martes, 13 de diciembre de 2011

POESÍA DE NADAL

A nai de José Iván sorprendeunos con esta fermosa poesía adicada ao persoal do CEE Vilagarcía de Arosa.
Dende aquí queremos darlle as grazas e animala a que siga participando desta forma tan activa no blog do centro, xa que isto... é cousa de todos!!!

Un anxo díxome en sonos
que xa estamos no Nadal
que iba a nacer un Neno
que o mundo iba a salvar.

E díxome moi baixiño
que me achegara a mirar
que o que alí acontecera
ninguén o viñera a contar.
Aínda que os séculos pasen
no olvido non vai quedar.

Púxenme axiña en camiño
ata chegar a Belén,
subinme a unha laxe grande
e sentada eu esperei.

Vin un grupo de pastores
cando xa amanecía.
Que sorpresa me levei!...
Viñan de Vilagarcía
de Educación Especial
cos pastorciños en fila!

Van cantando e van bailando
con alboroto e ledicia.
Van mirando para o ceo
porque hai unha estrela que brilla.

Tamén van as coidadoras
que se encargan de mimar.
A cociñeira lles guisa
pra que poidan aguantar
os pastorciños pequeños
porque é duro o camiñar.
Co persoal que alí teñen
nada lles ha de faltar.

Cando chegan ó pesebre
vanse achegando amodiño
porque a Virxe María lles dixo
que o Neno está durmidiño.

Vanse achegando os maiores
para poñerlle aos seus pés
queixo, fariña e leite
para que poidan comer.

Cando lles toca aos cativos
todos se quedan pasmados
os zurróns están valeiros,
non hai de pan un anaco.

Pastores mudos e torpes
nada tedes que facer
o Neno quedouvos mirando
e pronto comeza o lecer.

¿Que diredes coa mirada
que o facedes sorrir?
O Neno rie de gozo
entendo...Claro que si!

Ó Neno non lle fan falla
palabras de adoración,
pois ó mirarvos os ollos
decides que é Amor.

Foron abrindo os zurróns
e sairon agarimos,
sorrisos cheos de gozo
para o Neno, con cariño.

E saltei da miña laxe
como cabía esperar!
para cantar cos do centro
na noitiña de Nadal.

Nunca se soubo esta historia
vola quería contar
que en Belén estivo o Centro
de Educación Especial.

SUSANA VARELA


La madre de José Iván nos sorprendió con esta hermosa poesía dedicada al personal del CEE Vilagarcía de Arousa.
Desde aquí queremos darle las gracias y animarla a que siga participando de esta forma tan activa en el blog do centro, ya que esto... es cosa de todos!!!

2 comentarios: