martes, 19 de febrero de 2019

CONTADA EN LINGUA DE SIGNOS


O venres día 15 tivemos contada en lingua de signos e, como non podía ser de outro xeito, a temática foi o mar. Unha actividade máis para sumar ao noso proxecto documental integrado (P.D.I.): ALÉN DO MAR.
Primeiro os rapaces da Etapa básica escoitaron e viron o conto signado de “El tiburón y sus amigos”. Despois o alumnado de Transición á Vida Adulta xunto cós rapaces do programa formativo de Formación Básica adaptada de Reprografía, tiveron a oportunidade de ver o conto do pelicano Bartolo. 
Toda unha nova experiencia coa que ademais puidemos coñecer novos signos de vocabulario relacionado co mar. Algún xa o sabiamos, eh!



El viernes día 15 tuvimos una sesión de cuentos en lengua de signos y, como no podía ser de otra manera, la temática fue el mar. Una actividad más para sumar a nuestro proyecto documental integrado (P.D.I.):  ALÉN DO MAR. 
Primero los alumnos de la Etapa Básica escucharon y vieron el cuento signado de "El tiburón y sus amigos". Después el alumnado de Transición a la Vida Adulta junto con los chicos del porgrama formativo de Formación Básica adaptada de Reprografía, tuvieron la oportunidad de ver el cuento del pelícano Bartolo.
Toda una nueva experiencia con la que además pudimos conocer nuevos signos de vocabulario relacionado con el mar. Alguno ya lo sabíamos,eh! 

lunes, 18 de febrero de 2019

NAMORA DA BIBLIO


14 de febreiro, San Valentín, Día dos Namorados… Unha oportunidade marabillosa para demostrar todo o amor que levamos dentro. E xa sabedes que no noso cole, cando se fala de QUERER, fálase con letras maiúsculas. 
Durante toda a xornada os rapaces foron subindo á biblioteca para facer corazóns, para recoller un marcapáxinas e regalarllo a alguén e para fotografarse nunha biblioteca tinguida de vermello. E todo, con música romántica, libros, doces…

Pódese pedir algo máis?

Non sabedes o amor que se respira no #ceevilagarcía



14 de febrero, San Valentín, Día de los Enamorados... Una oportunidad maravillosa para demostrar todo el amor que llevamos dentro. Y ya sabéis que en nuestro cole, cuando se habla de QUERER, se habla con letras mayúsculas.
Durante toda la jornada los alumnos fueron subiendo a la bibliotea para hacer corazones, para recoger un marcapáginas y regalárselo a alguien y para hacerse una foto en una biblioteca teñida de rojo. Y todo, con música romántica, libros, dulces...

¿Se puede pedir algo más?

No sabéis el amor que se respira en el #ceevilagarcía

martes, 12 de febrero de 2019

BURBULLAS EN PONTEVEDRA

A semana pasada fomos ata Pontevedra a ver o espectáculo "Burbullas de papel", un espectáculo de música, danza e luces e burbullas de moitas cores!!!
O máis incríbel foi ver saír unha burbulla de xabrón da trompeta! Quedamos abraiados!!


La semana pasada fuimos hasta Pontevedra a ver el espectáculo "Burbullas de papel", un espectáculo de música, danza y luces y burbujas de muchos colores!!!
Lo más increíble fue ver salir unha burbuja de jabón de la trompeta! Quedamos sorprendidos!!

lunes, 11 de febrero de 2019

FAUNA MARIÑA

Como ben sabedes, no cole estamos, neste curso, máis mariñeiros que nunca. Entre o PDI e o Proxecta, estamos cos pés na auga todo o día. 
Os do ExperimentArte, que ben sabedes non perden ocasión de divertirse, decidiron que, fieis ao seu espírito artista, ían facer unha “ interpretación libre” dalgúns dos seus animais mariños favoritos. Para iso, fixeron unha mestura de fariña, lévedo, auga e colorantes coa crearon unha pasta. A través dunha manga pasteleira improvisada, crearon, coa mencionada pasta, debuxos de diferentes cores enriba dunha lámina. Posteriormente, meteron esa lámina “ao quentiño” dentro do microondas. O resultado? Láminas moi fermosas cheas de cores e con relieve nas que se poden ver tartarugas, peixes de cores, cabaliños de mar...



Como bien sabéis, en el cole estamos, este curso, más marineros que nunca. Entre el PDI y el Proxecta, estamos con los pies en el agua todo el día.
Los del ExperimentArte, que bien sabéis que no pierden ocasión de divertirse, decidieron que, fieles a su espíritu artista, iban a hacer una "interpretación libre" de algunos de sus animales favoritos. Para eso, hicieron una mezcla de harina, levadura, agua y colorantes con la que crearon una pasta. A través de una manga pastelera improvisada, crearon, con la mencionada pasta, dibujos de diferentes colores encima de una lámina. Posteriormente, metieron esa lámina "al calorcito" dentro del microondas. El resultado? Láminas muy bonitas llenas de colores y con relieve en las que se pueden ver tortugas, peces de colores, caballitos de mar...

viernes, 1 de febrero de 2019

CASTELAO

Non nos podiamos esquecer dun día tan imporante para a nosa terra, Galicia, como é o aniversario do nacemento dun dos nosos persoeiros máis importantes: Castelao.
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao nacía en Rianxo alá polo ano 1886 para revolucionar o mundo político e literario.
Sen dúbida, unha figura importante para todos os galegos e que os nosos alumnos deben coñecer. Así que, para a ocasión elaborouse (grazas a aula marrón) un material estupendo cheo de actividades e curiosidades.


No nos podíamos olvidar de un día tan importante para nuestra tierra, Galicia, como es el aniversario del nacimiento de uno de nuestros personajes más importantes: Castelao.
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao nacía en Rianxo en 1886 para revolucionar el mundo político y literario.
Sin duda, unha figura importante para todos los gallegos y que nuestros alumnos deben conocer. Así que, para la ocasión se elaboró (gracias al aula marrón) un material estupendo lleno de actividades y curiosidades.

jueves, 31 de enero de 2019

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ


De celebración en celebración e tiro porque me toca. Hoxe tocoulle o Día da Paz.
Todos xuntos, na biblioteca, tivemos a oportunidade de escoitar información moi interesante sobre homes e mulleres do deporte, pero que tamén fixeron moito pola Paz. Apoiándonos nas imaxes realizadas polo alumnado con anterioridade, fomos quen de empregar o móbil e ler códigos QR para saber máis. 
E despois, contada: “Necesito un abrazo”, o conto ideal para o noso cole! Por aquí non pasarás sen levar un abrazo rapás! Que bonito quedou todo!


 


De celebración en celebración y tiro porque me toca. Hoy le tocó al Día de la Paz.
Todos juntos, en la biblioteca, tuvimos la oportunidad de escuchar información muy interesante sobre hombres y mujeres del deporte, pero que también hicieron  mucho por la Paz. Apoyándonos en imágenes realizadas por el alumnado con anterioridad, usamos el móvil y códigos QR para saber más.
 Y después, un cuento: "Necesito un abrazo", el cuento ideal para nuestro cole! Por aquí no pasarás sin llevar un abrazo! Que bonito quedó todo!

martes, 15 de enero de 2019

OBRADOIRO DE ADORNOS

Antes de marchar de vacacións, a rapazada do ExperimentArte xa tiña o espíritu do Nadal na súa cota màxima e, por iso, as mestras decidiron aproveitar a situación e facer unha actividade moi motivadora ademais de divertida: creación de adornos de Nadal.
Como neste grupo o éxito mídese coas manchas no mandilón decidiron que, unha vez máis, tiñan que emporcallarse. E que fixeron? Mesturar auga, fariña e sal (eles non traballan con proporcións, senón por instinto😂) e crear unha masiña que, unha vez seca, pintarían e decorarían con “ xoiería” variada. 
Igual os adornos resultantes no foron os máis bonitos da árbore pero, iso si, os que máis brillaban, seguro!
 

 
 Antes de irnos de vacaciones, los paticipantes de ExperimentArte ya tenía el espíritu de Navidad en su cota máxima y, por eso, las maestras decidieron aprovechar la situación y hacer una actividad muy motivadora además de divertida: creación de adornos de Navidad.
Como en este grupo el éxito se mide con las manchas en el mandilón decidieron que, una vez más, tenían que mancharse muchísimo. ¿Y qué hicieron? Mezcla agua, harina y sal (ellos no trabajan por procporciones, si no por instinto😂) y crear una masa que, una vez seca, pintarían y decorarían con "joyería" variada.
Igual los adornos resultantes no fueron los más bonitos del árbol pero, eso sí, los que más brillaban, seguro!

viernes, 11 de enero de 2019

PEDACIÑOS DE PASTA

Nunha das últimas sesións do ExperimentArte, os nenos e nenas participantes uniron dúas actividades das que son grandes aficionados: pintar e a cociña.
Primeiramente, soltaron creatividade pintando de cores unhas plaquiñas de pasta das empregadas para facer lasaña ou canelóns. A continuación, cando a pintura estaba xa seca, as partían (coas mans) en anacos de diferentes tamaños e, finalmente, as pegaban nuns lenzos da forma que quisexen (distribuídos “ao chou”) formando uns cadros ben alegres e orixinais ... ou iso pensamos nós!
 
 
En una de las últimas sesiones de ExperimentArte, los niños y niñas participantes unieron dos actividades de las que son grandes aficionados: pintar y la cocina.
Primero, soltaron creatividad pintando de colores unas placas de pasta empleadas para hacer lasaña o canelones. A continuación, cuando la pintura estaba ya seca, las partían (con las manos) en trocitos de diferentes tamaños y, finalmente, las pegaban en unos lienzos de la forma que ellos quisiesen (distribuídos "al azar") formando unos cuadros bien alegres y originales... o eso pensamos nosotros!

jueves, 10 de enero de 2019

IOGA NA BIBLIOTECA

Si, si, IOGA na biblioteca! Porque queremos que a biblio sexa un laboratorio de aprendizaxes, porque queremos un centro activo e consciente, porque queremos promover unha vida saudable, porque queremos ao noso alumnado e porque podemos. IOGA na biblioteca!

Os alumnos da etapa de formación básica e os de transición á vida adulta participaron en distintas sesións de IOGA. Unha práctica que mellora dende a conciencia corporal ata a autoestima. Amais, é estupendo para relaxarse, liberando estados de ansiedad ou tensión.

GRAZAS a CAROLINA moitos de nós puidemos achegarnos ao IOGA dun xeito lúdico.


 Si, si, YOGA en la bilbioteca! Porque queremos que la bilbio sea un laboratorio de aprendizajes, porque queremos  un centro activo y consciente, porque queremos promover una vida saludable, porque queremos a nuestro alumnado y porque podemos. YOGA en la biblioteca!

Los alumnos de la etapa de formación básica y los de transición a la vida adulta participaron en distintas sesiones de YOGA. Una práactica que mejora desde la conciencia corporal hasta la autoestima. Además, es estupendo para relajarse, liberando estados de ansiedad o tensión.

GRACIAS a CAROLINA muchos de nosotros pudimos acercarnos al YOGA de una forma lúdica.

martes, 8 de enero de 2019

ANO NOVO...

Feliz Ano a todos!
Que tal pasádeches as festas de Nadal? Nós moi ben pero con moooooito frío!
O que non vos contamos antes de que rematara o 2018 foi a nosa festa de Nadal deste ano así que, aínda que sexa un pouco tarde, ímovola contar porque foi espectacular (case tanto como as luces de Vigo 😜).
Comezamos coa visita de Papá Noel... que nos meteu un bo susto!!! Apareceu pola cheminea!! Si, si.. xa sabemos que esa é a súa especialidade, pero que é que o fixo cun despliegue de medios... que nin James Bond!!! 
Papá Noel contounos unos contiños, deunos uns consellos e deixounos uns agasallos.

Despois organizamos unha "carreira e chocolatada solidaria". Fixemos a nosa San Silvestre particular.
A nosa idea era facela no exterior e convidar aos centros da nosa contorna máis próxima pero o tempo non o permitiu asi que, tivémolo que adaptar e a carreira foi polo centro.
Ao rematar tivo lugar a chocolatada solidaria a cal se apuntaron todos os alumnos do CEIP Anexo-A Lomba. Todos os partipantes colaboraron traendo un alimento non perecedeiro e todo o que xuntamos foi destinado á Fundación Amigos de Galicia. 
Aquí temos que destacar que, para a nosa chocolatada solidaria, contamos coa colaboración desinteresada de Chocolates Mariño, Leite Larsa, Panadería "La bella Arosa" e Cash Galicia, que coa súa aportación axudáronnos a que esta actividade se levase a cabo. Así que, a todos eles, MOITAS GRAZAS!

E, como xa vén sendo tradición dende hai uns anos, celebramos as nosas Badaladas de Fin de Ano. O tempo atmosférico non llo puxo nada doado aos presentadores do evento que, de tanto atender aos paraugas e mailo vento, xa non sabían se as uvas eran 12 ou 10!! (O directo é o que ten!)
Rematamos cunha festa rachada a cago de Javi Solla, que fixo desencaixar os ósos de pequenos e maiores!!

Que? Foi ou non foi unha festa espectacular?





Feliz Año a todos!
Qué tal lo pasasteis en las fiestas de Navidad? Nosotros muy bien pero con muuuuucho frío!
Lo que no os contamos antes de que terminara el 2018 fue nuestra fiesta de Navidad de este año así que, aunque sea un poco tarde, os la vamos a contar porque fue espectacular (casi tanto como las luces de Vigo 😜).
Comenzamos con la visita de Papá Noel... que nos metió un buen susto!!! Apareció por la chimenea!! Si, si... ya sabemos que esa es su especialidad, pero es que lo hizo con un despliegue de medios... que ni James Bond!!!
Papá Nole nos contó unos cuentos, nos dio unos consejos y nos dejó unos regalos.

Después organizamos una "carrera y chocolatada solidaria". Hicimos nuestra San Silvestre particular. 
Nuestra idea era hacerla en el exterior e invitar a los centros de nuestro entorno pero el tiempo no lo permitió asi que, tuvimos que hacer una adaptación y la carrera fue por el centro.
Al terminar tuvo lugar la chocolatada solidaria a cal se apuntaron todos los alumnos del CEIP Anexo-A Lomba. Todos los participantes colaboraron trayendo un alimento no perecedero y todo lo que juntamos de destinado a Fundación Amigos de Galicia. 
Aquí tenemos que destacar que, para nuestra chocolatada solidaria, contamos con la colaboración desinteresada de Chocolates Mariño, Leite Larsa, Panadería "La bella Arosa" y Cash Galicia, que con su aportación nos ayudaron a que esta actvidad se llevase a cabo. Así que, a todos ellos, MUCHAS GRACIAS!

Y, como ya viene siendo tradición desde hace unos años, celebramos nuestras Campandas de Fin de Año. El tiempo atmosférico no se lo puso nada fácil a los presentadores del evento que, de tanto atender a los paraguas y al viento, ya no sabían si las uvas eran 12 o 10!! (El directo es lo que tiene!)
Terminamos con una fiesta a cargo de Javi Solla, que hizo desencajar los huesos de pequeños y mayores.

Qué? Fue o no fue una fiesta espectacular?