárvolo todo xa que queremos que saibades todo o que estamos a facer, temos un proxecto co CEIP Viñagrande-Deiro que se chama "Pegadas". Un proxecto que ten a finalidade de amosar o galego como unha lingua de actualidade atendendo, a súa vez, ás necesidades coas que se atopan as persoas con diversidade funcional á hora de acceder á información. 
Facendo un percorrido virtual en 360º pola Casa Museo de Valle Inclán os alumnos convértense en guía achegando a información de xeito oral e en lingua de signos.
Un proxecto interesante e diferente que ven de recibir un premio dentro dos Proxectos de Innovación Educativa en Dinamización Lingüística organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
Foi un verdadeiro pracer compartir ideas e ilusións co CEIP Viñagrande-Deiro. Agardamos que non sexa a última vez!



Hoy tenemos una buena noticia que daros! Bueno, mas bien son dos!
Como ya sabéis, este año las aulas roja y verde están llevando a cabo un proyecto precioso llamado "ExperimentArte". Dicho proyecto nace con el propósito de crear un espacio de tiempo semanal en el que el alumnado trabaje con diferentes sensaciones y en conexión con el arte, promoviendo y potenciando una estimulación multisensorial en la que se favorezca la experimentación y la exploración de diferentes elementos, materiales y técnicas. Lo que se busca, basicamente, es un medio de comunicación no verbal y alternativo para aquellos que presentan dificultades en la expresión de emociones, pensamientos y sentimientos.
Pues el "ExperimentArte" recibió la 1ª Mención Honorífica en el VI Premio de Innovación Educativa convocado por “Escola Viva” en colaboración con FeSP-UGT Galicia.
No podemos estar más orgullosas de nuestras compañeras Ana y Paula, las coordinadoras del proyecto y tutoras de dichas aulas, por el buen hacer que tienen.
Enhorabuena compañeras!!

Y, como ya os contamos también, porque nosotros somos de contároslo todo ya que queremos que sepáis todo lo que estamos haciendo, tenemos un proyecto con el CEIP Viñagrande-Deiro que se llama "Pegadas" ("Pisadas"). Un proyecto que tiene la finalidad de mostrar el gallego como una lengua de actualidad atendiendo, a su vez, a las necesidades con las que se encuentran las personas con diversidad funcional a la hora de acceder a la información.
Haciendo un recorrido virtual en 360º por la Casa Museo de Valle Inclán los alumnos se convierten en guía acercando la información de forma oral y en lengua de signos.
Un proyecto interesante y diferente que acaba de recibir un premio dentro de los Proyectos de Innovación Educativa en Dinamización Lingüística organizado por la Secretaría Xeral de Política Lingüística y  Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
Fue un verdadero placer compartir ideas e ilusiones con el CEIP Viñagrande-Deiro. Esperamos que no sea la última vez!
 

lunes, 11 de junio de 2018

XOGAMOS COA LUZ

Aquí están de volta (outra vez) os do ExperimentArte. Fieis seguidores de aquelas actividades estimuladoras e motivadoras, hoxe veñen cunha das súas últimas sesións.
Tocoulles xogar, por unha banda, coa luz negra e as pinturas fluorescentes.
Non vos imaxinades o que lles gustou a potenciación e os brillos das cores no papel e, especialmente, nas súas mans.
Ademais, xa postos, aproveitaron para traballar na mesa de luz cun experimento no que mesturaban “cubitos de pintura” (directamente do conxeador) e aceite... encantoulles!



Aquí están de vuelta (otra vez) los del ExperimentArte. Fieles seguidores de aquellas actividades estimuladoras y motivadoras, hoy vienen con una de sus últimas sesiones.
Les tocó jugar, por una banda, con la luz negra y las pinturas fluorescentes. 
No os imagináis lo que les gustó la potenciación y los brillos de los colores en el papel y, especialmente, en sus manos.
Además, ya puestos, aprovecharon para trabajar en la mesa de luz con un experimento en el que mezaclaban "cubitos de pintura" (directamente del congelador) y aceite... les encantó!

viernes, 8 de junio de 2018

2ª XORNADA LIGA FÚTBOL SALA

O pasado 30 de maio o noso equipo de Fútbol Sala disputou a segunda xornada de liga na localidade pontevedresa de Redondela.
O equipo volveu a facer dous moi bos partidos e conseguiu vencer aos combinados de San Rafael (4-3) e de Juan María (7-2). No seguinte vídeo podedes ver algúns dos goles dos nosos futbolistas nestes encontros.
Ademais compartimos bus, pizzas e xeados co Deportivo da Coruña que no traxecto de volta mesmo lle fixo unha oferta ao noso xogador máis destacado (Youssef). Ollo que no lo fichan!​
 
 
 
El pasado 30 de mayo nuestro equipo de Fútbol Sala disputó la segunda jornada de liga en la localidad pontevedresa de Redondela. 
El equipo volvió a hacer dos muy buenos partidos y consiguió vencer a los combinados de San Rafael (4-3) y de Juan María (7-2). En el siguiente vídeo podéis ver algunos de los goles de nuestros futbolistas en estos encuentros.
Además compartimos bus, pizzas y helados con el Deportivo de la Coruña que en el trayecto de vuelta mismo le hizo una oferta a nuestro jugador más destacado (Youssef). Ojo que nos lo fichan!

jueves, 7 de junio de 2018

VISITAMOS Á FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA

O pasado luns fomos ata a sede da Fundación Amigos de Galicia para coñecer de primeira man o seu traballo.
Aínda que o tempo no nos acompañou moito fomos cargadiños de tapóns para contribuir tamén deste xeito.
Nada máis chegar estábannos a esperar todos os medios de comunicación. Parecíamos estrelas do cine.
Paula explicounos todo o traballo que fan, vimos como preparaban as caixas de alimentos, a cantidade de produtos froito da doazón desinteresada de grandes empresas, pasamos un pouco de frío (pero encantounos) na neveira e despois puxémonos mans á obra. Iso si, primeiro déronnos un gran almorzo para coller enerxía para o noso traballo: clasificar tapóns.
O certo é que pensabamos que era unha tarefa moito máis doada e démonos conta de que, en xeral, non temos moi claro que produtos de plástico serven e cales non. Temos que darlle unha voltiña a esa idea é ver se nós podemos facer algo para facilitar as cousas.
Temos que recoñecer que chegamos ao cole bastante cansados, pero moi, moi contentos coa experiencia e a satisfacción de facer ben.
Como poderedes observar, iso de que a prensa estábanos a esperar non era broma!

 https://www.farodevigo.es/portada-arousa/2018/05/24/artesanias-alumnos-educacion-especial-ayudar-amigos-galicia/1897451.htmlhttps://www.lavozdegalicia.es/video/arousa/vilagarcia-de-arousa/2018/06/04/alumnos-colegio-educacion-especial-conocen-trabajo-amigos-galicia/0031_2018065793360819001.htmhttps://www.diariodearousa.com/articulo/vilagarcia/2018-06-05-00-30-41/20180604235848214251.html

El pasado lunes fuimos hasta la sede de la Fundación Amigos de Galicia para conocer de primera mano su trabajo.
Aunque el tiempo non nos acompañó mucho fuimos cargaditos de tapones para contribuir también de esta manera.
Nada más llegar nos estaban esperando todos los medios de comunicación. Parecíamos estrellas de cine.
Paula nos explicó todo el trabajo que hacen, vimos como preparaban las cajas de alimentos, la cantidad de productos fruto de la donación desinteresada de grandes empresas, pasamos un poco de frío (pero nos encantó) en la nevera y después nos pusimos manos a la obra. Eso si, primero nos dieron un gran desayuno para coger energía para nuestro trabajo; clasificar tapones.
Lo cierto es que pensábamos que era una tarea mucho más fácil y nos dimos cuenta de que, en general, no tenemos muy claro que produtos de plástico sirven y cuales no. Tenemos que darle una vuelta a esa idea y ver si nosotros podemos hacer algo para facilitar las cosas.
Tenemos que reconocer que llegamos al cole bastante cansados, pero muy, muy contentos con la experiencia y la satisfacción de hacer bien.
Como podréis observar, eso de que la prensa nos estaba esperando no era broma!

martes, 5 de junio de 2018

CHEGOU A PRIMAVERA

Parecía que isto non sucedería nunca pero, finalmente, a primavera chegou. 
Coma non podería ser de outra maneira, os do ExperimentArte puxéronse mans a obra e quixeron deixar a súa “ pegada artística” no cole sobre a temática. 
Primeiro realizaron unha árbore nas que as flores fixéronse “estampadas” empregando a parte inferior dunha botella “mollada” en pintura. 
Na seguinte actividade, crearon un mural “sensorial”, feito con diferentes elementos e texturas, nos que se representaba unha paisaxe primaveral. 
Con que nos sorprenderán na seguinte estación?



Parecía que esto no sucedería nunca pero, finalmente, la primavera llegó.
Como no podría ser de otra manera, los del ExperimentArte se pusieron manos a la obra y quisieron dejar su "huella artística" en el cole sobre la temática.
Primero realizaron un árbol en el que las  hojas se hicieron "estampadas" utilizando la parte inferior de una botella "mojada" en pintura. 
En la siguiente actividad, crearon un mural "sensorial", hecho con diferentes elementos y texturas, en los que se representaba un paisaje primaveral.
Con qué nos sorprenderán en la siguiente estación?

lunes, 4 de junio de 2018

NA PRAZA DE ABASTOS

A semana pasada visitamos a praza de abastos de Vilagarcía onde nos tiñan preparada unha visita guiada para coñecer todos os seus rincóns.
Tivemos a oportunidade de facer unha paradiña nos diferentes postos onde as vendedoras e vendedores nos explicaron, moi amablemente, os produtos que tiñan e nós fixemos moitas preguntas sobre eles (sobre todo na peixería xa que había moitos peixes e cada cal máis grande!).
Pasámolo moi ben, aprendimos moitas cousas e... ata volvemos cunha faba loba de agasallo!!

 



La semana pasada visitamos la plaza de abastos de Vilagarcía donde nos tenían preparada una visita guiada para conocer todos sus rincones.
Tuvimos la oportunidad de hacer paradas en los diferentes puestos donde las vendedoras y vendedores nos explicaron, muy amablemente, los productos que tenían y nosotros hicimos muchas preguntas (sobre todo en la pescadería ya que había muchos diferentes y cada cual más grande!).
Lo pasamos muy bien, aprendimos muchas cosas y... hasta volvimos con un haba loba de regalo!!

domingo, 3 de junio de 2018

ENTRE FOGÓNS

Entrar na cociña é doado, pero saír dela... non tanto!
As aulas verde e vermella voltaron aos fogóns con dúas elaboracións sans e saborosas.
A primeira delas, unha pizza feita con ingredientes naturais ao máis puro estilo italiano e, a segunda, unhas  “brochetas” de froitas acompañadas dun zume (de mandarinas e leite condensada) moi doce e fresquiño que, coma podedes ver, arrasou entre o alumnado do centro. 
Esperamos con moita gana as súas próximas receitas!



Entrar en la cocina es fácil, pero salir de ella... no tanto!
Las aulas verde y roja volvieron a los fogones con dos elaboraciones sanas y sabrosas.
La primera de ellas, una pizza hecha con ingredientes naturales al más puro estilo italiano y, la segunda, unas "brochetas" de frutas acompañadas de un zumo (de mandarinas con leche condensada) muy dulce y fresquito que, como podéis ver, arrasó entre el alumnado del centro.
Esperamos con muchas ganas sus próximas recetas!