miércoles, 27 de marzo de 2019

BON APPÉTIT

Onte fomos ata Pontevedra a ver o espectáculo "Bon Appétit" de Teatro dos Ghazafellos.
Dicir que o pasamos ben é quedarnos moi moi curtos xa que o pasamos en grande.
Nesta actuación, mestura de teatro, música e comedia, tres "chefs" contáronnos os segredos da cociña galega seguindo o prestixioso libro de Álvaro Cunqueiro "A Cociña Galega".
Dun xeito moi divertido ensináronnos a cociñar empanada de zamburiñas, polbo á feira, lacón con grelos e filloas con anís. 
Que fame pasamos vendo cociñaban e pasaban mil aventuras!
Como xa sabedes, nós por onde pasamos... arrasamos!, e desta volta un deses "prestixiosos" chefs veu falar con nós e ata sacamos unhas fotiños con el.


Ayer fuimos hasta Pontevedra a ver el espectáculo "Bon Appétit" de Teatro dos Ghazafellos.
Decir que lo pasamos bien es quedarnos muy muy cortos porque lo pasamos en grande.
En esta actuación, mezcla de teatro, música y comedia, tres "chefs" nos contaron los secretos de la cocina gallega siguiendo el prestigioso libro de Álvaro Cunqueiro "La Cocina Gallega".
De una forma muy divertida nos enseñaron a cocinar empanada de zamburiñas, pulpo á feira, lacón con grelos y filloas de anís.
Qué hambre pasamos viendo como cocinaban y  pasaban mil aventuras!
Como ya sabéis, nosotros por donde pasamos... arrasamos!, y esta vez uno de esos "prestigiosos" chefs vino a hablar con nosotros y hasta sacamos unhas fotitos con él.

No hay comentarios:

Publicar un comentario