martes, 14 de abril de 2020

AS ESTACIÓNS

Xa sabedes que no CEE non hai tempo para o aburrimento e moito menos cando enredamos cos pequechos e pequechas do cole nos obradoiros. Neste caso, a actividade da que imos falar enmárcase dentro do ExpresArte. Quixemos que o alumnado “vivenciase” nunha mañá as catro estacións (primavera, verán, outono e inverno) e para iso, creamos, en catro espazos do cole, as condicións axeitadas para o mesmo. Inverno (comezamos con ela por ser na que nos atopabamos nese momento) con neve e xeo. Primavera co arco da vella e centos de flores. Verán con area de praia. Outono con follas, choiva e vento. Cada unha das estacións, con elementos e roupa axeitada á mesma para facilitar a comprensión e asimilación de conceptos. Non sabedes o agotador (e divertido) que é vivir un ano enteiro nunha soa mañá. O tempo pasa voando!




Ya sabéis que en el CEE no hay tiempo para el aburrimiento y mucho menos cuando enredamos con los más peques del cole en los talleres.En este caso, la actividad de la que vamos a hablar se enmarca dentro del ExpresArte. Quisimos que el alumnado “vivenciase” en una mañana las cuatro estaciones (primavera, verano, otoño e invierno) y para eso, creamos, en cuatro espacios del cole, las condiciones adecuadas para el mismo. Inverno (empezamos con ella por ser la estación en la que estabamos) con nieve y hielo. Primavera con arcoíris y cientos de flores. Verano con arena de playa. Otoño con hojas, lluvia y viento. Cada una de las estaciones, con elementos y ropa adecuada a la misma para facilitar la comprensión y asimilación de conceptos. No imagináis lo agotador (y divertido) que es vivir un año entero en una sola mañana. ¡El tiempo pasa volando!

No hay comentarios:

Publicar un comentario