martes, 8 de enero de 2019

ANO NOVO...

Feliz Ano a todos!
Que tal pasádeches as festas de Nadal? Nós moi ben pero con moooooito frío!
O que non vos contamos antes de que rematara o 2018 foi a nosa festa de Nadal deste ano así que, aínda que sexa un pouco tarde, ímovola contar porque foi espectacular (case tanto como as luces de Vigo 😜).
Comezamos coa visita de Papá Noel... que nos meteu un bo susto!!! Apareceu pola cheminea!! Si, si.. xa sabemos que esa é a súa especialidade, pero que é que o fixo cun despliegue de medios... que nin James Bond!!! 
Papá Noel contounos unos contiños, deunos uns consellos e deixounos uns agasallos.

Despois organizamos unha "carreira e chocolatada solidaria". Fixemos a nosa San Silvestre particular.
A nosa idea era facela no exterior e convidar aos centros da nosa contorna máis próxima pero o tempo non o permitiu asi que, tivémolo que adaptar e a carreira foi polo centro.
Ao rematar tivo lugar a chocolatada solidaria a cal se apuntaron todos os alumnos do CEIP Anexo-A Lomba. Todos os partipantes colaboraron traendo un alimento non perecedeiro e todo o que xuntamos foi destinado á Fundación Amigos de Galicia
Aquí temos que destacar que, para a nosa chocolatada solidaria, contamos coa colaboración desinteresada de Chocolates Mariño, Leite Larsa, Panadería "La bella Arosa" e Cash Galicia, que coa súa aportación axudáronnos a que esta actividade se levase a cabo. Así que, a todos eles, MOITAS GRAZAS!

E, como xa vén sendo tradición dende hai uns anos, celebramos as nosas Badaladas de Fin de Ano. O tempo atmosférico non llo puxo nada doado aos presentadores do evento que, de tanto atender aos paraugas e mailo vento, xa non sabían se as uvas eran 12 ou 10!! (O directo é o que ten!)
Rematamos cunha festa rachada a cago de Javi Solla, que fixo desencaixar os ósos de pequenos e maiores!!

Que? Foi ou non foi unha festa espectacular?





Feliz Año a todos!
Qué tal lo pasasteis en las fiestas de Navidad? Nosotros muy bien pero con muuuuucho frío!
Lo que no os contamos antes de que terminara el 2018 fue nuestra fiesta de Navidad de este año así que, aunque sea un poco tarde, os la vamos a contar porque fue espectacular (casi tanto como las luces de Vigo 😜).
Comenzamos con la visita de Papá Noel... que nos metió un buen susto!!! Apareció por la chimenea!! Si, si... ya sabemos que esa es su especialidad, pero es que lo hizo con un despliegue de medios... que ni James Bond!!!
Papá Nole nos contó unos cuentos, nos dio unos consejos y nos dejó unos regalos.

Después organizamos una "carrera y chocolatada solidaria". Hicimos nuestra San Silvestre particular. 
Nuestra idea era hacerla en el exterior e invitar a los centros de nuestro entorno pero el tiempo no lo permitió asi que, tuvimos que hacer una adaptación y la carrera fue por el centro.
Al terminar tuvo lugar la chocolatada solidaria a cal se apuntaron todos los alumnos del CEIP Anexo-A Lomba. Todos los participantes colaboraron trayendo un alimento no perecedero y todo lo que juntamos de destinado a Fundación Amigos de Galicia. 
Aquí tenemos que destacar que, para nuestra chocolatada solidaria, contamos con la colaboración desinteresada de Chocolates Mariño, Leite Larsa, Panadería "La bella Arosa" y Cash Galicia, que con su aportación nos ayudaron a que esta actvidad se llevase a cabo. Así que, a todos ellos, MUCHAS GRACIAS!

Y, como ya viene siendo tradición desde hace unos años, celebramos nuestras Campandas de Fin de Año. El tiempo atmosférico no se lo puso nada fácil a los presentadores del evento que, de tanto atender a los paraguas y al viento, ya no sabían si las uvas eran 12 o 10!! (El directo es lo que tiene!)
Terminamos con una fiesta a cargo de Javi Solla, que hizo desencajar los huesos de pequeños y mayores.

Qué? Fue o no fue una fiesta espectacular?

No hay comentarios:

Publicar un comentario