martes, 2 de octubre de 2018

O NOSO PRIMEIRO DÍA

Xa,xa...xa sabemos que o curso fai unhas semanas que comezou, pero é que nin tempo tivemos para contarvos o noso primeiro día!!
Este ano iniciamos o curso dun xeito especial e un pouco sorprendidos porque, cando chegamos ao cole, atopamos a todos os mestres vestidos de mariñeiros (co seu gorro e todo)!!!
Despois explicáronnos que este ano imos facer un "proxecto documental integrado". Ó escoitar ese nome quedamos asustados, xa que soaba a algo moi moi serio, pero cando nos explicaron que iso significaba que iamos traballar durante todo o curso sobre o tema do mar... a idea encantounos (e entendimos por que os profes ían así vestidos e a ambientación do centro).
Tivemos unha presentación cun xogo para saber en que aula nos tocaba, unha merendola, biblioteca amenizou a xornada cun conto e un poema sobre o mar e despois tivemos xogos. 
Sen dúbida o primeiro día foi xenial... e isto só foi o principio!!!


Ya, ya... ya sabemos que el curso hace unas semanas que comenzó, pero es que ni tiempo tuvimos para contaros nuestro primer día!!!
Este año iniciamos el curso de una forma especial y un poco sorprendidos porque, cuando llegamos al cole, nos encontramos a todos los profes vestidos de marineros (con su gorro y todo)!!!
Después nos explicaron que este año vamos a hacer un "proyecto documental integrado". Al escuchar ese nombre quedamos asustados, ya que sonaba a algo muy muy serio, pero cuando nos explicaron que eso significaba que íbamos a trabajar todo el curso sobre el tema del mar... la idea nos encantó (y entendimos por qué los profes iban así vestidos y la ambientación del centro).
Tuvimos una presentación con un juego para saber en qué aula nos tocaba, una merendola, biblioteca amenizó la jornada con un cuento y un poema sobre el mar y después tuvimos juegos.
Sin duda el pirmer día fue genial... y esto sólo fue el principio!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario