viernes, 23 de marzo de 2018

MARZO SEN FRONTEIRAS

Un ano máis acudimos a nosa cita cos alumnos do IES do Carril a súa actividade "Marzo sen fronteiras".
Foi tal a cantidade de cousas que fixemos que non nos chegaría unha entrada para contárvolas todas!!
  Nas fotos podedes ver que as actividades que nos prepararon foron moitas e moi variadas e ademais, este ano, tivemos música en directo da man de Dani Barreiro&Friends. Foi unha mañá do máis entretida!!
Queremos dar, unha vez máis, as nosas felicitacións ao IES do Carril pola súa "Mención Especial nos Premios Europeos á Innovación na Formación Profesional 2017". 
Parabéns... e grazas!!!

Un año más acudimos a nuestra cita con los alumnos del IES do Carril y su actividad "Marzo sen fronteiras".
Fue tal la cantidad de cosas que hicimos que no nos llegaría una entrada para contároslas todas!! 
En las fotos podéis ver que las actividades que nos prepararon fueron muchas y muy variadas y además, este año, tuvimos música en directo de la mano de Dani Barreiro&Friends. Fue una mañana de lo más entretenida!!
Queremos dar, una vez más, nuestra felicitación al IES do Carril por su "Mención Especial en los Premios Europeos a la Innovación en Formación Profesional 2017".
Enhorabuena... y gracias!!!

jueves, 22 de marzo de 2018

DÍA DA NARRACIÓN ORAL... CO KAMISHIBAI!


Aproveitando que o #20M foi o día da Narración Oral fixemos a presentación do Kamishibai no cole.
 Despois dunha breve explicación do que era a narración oral e do que era o kamishibai contamos a historia de Dassou e outros animais da sabana… A verdade é que “Por que hai tantas pedras no fondo dos ríos?” non nos defraudou. E puidemos comprobar que realmente este teatrillo xaponés ten algo de maxia, o silencio foi atronador.
 Ben seguro que repetimos! 



Aprovechando que el #20M fue el día de la Narración Oral hicimos la presentación del Kamishibai en el cole. 
Después de una breve explicación de lo que era la narración oral y de lo que era el kamishibai contamos la histoira de Dassou y otros animales de la sabana... La verdad es que "¿Por qué hay tantas piedras en el fondo de los ríos?" no nos defraudó. Y pudimos comprobar que realmente este teatrillo japonés tiene algo de magia, el silencio fue atronador.
Bien seguro que repetimos!



miércoles, 21 de marzo de 2018

ESCOLA GALEGA DE CONSUMO


Onte, martes 20 de marzo,  visitounos o persoal da Escola Galega de Consumo co cal estivemos a traballar en dous obradoiros o relacionado cos hábitos de alimentación e consumo responsable 
 dentro do proxecto  Aliméntate Ben que está a desenvolverse no centro. 
Eso sí, fixémolo de xeito divertido, con cancións, xogos para os máis peques e facendo unha lista da compra saudable e establecendo correspondencias entre alimentos e a pirámide alimentaria para os maiores.
A verdade é que nos suobo a pouco e pasouse o tempo enseguida !!!


Ayer, martes 20 de marzo. nos visitó el personal de la Escola Galega de Consumo con el cual estuvimos trabajando en dos talleres lo relacionado con los hábitos de alimentación y consumo responsable dentro del proyecto Aliméntate Ben que se está llevando a cabo en el centro.
Eso si, lo hicimos de manera divertida, con canciones, juegos para los más peques y haciendo una lista de la compra saludable y estableciendo correspondencias entre alimentos y la pirámide alimentaria para los mayores.
La verdad es que nos supo a poco y pasó el tiempo enseguida!!!

