viernes, 21 de diciembre de 2018

BO NADAL A TODOS!!

Hoxe teremos unha mañán do máis completiña así que, por si despois non temos tempo, queremos desexarvos unhas Felices Festas. 

Agardámosvos nun 2019 cheo de sorpresas.

BICOS E APERTAS PARA TODOS!!



Por certo, este ano non temos panxoliña ☹️☹️ pero foi básicamente por unha cuestión de tempo!
Ben vedes que facemos tantas e tantas cousas que non tivemos moito tempo para facer o vídeo, e nós ou facemos as cousas ben ou non as facemos. Pero tranquilos!! en breve sorprenderémosvos con algunha outra cousa.
Pero se este Nadal queredes cantar con nós, non tedes máis que premer neste enlace no que están todas as nosas panxoliñas.

https://view.genial.ly/5be5abf8a6750b5309c9b9a4/panxolinas-de-nadal


jueves, 20 de diciembre de 2018

EXCURSIÓN DO NOSO PROXECTO

O pasado luns fixemos unha excursión que forma parte das actividades do noso PDI e do noso Proxecta "Amar o mar".
Como no tema do mexillón estivemos a traballar as conserveiras, fomos visitar unha para coñecer de primeira man o que fan, e Conservas Dardo foi a encargada de explicarnos en que consiste o traballo que alí levan a cabo, como se reparten as tarefas, de onde veñen os produtos...
O luns, xustamente, estaban a traballar con mexillóns, atúns e sardiñas.
Foi moi interesante saber como traballan esas mulleres (porque non nos coincidiu de ver ningún home) e démonos conta do traballo duro que é porque facía un pouquiño de frío, cheiraba "regular" e facíano todo a man.
Algúns de nós temos nais que traballan nas conserveiras e... démonos conta de que é moito o que traballan!
Despois fomos ata o IGAFA (Instituto Galego de Formación en Acuicultura) e alí alucinamos un montón. 
Agora estamos co tema do rodaballo, así que nos explicaron como se crían nas piscifactorías e vimos o seu proceso de crecemento. Vimos rodaballos mini, rodaballos pequenos, medianos, grandes... de todo! E tamén vimos de todos os tamaños aos lenguados, lumbrigantes (ata vimos como mudan o cascarón)... e os seus alimentos.
O certo é que aprendemos un montón de cousas sobre a vida dos animais mariños.
Pero, para rematar, tivemos unha sorpresa. Resulta que neste instituto teñen un ciclo de FP de experto en buceo, e tivemos a oportunidade de ver (e algúns incluso entrar) unha cámara hiperbárica que era o máis parecido que vimos na nosa vida a un submarino.
Foi unha mañán de moito axetreo e chagamos ao cole moi cansos, pero tivemos a sorte de que Larsa (gracias ás mamás da ANPA que están en todo) tivo a ben ofrecernos unha riquísima merenda con queixo, iogures, batidos... que nos encheron de forza para afrontar o día!


El pasado lunes hicimos una excursión que forma parte de las actividades de nuestro PDI y de nuestro Proxecta "Amar o mar".
Como en el tema del mejillón estuvimos trabajando las conserveras, fuimos a visitar una para conocer de primera mano lo que hacen, y Conservas Dardo fue la encargada de explicarnos en que consiste el trabajo que allí llevan a cabo, como reparten las tareas, de dónde vienen los productos...
El lunes, justamente, estaban trabajando con mejillones, atún y sardinas.
Fue muy interesante saber cómo trabajan esas mujeres (porque no nos coincidió ver a ningún hombre) y nos dimos cuenta del trabajo duro que es porque hacía un poquito de frío, olía "regular" y lo hacían todo a mano.
Algunos de nosotros tenemos madres que trabajan en conserveras y... nos dimos cuenta de que es mucho lo que trabajan!
Después fuimos hasta el  IGAFA (Instituto Galego de Formación en Acuicultura) y allí alucinamos un montón.
Ahora estamos con el tema del rodaballo, así que nos explicaron cómo se crían en las piscifactorías y vimos su proceso de crecimiento. Vimos rodaballos mini, rodaballos pequeños, medianos, grandes... de todo! Y también vimos de todos los tamaños a los lenguados, bogavantes (hasta vimos como mudan el cascarón)... y sus alimentos.
Lo cierto es que aprendimos un montón de cosas sobre la vida de los animales marinos.
Pero, para terminar, tuvimos una sorpresa. Resulta que en este instituto tienen un ciclo de FP de experto en buceo, y tuvimos la oportunidad de ver (y algunos incluso entrar) una cámara hiperbárica que era lo más parecido que vimos en nuestra vida a un submarino.
Fue una mañana de mucho ajetreo y llegamos al cole muy cansados, pero tuvimos la suerte de que Larsa (gracias a las mamás del ANPA que están en todo) tuvo a bien ofrecernos una riquísima merienda con queso, yogures, batidos... que nos llenaron de fuerza para afrontar en día!

