martes, 16 de abril de 2013

PROXECTANDO EXPERIENCIAS

Xa hai unhas semanas que recibimos a visita dos compañeiros de Andorra (Teruel), pero entre unha cousa e outra, fomos deixando pasar a oportunidade de amosarvos a todos as experiencias compartidas con eles durante os catro días que visitaron Galicia.
O Proxecto Arce serviu a ambolos dous centros para que os rapaces coñeceran dous ambientes ben diferentes en canto a clima, paisaxe, comida,... elementos que non debiamos deixar pasar á hora de organizar as visitas: un pouco de río, un pouco de mar, un pouco de costa e outro pouco de interior.
Este Proxecto funcionou moi ben en canto ao traballo co medio ambiente, pero non podemos negar que o mellor destes dous anos, sen dúbida, foi a oportunidade de convivir cos nosos amigos e compañeiros do CPEE Gloria Fuertes.


video



Ya hace unas semanas que recibimos la visita de los compañeros de Andorra (Teruel), pero entre una cosa y otra, fuimos dejando pasar la oportunidad de enseñaros a todos las experiencias compartidas con ellos durante los cuatro días que visitaron Galicia.
El Proyecto Arce sirvió a los dos centros para que los chicos conocieran dos ambientes muy diferentes en cuanto a clima, paisaje, comida,... elementos que non debiamos dejar pasar a la hora de organizar las visitas: un poco de río, un poco de mar, un poco de costa e otro poco de interior.
Este Proyecto funcionó muy bien en cuanto al trabajo con el medio ambiente, pero no podemos negar que lo mejor destos dos años, sin duda, fue la oportunidad de convivir con nuestros amigos y compañeros del CPEE Gloria Fuertes.

2 comentarios:

  1. A todo o mundo lle gusta vivir novas experiencias, sempre e cando sexan positivas coma a vosa. Camiñaron polas rúas e a pedra compostelá, afundiron os pes sobre a area da praia, ¿mollaron os pes?, coñeceron as bateas, viaxaron en barco surcando os mares como auténticos mariñeiros, foron ilustres coa recepción no concello, e como non, para rematar a faena e celebralo, FESTA!!!...Non hai dúbidas, seguro que o pasaron en grande coñecendo lugares novos e xente nova...a pesar de que varias semanas atrás Galicia estaba sumerxida no diluvio universal, jejejeje.

    Un saúdo. Jose Antonio

    NOTA: Con alegría e gañas todo é diferente. Eles sí deberían ser ilustres sempre...

    ResponderEliminar
  2. Hola Jose!! Que palabras tan bonitas!!! Tes que saber que o tempo dounos unha tregua eses días e que milagrosamente, a pesar de que choveu por momentos, non lle demos a oportunidade que nos mollara.

    Ilustres son todos e o que máis nos gusta e que a xente, aínda que sexa pouco apouco, se vaia dando conta. Pero menos mal que temos a sorte de contar con xente coma ti, que é capaz de ver máis aló sen que haxa un gran traballo de fondo.

    Grazas polas túas palabras e por seguirnos!!!

    ResponderEliminar