lunes, 9 de marzo de 2020

DÍA DE ROSALÍA

Como ben sabedes, o pasado 24 de febreiro foi o día de Rosalía e como non podía ser doutro xeito, no cole argallamos unha actividade ben bonitiña. Primeiramente, o equipo de normalización repartiu entre as aulas diferentes debuxos de Rosalía que os nenos e nenas tiñan que decorar como quixesen. Unha vez feito isto, entraba en acción o alumnado de reprografía, que realizou unha chapiña personalizada, de cada debuxo, para toda a rapazada. Feitiñas, verdade?
Ademais, o mesmo día que repartimos as “ chapiñas”, Rosalía visitou o centro. Na biblio, a mulleriña fíxose co lugar e recitou, coa axuda do kamishibai, algo de música, e tres pequenas da formación básica, algún dos seus poemas máis coñecidos. Volve cando queiras, Rosalía!





Como ya sabéis , el pasado 24 de febrero fue el día de Rosalía y como non podía ser de otra forma, en el cole enredamos con  una actividad muy bonita. Primeramente, el equipo de normalización repartió entre las aulas diferentes dibujos de Rosalía que los niños y niñas tenían que decorar como quisiesen. Una vez hecho esto, entraba en acción el alumnado de reprografía, que realizó una chapa personalizada, de cada dibujo, para toda la chavalada. Quedaron muy monas, verdad?
Además , el mismo día que repartimos las chapitas, Rosalía visitó el centro. En la biblio, nuestra invitada recitó, con la ayuda del kamishibai, algo de música y  tres pequeñas de la formación básica, alguno de sus poemas más conocidos. Vuelve cuando quieras, Rosalía!

No hay comentarios:

Publicar un comentario