martes, 20 de marzo de 2018

PAN PIZZA SAUDABLE

Desactivar para: inglés
Esta semana fixemos unha receita sana, sinxela e moi saudable....
O pan pizza!! Con salsa de tomate natural, xamón, aceitunas verdes... podedes botarlle o que vos guste. O noso estaba moi  rico.
Mirade que resultado!!!
Esta semana hicimos una receta sana, sencilla y muy saludable....
El pan pizza!! Con salsa de tomate natural, jamón, aceitunas verdes... podéis echarle lo que os guste. El nuestro estaba muy rico.
Mirad el resultado!!!

lunes, 19 de marzo de 2018

PROXECTO CO CEIP VIÑAGRANDE

Este curso estamos a realizar un proxecto co CEIP Viñagrande - Deiro. 
O CEIP Viñagrande é un dos centros ordinarios máis innovadores que hai en Galicia, e nós estamos aí, intentando darlle unha volta ao concepto de centro específico, así que... a ver que sae desta colaboración!!!
 Algo bo, segurísimo!!!
Aquí vos deixamos unha pista...
Este curso estamos realizando un proyecto con el CEP Viñagrande -  Deiro.
El CEIP Viñagrande es uno de los centros ordinarios más innovadores que hay en Galicia, y nosotros estamos ahí, intentando darle una vuelta al concepto de centro específico, así que... a ver que sale de esta colaboración!!!
Algo bueno, segurísimo!!!
Aquí os dejamos una pista...

viernes, 16 de marzo de 2018

VAI DE FROITA

Esta semana, as aulas 1 e 7, seguimos a traballar a alimentación saudable.
Primeiro repasamos na aula a pirámide de alimentos e despois, no apartamento, centrámonos nas froitas con este deleitoso batido e a brocheta!!! 
Rico rico e cheo de vitaminas!!
Esta semana, las aulas 1 y 7, seguimos trabajando la alimentación saludable.
Primero repasamos en el aula la tabla de los alimentos y después, en el apartamento, nos centramos en las frutas con este delicioso batido y la brocheta!!!
Rico rico y lleno de vitaminas!!

jueves, 15 de marzo de 2018

LIGA DE BALONCESTO

O mércores 7 de marzo disputamos no Porriño a primeira xornada de liga de baloncesto organizada por FGDA.
 O noso equipo xogou dous partidos nesta primeira xornada cos seguintes resultados:
Juan XXIII 12 - Vilagarcía 14 
Vilagarcía 20 - San Rafael 20
Como sempre, o motivo deportivo foi a escusa perfecta para unha magnífica xornada de convivencia con membros doutros colexios, asociacións e clubes.

El miércoles 7 de marzo disputamos en Porriño la primera jornada de liga de baloncesto organizada por FGDA. 
Nuestro equipo jugó dos partidos en esta primera jornada con los siguientes resultados; 
Juan XXIII 12 - Vilagarcía 14 
Vilagarcía 20 - San Rafael 20
Como siempre, el motivo deportivo fue la escusa perfecta para unha magnífica jornada de convivencia con miembros de otros colegios, asociaciones y clubes.

miércoles, 14 de marzo de 2018

"AULA AVANZA" DA ONCE

O pasado martes, os profes do cole desprazáronse ata Pontevedra para coñecer a "Aula Avanza" da ONCE.
Alí, da man da Coordinadora do Servizo de Desenvolvemento e Adaptación no Ámbito Educativo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación do CRE, aprenderon un pouquiño máis sobre accesibilidade no medio físico e tecnolóxico.

El pasado martes, los profes del cole se desplazaron hasta Pontevedra para conocer el "Aula Avanza" de la ONCE.
Allí, de la mano de la Coordinadora del Servicio de Desarrollo y Adaptación en el Ámbito Educativo de las Tecnologías de la Información y la Comunicación del CRE, aprendieron un poquito más sobre accesibilidad en el medio físico y tecnológico.

martes, 13 de marzo de 2018

NEVE...CON ARTE!!

Coa chegada do inverno, o alumnado do ExperimentArte non freou o seu ritmo de traballo. Puxéronse "mans a obra" para facer un mural que representase a estación, pero quixeron facelo cun  "punto diferente" e rir moito na elaboración do mesmo. 
 Primeiramente fixeron o fondo con pegadas realizadas cun plástico de burbullas, os nenos e nenas metían os pés nun barreño cheo de pintura azul e despois camiñaban sobre o papel... a sensación era incríble! 
A continuación crearon neve artificial mesturando cola e espuma de afeitar, neve que extenderon nunhas cartolinas de cores coa que fixeron un boneco de neve. Finalmente, puxeron o mural no corredor do centro, engadindo diferentes elementos relacionados co inverno. 
 

Con la llegada del invierno, el alumando de ExperimentArte no frenó en su ritmo de trabajo.
Se pusieron "manos a la obra" para hacer un mural que representase cada estación, pero quisieron hacerlo con un "punto diferente" e reir mucho en la elaboración del mismo.
Primero hicieron el fondo con huellas realizadas con un plástico de brubujas, los niños y niñas metían los pies en un barreño lleno de pintura azul y después caminaban sobre el papel... la sensación era increíble!
A continuación crearon nieve artificial mezclando cola y espuma de afeitar, nieve que extendieron en unas cartulinas de colores con la que hicieron un muñeco de nieve. Finalmente, pusieron el mural en el pasillo del centro, añadiendo diferentes elementos relacionados con el invierno.

lunes, 12 de marzo de 2018

SEMANA DA PRENSA... NA PRENSA!


  Dende hai anos o centro participa activamente no programa "prensa-escuela" do xornal La voz deGalicia. Incluso foi premiado no ano 2016 co 3º premio ao mellor blog. 
Estes días, puxémonos un pouquiño máis e celebramos a Semana da prensa.
Os traballos representan toda a diversidade do cole: afianzamento de vocabulario con pictogramas, entrevistas, traballos de motricidade fina… 
E para rematar a semana, unha das nosas profes, a profe Miram, saiu na prensa!!!
Nun artigo recoñecemento ao seu traballo, xa que quedou finalista da beca Fundación María José Jove.
Noraboa Miriam!

Desde hace años el centro participa activamente en el programa "prensa-escuela" del periódico La voz de Galicia. Incluso fue premiado en el año 2016 con el 3º premio al mejor blog.
Estos días, nos pusimos un poquito más y celebramos  la Semana de la prensa.
Los trabajos representan la diversidad del cole: afianzamiento del vocabulario con pictogramas, entrevistas, trabajos de motricidad fina...
Y para terminar la semana, una de nuestras profes, la profe Miriam, salió en la prensa! 
En un artículo reconocimiento a su trabajo, ya que quedó finalista de la beca Fundación María José Jove.
Enhorabuena Miriam!





viernes, 9 de marzo de 2018

DÍA DA MULLER

        Onte foi xoves, xoves 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
    No cole estivemos toda a semana traballando sobre ela, sobre nós, sobre as mulleres. E, sobre todo, sobre esas pioneiras que foron e van abrindo ese maldito teito de cristal. 
Co libro "Pioneiras" de Anaír Rodríguez e ilustracións de Nuria Díaz, descubrimos a Irene González, a primeira futbolista nun equipo masculino, e Celia Rivas, a primeira condutora de camións.
 Dúas das moitas galegas que foron abrindo camiño.
Tamén, na biblioteca, fixemos unha pequena actividade explicando que significaba este Día e por que se facía unha folga. Ademais, limos tres poemas moi representativos de Carlos Negro, do seu libro "Masculino Singular".
 Por último, puxémonos unhas pulseiras violetas, porque nós tamén apoiamos ás pioneiras, as que luchan, as persoas que defenden a igualdade.

