Atopamos no noso correo unha mensaxe dunha antiga compañeira do cole:
"Ola chicas.
Este fin de semana pasado, en Santiago de Compostela celebráronse as IV
Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Estaban formadas por
varias conferencias e por talleres.
O sábado pola mañá tivo lugar un taller da man de OQO, titulado, "Educar
para ver" (O vídeo de animación). Animación na escola: A experiencia
"Nós tamén creamos". Eva Mejuto e a experiencia de centro da man de
Rafael Sánchez-Agustivo, do CEIP A Lama. Como exemplo puxeron o vídeo
dos gañadores, pero como non, e pola súa mención especial, puxeron o
voso vídeo, o CEE de Vilagarcía co vídeo "A vella Lulula", cunha canción
tan pegadiza que podes pasar o día cantándoa! E que sodes uns
verdadeiros artistas!!
Noraboa por todo o traballo que facedes!!
Un bico moi grande!"
Este es el mensaje que encontramos en nuestro correo de una antigua compañera del cole.
Menos mal que non fixen ese curso porque se chego a estar alí... caenme as bágoas!!!
ResponderEliminar