miércoles, 19 de diciembre de 2018

VOLVEMOS POLO NADAL

Se polo Nadal hai a tradición de cantar panxoliñas, comer turrón, abrir os regalos de Papá Noel e dos Reis Magos... nós tamén temos a de acudir ao "Fexturrón".
O Fexturrón é unha actividade organizada polo Concello de Vilagarcía onde podes pasar todo o día facendo cousas moi divertidas.
Nós, que xa debemos de estar na categoría de invitados VIP, pasámolo en grande xunto cos compañeiros da Asociación Princesa Letizia e BATA.
Se tendes a oportunidade de ir... ide! Ademais de poder subir nos coches de choque, nos hinchables, no tren, patinar sobre xeo... podedes tirarvos polo tobogán de xeo!!! 
Nós cando o vimos... bueno... dábanos un "poquiño" de medo, pero así que o primeiro valente se atreveu... fomos todos detrás e pasámolo moi moi ben!
Moitas grazas por acordarvos, un ano máis, de todos nós!!



Si por Navidad hay la tradición de cantar villancicos, comer turrón, abrir los regalos de Papá Noel y de los Reyes Magos... nosotros también tenemos la de acudir al "Fexturrón".
El Fexturrón es una actividad organizada por el Ayuntamiento de Vilagarcía donde podéis pasar todo el día haciendo cosas muy divertidas.
Nosotros, que ya debemos de estar en la categoría de invitados VIP, lo pasamos en grande junto con los compañeros de la Asociación Princesa Letizia y BATA.
Si tenéis la oportunidad de ir... id! Además de poder subir en los coches de choque, en los hinchables, en el tren, patinar sobre hielo... podéis tiraros por el tobogán de hielo!!
Nosotros cuando lo vimos... bueno... nos daba un "poquito" de miedo, pero así que el primer valiente se atrevió... fuimos todos detrás y lo pasamos muy muy bien!
Muchas gracias por acordaros, un año más, de todos nosotros!!

martes, 18 de diciembre de 2018

A GALIÑA AZUL

Os pequenos do cole fomos ata Pontevedra a ver a obra "A galiña azul", unha historia que nós coñecemos ben e que nos encanta!!
A representación foi do máis fermosa e pasámolo en grande!
Como ben sabedes, nós somo uns privilexiados e por onde pasamos... arrasamos! Así que, Lourenzo e a súa galiña azul, quedaron prendados do noso encanto e non puideron facer máis que baixar a saudarnos.
Foi todo un pracer coñecervos!


Los pequeños del cole fuimos hasta Pontevedra a ver la obra "A galiña azul", una historia que nosotros conocemos bien y que nos encanta!!
La representación fue de lo más bonita y lo pasamos en grande!
Como bien sabéis, nosotros somos unos privilegados y por donde pasamos... arrasamos! Así que, Lorenzo y su gallina azul, quedaron prendados de nuestro encanto y no pudieron hacer más que bajar a saludarnos.
Fue todo un placer conoceros!

DIA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


O pasado 3 de decembro celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade ou, como lle gusta dicir a nosa Frida, Día da Diversidade.
Para celebrar este día tan noso, invitamos a un grupiño de alumnos do CEIP Anexo -  A Lomba a compatir unha xornada moi especial.
Primeiro tivemos unha contada coa luz negra que deixou abraiados aos nosos invitados!
Comezamos co conto " A que sabe a lúa?" e despois contamos "Por cuatro esquinitas de nada", unha fermosa historia que fixo reflexionar a pequenos e maiores.
Despois fixemos dous grupos e, por quendas, levamos a cabo unhas actividades moi "chulas".
Coas mesas de luz tivemos que facer figuras seguindo un modelo dado e atopar a mensaxe escondida que había para nós. 
Rematamos cun obradoiro cheo de redondiños e cadradiños para decorar e que pegamos nun mural colectivo que quedou... fermosísimo!!!


El pasado 3 de diciembre celebramos el Día Internacional de las Personas con Discapacidad o, como le gusta decir a nuestra Frida, Día de la Diversidad.
Para celebrar este día tan nuestro, invitamos a un grupito de alumnos del CEIP Anexo - A Lomba a compartir una jornada muy especial.
Primero tuvimos una sesión de cuentos con la luz negra que dejó alucinados a nuestros invitados!
Comenzamos con el cuento "A que sabe a lúa?" y después contamos "Por cuatro esquinitas de nada", una hermosa historia que hizo reflexionar a pequeños y mayores.
Después hicimos dos grupos y, por turnos, llevamos a cabo unas actividades muy "chulas".
Con las mesas de luz tuvimos que hacer figuras siguiendo un modelo dado y encontrar el mensaje escondido que había para nosotros.
Terminamos con un taller lleno de redonditos y cuadraditos para decorar y que pegamos en un mural colectivo que nos quedó... hermosísimo!!!

jueves, 13 de diciembre de 2018

OS PROFES VISITAN OUTRO COLE

Os nosos profes foron a visitar o CEIP A Lama para ver como traballan eles isto dos PDI e a súa biblioteca. 
O certo é que volveron alucinados!!
Non daban a contar: que si a biblioteca... que si os corredores cheos de traballos dos alumnos.. que si un laboratorio audiovisual... que si un estudio de costura... teñen de todo!!!
Moito deberon de aprender porque están sempre cavilando cousas novas (aínda que hai que dicir que isto, un pouco, xa lles viña de antes).
 
 
 
Nuestros profes fueron a visitar el CEIP A Lama para ver como trabajan ellos esto de los PDI y su biblioteca.
Lo cierto es que volvieron alucinados!!
No nos daban contado lo que vieron: que si la biblioteca... que si los pasillos llenos de trabajos de los alumnos... que si un laboratorio audiovisual... que si un estudio de costura... tienen de todo!!!
Mucho debieron de aprender porque están siempre maquinando cosas nuevas (aunque hay que decir que esto, un poco, ya les venía de antes).

martes, 4 de diciembre de 2018

TEMPO DE COCIÑA

Xa sabedes que, de cando en vez, e especialmente, cando o tempo non acompaña nas saídas, aos cativos das aulas verde e vermella gústalles facer de reposteiros e traballar un pouco na cociña. 
Desta volta, o prato escollido foron unhas saborosas galletiñas que, aínda que feitas cunha receita moi sinxela, fixeron pasar un bo rato a estes pillabáns. 
Escoller ingredientes, “ tamizar” fariña, rallar laranxa... resultaron actividades ben divertidas que os prepararon para o momento máis importante e no que amosaron máis entusiamo: amasar! 
Traballar coa masa e darlle forma cos diferentes moldes resultou toda unha aventura... pero temos que dicir que comer esas galletiñas caseiras, tamén! 
Que farán para a próxima?
 

 
 
  Ya sabéis que, de vez en cuando, y especialmente, cuando el tiempo no acompaña en las salidas, a los pequeños de las aulas verde y roja les gusta hacer de reposteros y trabajar un poco en la cocina. 
Esta vez, el plato elegido fueron unas sabrosas galletitas que, aunque hechas con una receta muy fácil, hicieron pasar un buen rato a estos pícaros.
Escoger ingredientes, tamizar la harina, rallar naranja... resultaron actividades bien divertidas que los prepararon para el momento más importante y en el que mostraron más entusiasmo: amasar!
Trabajar con la masa y darle forma con los diferentes moldes resultó toda una aventura... pero tenemos que decir comer esas galletas caseras, también!
Qué harán para la próxima?

martes, 27 de noviembre de 2018

CONCERTO "FETÉN"

A semana pasada fomos ata Pontevedra a un concerto didáctico do que volvemos "flipados".
Da man do dúo "Fetén Fetén" coñecimos instrumentos insólitos como a frauta-silla da praia, a frauta-vasoira... comprobamos que se pode facer música con dúas culleres, cunha tixola...
Ademais, a nosa compañeira Nerea subiu ao escenario a tocar o theremín, e cos seus momentos creou tales sons que todos pensabamos que chegaban os extraterrestres!!
Aprender aprendimos moito pero tamén gozamos e bailamos.
Ao rematar tivemos a oportunidade de darlles as grazas (xunto con moitos bicos e apertas) e dicirlles que foi un concerto fetén e que nos o pasamos fetén. En resumo: "Fetén Fetén"