Ayer fue jueves, jueves 8 de marzo, Día Internacional de la Mujer.
En cole estuvimos toda la semana trabajando sonre ella, sobre nosotros, sobre las muejres. Y, sobre todo, sobre esas pioneras que fueron abriendo ese maldito techo de cristal.  
Con el libro "Pioneiras" de Anaír Rodríguez e ilustraciones de Nuría Díaz, descubrimos a Irene González, la primera futbolista en un equipo masculino, y Celia Rivas, la primera conductora de camiones.
 Dos de las muchas gallegas que fueron abriendo camino. 
También, en la biblioteca, hicimos una pequeña actividad explicando que significaba este Día y por qué se hacía una huelga. Además, leímos tres poemas muy representativos de Carlos Negro, de su libro "Masculino Singular".

Por último, nos pusimos unas pulseras violetas, porque nosotras también apoyamos a las pioneras, a las que luchan, a las personas que defienden la igualdad.


lunes, 5 de marzo de 2018

COCIÑA SAUDABLE

As aulas 1 e 7 aproveitaron a sesión no apartamento para seguir apoiando a alimentación saudable!!
Mirade que boa pinta ten esta empanada que fixeron de xamón e queixo!!!
Despois a compartiron con todo o colexio, un mini cachiño....pero qué boa estaba!!!
Las aulas 1 y 7 aprovecharon la sesión en el apartamento para seguir apoyando la alimentación saludable!!!
Mirad qué buena pinta tiene esta empanada que hicieron de jamón y queso!!!
Después la compartieron con todo el colegio, un mini trocito... pero qué buena estaba!!!

viernes, 2 de marzo de 2018

ALIMÉNTATE BEN

Dende o noso centro estamos a participar no Plan Proxecta "Aliméntate ben". 
Todos os nosos alumnos, profes e familias, están moi implicados nos hábitos de vida saudables.
Algunhas das actividades que estamos levando a cabo son, como podedes ver, o menú diario do comedor, un calendario de merendas saudables no que participan activamente as familias, unha caixa temática que traballamos por aulas, receitas para realizar no apartamento e, por suposto, a elaboración dunha pirámide alimentaria como producto final que adornará o noso comedor.
Xa veredes que ben nos queda!!!
 Desde nuestro centro estamos participando en el Plan Proxecta "Aliméntate ben".
Todos nuestros alumnos, profes y familias, están muy implicados en los hábitos de vida saludables. Algunas de las actividades que estamos llevando a cabo son, como podéis ver, el menú diario del comedor, un calendario de meriendas saludables en el que participan activamente las familias, una caja temática que trabajamos por aulas, recetas para realizar en el apartamento y, por supuesto, la elaboración de una pirámide alimentaria como producto final que adornará nuestro comedor.
Ya veréis que bien nos queda!!!

jueves, 1 de marzo de 2018

O NOSO DEBUT NA LIGA DE FÚTBOL SALA

O pasado mércores 21 de febreiro o equipo de fútbol sala do noso centro disputou a primeira xornada de liga organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA).
  A xornada de competición tivo lugar en Redondela e o noso equipo enfrontouse ao R.C Celta  e ao CEE Saladino Cortizo.
  Os alumnos e alumnas que participaron demostraron, unha vez máis, ser uns/unhas grandes deportistas e, ademais, desta volta tiveron a fortuna e o bo facer de gañar os dous encontros que disputaron.
 Pero máis alá do acontecido dentro do campo, a xornada dou para vivir bos momentos de convivencia fóra do centro.


El pasado miércoles 21 de febrero el equipo de fútbol sala de nuestro centro disputó la primera jornada de liga organizada por la Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA).
La jornada de competición tuvo lugar en Redondela y nuestro equipo se enfrentó al R.C. Celta y al CEE Saladino Cortizo.
Los alumnos y alumnas que participaron demostraron, una vez más, ser unos/unas grandes deportistas y, además, esta vuelta tuvieron la fortuna y buen hacer de ganar los dos encuentros que disputaron.
Pero más allá de lo sucedido dentro del campo, la jornada dio para vivir buenos momentos de conviviencia fuera del centro.