miércoles, 23 de octubre de 2019

TAPAS NA BIBLIO

O pasado venres tivo lugar, no territorio Frida, a primeira edición de Tapas na biblio. Na actividade, pretendemos achegar ao noso alumnado, mediante a gastronomía, a algúns dos países e lugares do mundo que traballaremos no marco do noso PDI, “ Xente de aquí e acolá”. Como non podería ser de outra forma, comezamos co país que mellor coñecemos e enchemos o bandullo con “tapiñas” ben saborosas. Non vos imaxinades o pracer de estar entre libros comendo tortilla e xamón!
Todo o traballo gastronómico ( que non foi pouco) foi elaborado polo alumnado das aulas branca e laranxa que, xunto coas súas mestras e, algunha cativa que se lles uniu, demostraron ser do mellorciño na cociña. Frida está tola por saber que país será o seguinte... 😋


























El pasado viernes tuvo lugar, en el territorio de Frida, la primera edición de "Tapas na biblio". En la actividad pretendemos acercar a nuestro alumnado, mediante la gastronomía, a algunos de los países y lugares del mundo que trabajaremos en el marco de nuestro PDI, "Xente de aquí e acolá". Como no podría ser de otra forma, comenzamos con el país que mejor conocemos y llenamos las barrigas con "tapitas" bien sabrosas. ¡No os imagináis el placer de estar entre libros comiendo tortilla y jamón! 
Todo el trabajo gastronómico (que no fue poco) fue elaborado por el alumnado de las aulas blanca y naranja que, junto con las maestras y, alguna pequeña que se les unió, demostraron ser de lo mejorcito en la cocina. Frida está loca por saber qué país será el siguiente.... 😋

No hay comentarios:

Publicar un comentario