lunes, 20 de mayo de 2013

ENTREVISTA ESPECIAL

A estas alturas xa todos coñecedes a Iván Vale, o mestre de música do CEIP Forte Bragade de Cesuras, que colabora con nós en todas as tolemias que se nos ocurren de vez en cando.
Hai unhas semanas que na titoría cos seus alumnos de 6º, en "Educación para a cidadanía", falando da discapacidade, decatouse de que lles faltaba moita información sobre este tema e sobre os centros de educación especial. Entón ocorréuselle unha idea... por qué non solventar as súas dúbidas falando persoalmente con persoas que traballan nese eido?, e xa de paso, por qué non integrar as novas tecnoloxías?
Así que hai dúas semanas que nos fixeron unha entrevista por videoconferencia na que formularon aquelas preguntas que máis lle interesaban.
Esta inicitaiva de Iván parécenos moi interesante, non só polo feito de que nos fixeran a entrevista a nós (que nos fai moitísima ilusión), senón polo feito de querer "encher" ese pequeno oco e poñer así un graniño de area máis nese camiño tan longo nos leva á normalización.
Queremos dicir que foi un momento moi divertido e entrañable o que vivimos con eles. Rímonos moito e sentímonos en todo momento reconfortadas e agradecidas polo seu interese.
Dende aquí querémoslle dar as GRAZAS a Andrea, Daniel, Diego, Miguel, Miriam, Rodrigo e Sandro pola súa curisiodade. Agardamos que vos fora de axuda e que a partires de agora nos axudedes a facer entender aos demais que as persoas con discapacidade son coma nós... só que as cousas lles custan un pouquiño máis.
E a ti, Iván, grazas por todo.

Aquí tendes a entrevista tal cual a publicaron na súa revista do cole...


A estas alturas ya todos conocéis a Iván Vale, el profe de música del CEIP Forte Bragade de Cesuras, que colabora con nosotros en todas las locuras que se nos ocurren de vez en cuando.
Hace unas semanas que en la tutoría con sus alumnos de 6º, en "Educación para la ciudadanía", hablando de la discapacidad, se dio cuenta de que les faltaba mucha información sobre este tema y sobre los centros de educación especial. Entonces se le ocurrió una idea... por qué non resolver sus dudas hablando personalmente con personas que trabajan en ese ámbito?, y ya de paso, por qué no integrar las nuevas tecnologías?
Así que hace dos semanas que nos hicieron una entrevista por videoconferencia en la que formularon aquellas preguntas que más le interesaban.
Esta iniciativa de Iván nos parece muy interesante, no solo por el hecho de que nos hicieran la entrevista a nosotros (cosa que nos hace muchísima ilusión), si no por el hecho de querer "llenar" ese pequeño hueco y poner así un granito de arena más en ese camino tan largo que nos lleva a la normalización.
Queremos decir que fue un momento muy divertido y entrañable el que vivimos con ellos. Nos reímos mucho y nos sentimos en todo momento reconfortadas y agradecidas por su interés.
Desde aquí le queremos dar las GRACIAS a Andrea, Daniel, Diego, Miguel, Miriam, Rodrigo y Sandro por su curiosidad. Esperamos que os fuera de ayuda y que a partir de ahora nos ayudéis a hacer entender a los demás que las personas con discapacidad son como nosotros... solo que las cosas les cuestan un poquito más.
Y a ti, Iván, gracias por todo.

Aquí teneis la entrevista tal cual la publicaron en su revista del cole...


11 comentarios:

  1. Como siempre, una vez más, me dejáis entusiasmada con vuestro trabajo. Un besazo a Irene, Iván, y todos los alumn@s y profesorado. Rocío

    ResponderEliminar
  2. Foi unha experiencia espectacular. Quero repetilo máis veces. De paso, dou un saúdo as mestras, que polo que parece se están esforzando moito cos nenos. ¡Un saúdo!

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas pola vosa axuda.Aprendimos moito coas vosas respostas.Espero que volvamos a falar algún día. Un saúdo

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas. A verdade é que foi bastante divertida e tamén unha boa experiencia.

    ResponderEliminar
  5. Un bico para Rosa, Irene e todo o persoal e alumnado do centro. Seguide así!

    ResponderEliminar
  6. Gracias por atendernos e colaborar co noso exercicio.Gustoume moito e ademáis aprendin moito.Un abrazo

    ResponderEliminar
  7. Foron moi boas con nós cando lle fixemos a entrevista.

    ResponderEliminar
  8. Gustoume moito falar con vós. Moitas grazas por colaborar con nós! Un saúdo.

    ResponderEliminar
  9. Gustoume moito a entrevista.Grazas.

    ResponderEliminar
  10. Foi un verdadero pracer falar con vós. Para nós foi unha experiencia moi bonita e interesante. Cando queirades repetimos!!!!!
    Unha aperta grande para todos!!!

    ResponderEliminar