La semana pasado fuimos a Pontevedra a un concierto didáctivo del que volvimos flipados".
De la mano del dúo "Fetén Fetén" conocimos instrumentos insólitos como la flauta-silla de la playa, la flauta-escoba... comprobamos que se puede hacer música con dos cucharas, con una sartén...
Además,  nuestra compañera Nerea subió al escenario a tocar el theremín, y con sus movimientos creó tales sonidos que todos pensamos que llegaban los extraterrestres!!
Aprender aprendimos mucho pero también disfrutamos y bailamos.
Al terminar tuvimos la oportunidad de darles las gracias (junto con muchos besos y abrazos) y decirles que fue un concierto fetén y que nos lo pasamos fetén. En resumen: "Fetén Fetén".







lunes, 26 de noviembre de 2018

25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Onte foi o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero pero nós celebrámolo o venres.
Os maiores do cole acudiron a andaina organizada polo Concello. Alí escolares de toda Vilagarcía uníronse para dicir NON á violencia contra as mulleres.
Os nosos "representantes" acudiron á cita cuns carteis con mensaxes moi directas que cautivaron a todo o mundo (incluída a prensa).
Mentres, no centro, os pequenos elaboraron un cartel no que reclamaban tamén a igualdade.
Para rematar a xornada, na biblioteca vivimos o conto "Artur e Clementina", unha historia que non nos deixou indiferentes porque vimos como Clementina se ía facendo pequena e privada da súa liberdade.
Porque sabemos que hai moitas Clementinas por todo o mundo... porque hoxe son elas pero mañá podemos ser nós... por iso e por milleiros de motivos máis... NON Á VIOLENCIA!!!



Ayer fue el Día Internacional Contra la Violencia de Género pero nosotros lo celebramos el viernes.
Los mayores de cole fueron a la caminata organizada por el Concello. Allí escolares de todo Vilagarcía se unieron para decir NO a la violencia contra las mujeres.
Nuestros "representantes" acudieron a la cita con unos carteles con mensajes muy directos que cautivaron a todo el mundo (incluída la prensa).
Mientras, en el centro, los pequeños elaboraron un cartel en el que reclamaban también la igualdad.
Para terminar la jornada, en la biblioteca vivimos el cuento de "Arturo y Clementina", unha historia que no nos dejó indeferentes porque vimos como Clementiba se iba haciendo pequeña y privada de su libertad.
Porque sabemos que hay muchas Clementinas por todo el mundo... porque hoy son ellas pero mañana podemos ser nosotros.. por eso y por miles de motivos más... NO A LA VIOLENCIA!!!

viernes, 23 de noviembre de 2018

PINTURA TERAPÉUTICA

Agora que xa levan un tempiño co proxecto e xa os ides coñecendo, sabedes ben que os cativos e cativas do ExperimentArte tolean coa pintura de cores. Encántalles empregala nas diferentes actividades que as mestras propoñen e, desta volta, non ían ser menos. 
Nun primeiro momento, tiñan que facer liñas de pintura (creatividade ao poder) sobre unha  cartolina. Despois, viña a parte máis divertida, tapar a creación artística cun papel transpartente e remexer coas mans un anaquiño... non sabedes que sensación tan gustosiña e relaxante! Para rematar, retiraban o papel transparente e descubrían unha lámina chea de cores e de talento! 
Gústavos o resultado?


 Ahora que ya llevan un tiempo con el proyecto y ya los vais conociendo, sabéis bien que los pequeños y pequeñas del ExperimentArte loquean con la pintura de colores. Les encanta utilizarla en las diferentes actividades que las maestras les proponen y, esta vez, no iba a ser menos. 
En un primer momento, tenían que hacer líneas de pintura (creatividad al poder) sobre una cartulina. Después, venía la parte más divertida, tapar la creación artística con papel transparente e revolver con las manos un poquito... no sabéis que sensación tan gustosa y relajante! Para terminar, retiraban en papel transparente y descubrían una lámina llena de colores y talento.
Os gusta el resultado?