martes, 23 de abril de 2019

FACEMOS XABÓN

Cando un pensa que os do ExperimentArte teñen que estar xa esgotando ideas, veñen de novo a sorprendernos! 
Nesta ocasión, antoxáronse en facer xabón e, verdes como estaban no asunto, quixeron botar man de Margarita, coidadora do cole, e da que dín que é toda unha experta na materia. Coa súa axuda, realizaron xabóns en formato sólido (con formas moi mariñeiras como o noso PDI e Proxecta) e tamén en formato líquido, sendo este último repartido nuns boteciños que levarían a casa como agasallo as familias. 
A actividade cóntannos que foi ben divertida, os nenos e as nenas do obradoiro mesturaron os diferentes ingredientes e poideron “ xogar” coas esencias creando diferentes aromas... non imaxinades como arrecendía o apartamento!

 
Cuando uno piensa que los de ExperimentArte tienen que estar ya agotando ideas, vienen de nuevo a sorprendernos! 
En esta ocasión, se les antojó hacer jabón y, verdes como estaban en el asunto, quisieron echar mano de Margarita, cuidadora del cole, y de la que dicen que es toda unha experta en la materia. Con su ayuda, realizaron jabones en formato sólido (con formas muy marineras como nuestro PDI y Proxecta) y también en formato líquido, siendo este último repartido en unos botecitos que llevarían a casa como regalo a las familias.
Nos cuentan que la actividad fue muy divertida, los niños y las niñas del taller mezclaron los diferentes ingredientes y pudieron "jugar" con las esencias creando diferentes aromas... no os imagináis lo bien que olía el apartamento!

viernes, 12 de abril de 2019

EL PEZ ARCOIRIS


“El pez arcoiris” do ilustrador Marcus Pfister adaptado para a mesa de luz, agora si que brila, que llo pregunten aos rapaces do club de lectura. 
Trátase da historia dun peixe que non quixo compartir as súas escamas escintilantes. Pero o importante non é o que vemos, senón o que non. O importante son as palabras que non podemos ver, como  COMPARTIR.
A verdade é que quedou precioso!


"El pez arcoiris" del ilustrador Marcus Pfister adaptado para la  mesa de luz, ahora si que brilla, que se lo pregunten a los chicos del club de lectura.
 Se trata de una historia de un pez que no quiso compartir sus escamas escintilantes. Pero lo importante no es lo que vemos, sino lo que no. Lo importante son las palabras que no podemos ver, como COMPARTIR.
La verdad es que quedó precioso!

miércoles, 10 de abril de 2019

CHARLA SOBRE OS PERIGOS DE INTERNET

A semana pasada recibimos no centro unha visita que deixou aos nosos alumnos abraiados.
Dende o Corpo Nacional de Policía chegou o Inspector Suárez para ofrecernos unha charla sobre os perigos que podemos atopar na rede.
Esta actividade forma parte do Plan Director para a Convivencia e Mellora dos Centros Educativos e a súa contorna.
O certo é que todo o que contou foi moi interesante tanto para os rapaces como para os adultos. De feito, o Inspector Suárez, volverá para dar unha charla a profes, persoal do centro e as familias.
Un tema moi moi interesante e do que non estamos tan informados como deberiamos!


La semana pasada recibimos en el centro una visita que dejó más que sorprendidos a nuestros alumnos.
Desde el Cuerpo Nacional de Policía llegó el Inspector Suárez para ofrecernos una charla sobre los peligros que podemos encontrar en la red.
Esta actividad forma parte del Plan Director para la Convivencia y Mejora de los Centros Educativos y sus entornos.
Lo cierto es que todo lo que contó fue muy interesante tanto para los chicos como para los adultos. De hecho, el Inspector Suárez, volverá para dar unha charla a profes, personal del centro y a las familias.
Un tema muy muy interesante y del que no estamos tan informados como deberíamos!

lunes, 8 de abril de 2019

VIOLENCIA ZERO

A Deputación de Pontevedra vén desenvolvendo, fai xa catro anos, un programa chamado "Mulleres en acción: Violencia zero".
Este ano levouse a cabo na praza de Galicia de Vilagarcía, unha intervención artística da man de Luz Darriba, na cal se realizou unha composición cunhas cunchas de vieira con mensaxes contra da violencia machista. 
Coas cunchas que aportaban os alumnos dos diferentes centros da localidade construíuse unha cuncha de vieira xigante.
Ao rematar o acto, cada persoa podía coller unha cuncha que non fora súa e levala de recordo.


