martes, 12 de junio de 2018

PREMIOS!

Hoxe temos unha boa nova para darvos! Bueno, mais ben son dúas!
Como xa sabedes, este ano as aulas vermella e verde están a desenvolver un proxecto fermosísimo chamado "ExperimentArte". Dito proxecto nace co propósito de crear un espazo de tempo semanal no que o alumnado traballe con diferentes sensacións e en conexión coa arte, promovendo e potenciando unha estimulación multisensorial na que se favoreza a experimentación e a exploración de diferentes elementos, materiais e técnicas. O que se busca, básicamente, é un medio de comunicación non verbal e alternativo para aqueles que presentan dificultades na expresión de emocións, pensamentos e sentimentos.
 Pois o "ExperimentArte" recibiu a 1ª Mención Honorífica no VI Premio de Innovación Educativa convocado por “Escola Viva” en colaboración con FeSP-UGT Galicia.
Non podemos estar máis orgullosas das nosas compañeiras Ana e Paula, as coordinadoras do proxecto e titoras de ditas aulas, polo bo facer que teñen.
Os que levamos tempo traballando nisto sabemos que non é doado traballar cos máis peques do cole xa que teñen todos intereses e ritmos moi diferentes, por iso ten dobre mérito este merecidísimo recoñecemento. 
Parabéns compañeiras!!

 E, como xa vos contamos tamén, porque nós somos moi de contárvolo todo xa que queremos que saibades todo o que estamos a facer, temos un proxecto co CEIP Viñagrande-Deiro que se chama "Pegadas". Un proxecto que ten a finalidade de amosar o galego como unha lingua de actualidade atendendo, a súa vez, ás necesidades coas que se atopan as persoas con diversidade funcional á hora de acceder á información. 
Facendo un percorrido virtual en 360º pola Casa Museo de Valle Inclán os alumnos convértense en guía achegando a información de xeito oral e en lingua de signos.
Un proxecto interesante e diferente que ven de recibir un premio dentro dos Proxectos de Innovación Educativa en Dinamización Lingüística organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
Foi un verdadeiro pracer compartir ideas e ilusións co CEIP Viñagrande-Deiro. Agardamos que non sexa a última vez!



Hoy tenemos una buena noticia que daros! Bueno, mas bien son dos!
Como ya sabéis, este año las aulas roja y verde están llevando a cabo un proyecto precioso llamado "ExperimentArte". Dicho proyecto nace con el propósito de crear un espacio de tiempo semanal en el que el alumnado trabaje con diferentes sensaciones y en conexión con el arte, promoviendo y potenciando una estimulación multisensorial en la que se favorezca la experimentación y la exploración de diferentes elementos, materiales y técnicas. Lo que se busca, basicamente, es un medio de comunicación no verbal y alternativo para aquellos que presentan dificultades en la expresión de emociones, pensamientos y sentimientos.
Pues el "ExperimentArte" recibió la 1ª Mención Honorífica en el VI Premio de Innovación Educativa convocado por “Escola Viva” en colaboración con FeSP-UGT Galicia.
No podemos estar más orgullosas de nuestras compañeras Ana y Paula, las coordinadoras del proyecto y tutoras de dichas aulas, por el buen hacer que tienen.
Enhorabuena compañeras!!

Y, como ya os contamos también, porque nosotros somos de contároslo todo ya que queremos que sepáis todo lo que estamos haciendo, tenemos un proyecto con el CEIP Viñagrande-Deiro que se llama "Pegadas" ("Pisadas"). Un proyecto que tiene la finalidad de mostrar el gallego como una lengua de actualidad atendiendo, a su vez, a las necesidades con las que se encuentran las personas con diversidad funcional a la hora de acceder a la información.
Haciendo un recorrido virtual en 360º por la Casa Museo de Valle Inclán los alumnos se convierten en guía acercando la información de forma oral y en lengua de signos.
Un proyecto interesante y diferente que acaba de recibir un premio dentro de los Proyectos de Innovación Educativa en Dinamización Lingüística organizado por la Secretaría Xeral de Política Lingüística y  Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
Fue un verdadero placer compartir ideas e ilusiones con el CEIP Viñagrande-Deiro. Esperamos que no sea la última vez!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario