miércoles, 18 de marzo de 2020

COCIÑA INTERNACIONAL

O proxecto da aula azul, “Volta ao mundo en nove meses” está sendo toda unha experiencia para os sentidos. Agora que o corona virus obriga a quedar na casa (#quedanacasa #yomequedoencasa ) queremos compartir coas nosas familias a receita de pan de coco que, a nosa rapazada de Reprografía, elaborou cos coñecementos adquiridos na súa viaxe á India. Estade atentos e tomade nota, é un prato moi doado de facer cos máis pequenos da casiña.

Ingredientes:

•75 gr de fariña con lévedo
•50 gr de aceite de coco
•230 ml de iogur natural ( 2 aprox.)
• Un pouco de sal
•1 taza de fariña extra ( para “espolvorear”)

Preparación:

• Mesturar nun recipiente grande a fariña co sal. Engadir o iogur e remover. Aquí hai que facer unha aclaración. Dado que a aula azul non tiña fariña con lévedo usou por un lado a fariña e por outro un sobre de lévedo. Tamén é verdade que despois de facer a mestura, quedaba moi líquida, polo que botaron fariña suficiente para que quedara unha masa ben xeitosa.
• Amasar durante uns minutos, facer unha bola coa masa e envolvela con “papel film” (un pano de tea é válido tamén). Meter a masa na neveira deixándoa reposar durante media hora.
•Unha vez que a masa reposou, vertemos o aceite de coco sobre ela e damoslle unhas voltiñas máis para que se integre.
•Cortamos a masa en diferentes anacos do tamaño que consideremos. A cada un deses anacos dáremoslle forma redondeada e botarémolos na tixola, a cal estará xa quente co aceite de coco.
• Cociñamos, cada un dos anacos elaborados, 1 minuto e medio (aprox.) por cada lado (ata que collan o color “douradiño” da foto). Xa veredes que prato máis saboroso, familia!







El proyecto el aula azul, “Vuelta al mundo en nueve meses” está siendo toda una experiencia para los sentidos. Ahora que el corona virus obliga a quedar en casa queremos compartir con nuestras familias la receta de pan de coco que, el alumnado de Reprografía, elaboró con los conocimientos adquiridos en su viaje a la India. Estad atentos y tomad nota, es un plato muy fácil de hacer con los más pequeños de la casa.

Ingredientes:

•75 gr de harina con levadura
•50 gr de aceite de coco
•230 ml de yogur natural (2 aprox.)
• Un poco de sal
•1 taza de harina extra (para espolvorear)

Preparación:

• Mezclar en  un recipiente grande la harina y la sal. Añadir el yogur y remover. Aquí hay que hacer una aclaración. Dado que el aula azul no tenía harina con levadura, usó por un lado la harina y por otro un sobre de levadura. También es verdad que después de hacer la mezcla quedaba muy líquida, por lo que echaron harina suficiente para que quedara una masa bien consistente.
• Amasar durante unos minutos, hacer una bola con la masa y envolverla con “papel film” ( un paño de tela es válido también ). Meter la masa en la nevera dejándola reposar durante media hora.
•Una vez que la masa repose, vertemos el aceite de coco sobre ella y le damos unas vueltas más para que se integre.
•Cortamos la masa en diferentes trozos del tamaño que consideremos. A cada uno de esos trozos les daremos forma redondeada y los echaremos en la sartén, la cual estará ya caliente con el aceite de coco.
• Cocinamos, cada uno de los trozos  elaborados, 1 minuto y medio (aprox.) por cada lado (hasta  que se doren). ¡Ya veréis qué plato máis sabroso, familia!

No hay comentarios:

Publicar un comentario