La Diputación de Pontevedra viene desarrollando, hace ya cuatro años, un programa llamado "Mulleres en acción: Violencia zero".
Este año se llevó a cabo en la plaza de Galicia una intervención artística de la mano de Luz Darriba, en la cual se realizó una composición con conchas de vieira con mensajes en contra de la violencia machista.
Con las conchas que aportaban los alumnos de los diferentes centros de la localidad se contruyó una concha de vieira gigante.
Al terminar el acto, cada persona podía coger unha concha que no fuera suya y llevarla de recuerdo.





viernes, 5 de abril de 2019

MARZO SEN FRONTEIRAS

A semana pasada tivemos unha das actividades que máis nos gustan; "Marzo sen fronteiras".
As alumnas e alumnos do segundo curso do TSAAFD do instituto de Carril veñen de realizar, desde hai uns aniños, esta actividade deportiva de integración.
No pavillón de Fexdega xuntámonos alumnos e usuarios de diferentes coles e asociacións para facer unha viaxe ao redor do mundo. Vitamos Europa, África, América, Asia... e realizamos todo tipo de xogos (ata bailamos capoeira!).
Gozamos, rimos e pasámolo en grande!
Pero a maior sorpresa veu ao final, cando apareceu o padriño do evento: Sergio, o porteiro do R.C. Celta de Vigo!!!
Foi moi riquiño con nós, firmounos autógrafos e sacamos moreas de fotos con el.
Unha sorpresa que abraioui a todos, sobre todo aos alumnos maiores do cole!

(** A maioría das imaxes do collage pertencen a "Fotografía Rañó", que fixo unhas fotos espectaculares do que alí pasou**). 


La semana pasada tuvimos una de las actividades que más nos gustan; "Marzo sen fronteiras".
Las alumnas y alumnos del segundo curso del TSAAFD del instituto de Carril vienen realizando, desde hace unos años, esta actividad deportiva de integración.
En el pavellón de Fexdega nos juntamos alumnos y usuarios de diferentes colegios y asociaciones para realizar un viaje alrededor del mundo. Visitamos Europa, África, América, Asia... y realizamos todo tipo de juegos (hasta bailamos capoeira!).
Pero la mayor sorpresa vino al final, cuando apareció el padrino del evento: Sergio, el portero del R.C. Celta de Vigo!!!
Fue muy simpático con nosotros, nos firmó autógrafos y sacamos un montón de fotos con él.
Unha sorpresa que dejó alucinados a todos, sobre todo a los alumnos mayores del cole!

(** La mayoría de las imágenes del collage pertenecen a "Fotografía Rañó", que hizo unas fotos espectaculares de lo que allí pasó**)

jueves, 4 de abril de 2019

O SABOR DA AVENTURA... ESTABA EN PORTONOVO!

Da man de "O sabor da aventura está no mar" fomos ata Portonovo a aprender un pouquiño máis deste mundo tan apaixoante como é o mundo do mar.
O primeiro que fixemos foi ir a lonxa. Alí pasámolo en grande facendo puxas cos nosos mandos como verdadeiros profesionais. A xente alucinaba do moito que estabamos dispostos a pagar pola raia, o sargo, os rapantes e máis a solla!!
Despois fomos ata o porto a ver os barcos dos mariñeiros e máis os aparellos de traballo que empregan, como as redes de cerco, de palangre, as nasas...
Tamén fomos ata o mercado a ver os postos de peixe. Non é por presumir,eh?, pero os peixeiros e peixeiras quedaron abraiados do moito que sabiamos sobre os peixes e mariscos que alí había.
E por último, e despois de tanto traballo, tivemos unha degustación de produtos do mar. Comemos empanada de raia (como non!, estando en Portonovo non podía ser doutro xeito) e sanjacobos de dourada. Non hai máis que ver as nosas caras para comprobar que estaba boísimo todo! Repetimos e repetimos... e, se nos deixan, repetiremos aventura!!
De la mano de "O sabor da aventura está no mar" fuimos hasta Portonovo a aprender un poquito más de este mundo tan apasionante como es el mundo del mar.
Lo primero que hicimos fue ir la lonja. Allí lo pasamos en grande haciendo pujas con nuestros mandos como verdaderos profesionales. La gente alucinaba de lo mucho que estábamos dispuestos a pgar por la raya, el sargo, los rapantes y la solla!!
Después fuimos hasta el puerto a ver los barcos de los marineros y los aparejos de trabajo que utilizan, como las redes de cerco, de palangre, las nasas...
También fuimos hasta el mercado a ver los puestos de pescado. No es por presumir,eh?, pero los pescaderos y pescaderas quedaron sorprendidos de lo mucho que sabíamos sobre los peces y mariscos que allí había.
Y por último, y después de tanto trabajo, tuvimos una degustación de productos de mar. Comimos empanada de raya (como no!, estando en Portonovo no podía ser de otra forma) y sanjacobos de dorada. No hay más que ver nuestras caras para comprobar que estaba buenísimo todo! Repetimos y repetimos...y, si nos dejan, repetiremos aventura!!

miércoles, 3 de abril de 2019

O SABOR DOS CARAMUXOS

O Proxecta que levamos a cabo neste curso chámase “ O sabor da aventura está no mar” e, como neste cole somos ben curiosos, pensamos: que sabor será ese? Salgado? Saboroso? Fresco?...
 Para comprobalo, decidimos realizar un arduo traballo de observación cun elemento da fauna mariña da nosa contorna, ou o que é o mesmo, encher o bandullo comendo caramuxos, iso si, despois de tocalos, ulilos, saborealos...
O traballo de motricidade fina que fixemos coa agulla pagou moito a pena... que bos estaban!



El Proxecta que llevamos a cabo este curso se llama "O sabor da aventura está no mar" y, como en este cole somos muy curiosos, pensamos: ¿que sabor será ese? ¿Salado? ¿Sabroso?¿Fresco?...
Para comprobarlo, decidimos realizar un arduo trabajo de observación con un elemento de la fauna marina de nuestro entorno, o lo que es lo mismo, llenar la barriga comiendo bígaros, eso si, después de tocarlos, olerlos, saborearlos...
El trabajo de motricidad fina que hicimos con la aguja valió mucho la pena... qué buenos estaban!

martes, 2 de abril de 2019

DÍA DA POESÍA

Como ben sabedes, o pasado 21 de marzo foi o día da poesía. 
Como neste cole temos poetas e trobadores ata debaixo das pedras, decidimos aproveitar o noso talento e organizar unha actividade na biblioteca. 
Escollimos dous libros de poesía que nos gustan moitísimo e que se relacionan directamente co noso PDI mariñeiro: Acuario e Acuario 2. 
Mentres os nenos e nenas máis maiores lían as súas estrofas, amosábamos algunhas das ilustracións  dos libros empregando o kamishibai.
 O resultado cremos que foi ben divertido: soaron versos fermosos e ollamos risas poetas.



Como bien sabéis, el pasado 21 de marzo fue el día de la poesía. 
Como en este cole tenemos poetas y trovadores hasta debajo de las piedras, decidimos aprovechar nuestro talento y organizar una actividade en la biblioteca.
Escogimos dos libros de poesía que nos gustan muchísimo y que se relacionan directamente con nuestro PDI marinero: Acuario y Acuario 2. 
Mientras los niños y niñas más mayores leían sus estrofas, nos enseñaban algunas de las ilustraciones de los libros empleando el kamishibai. 
El resultado creemos que fue bien divertido: sonaron versos hermosos y ojeamos risas poetas.