jueves, 4 de abril de 2019

O SABOR DA AVENTURA... ESTABA EN PORTONOVO!

Da man de "O sabor da aventura está no mar" fomos ata Portonovo a aprender un pouquiño máis deste mundo tan apaixoante como é o mundo do mar.
O primeiro que fixemos foi ir a lonxa. Alí pasámolo en grande facendo puxas cos nosos mandos como verdadeiros profesionais. A xente alucinaba do moito que estabamos dispostos a pagar pola raia, o sargo, os rapantes e máis a solla!!
Despois fomos ata o porto a ver os barcos dos mariñeiros e máis os aparellos de traballo que empregan, como as redes de cerco, de palangre, as nasas...
Tamén fomos ata o mercado a ver os postos de peixe. Non é por presumir,eh?, pero os peixeiros e peixeiras quedaron abraiados do moito que sabiamos sobre os peixes e mariscos que alí había.
E por último, e despois de tanto traballo, tivemos unha degustación de produtos do mar. Comemos empanada de raia (como non!, estando en Portonovo non podía ser doutro xeito) e sanjacobos de dourada. Non hai máis que ver as nosas caras para comprobar que estaba boísimo todo! Repetimos e repetimos... e, se nos deixan, repetiremos aventura!!
De la mano de "O sabor da aventura está no mar" fuimos hasta Portonovo a aprender un poquito más de este mundo tan apasionante como es el mundo del mar.
Lo primero que hicimos fue ir la lonja. Allí lo pasamos en grande haciendo pujas con nuestros mandos como verdaderos profesionales. La gente alucinaba de lo mucho que estábamos dispuestos a pgar por la raya, el sargo, los rapantes y la solla!!
Después fuimos hasta el puerto a ver los barcos de los marineros y los aparejos de trabajo que utilizan, como las redes de cerco, de palangre, las nasas...
También fuimos hasta el mercado a ver los puestos de pescado. No es por presumir,eh?, pero los pescaderos y pescaderas quedaron sorprendidos de lo mucho que sabíamos sobre los peces y mariscos que allí había.
Y por último, y después de tanto trabajo, tuvimos una degustación de productos de mar. Comimos empanada de raya (como no!, estando en Portonovo no podía ser de otra forma) y sanjacobos de dorada. No hay más que ver nuestras caras para comprobar que estaba buenísimo todo! Repetimos y repetimos...y, si nos dejan, repetiremos aventura!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario