martes, 15 de enero de 2013

PORQUE FOMOS BOS...

Cremos recordar que este ano non vos contamos nada de como pasamos o Nadal no cole.
Por outras entradas podedes ver que fixemos algunhas cousas diferentes a outros anos (como a realización de adornos xunto con outro cole), pero tamén no centro, cada alumno na súa casa e coa súa familia, elaborou unha postal de Nadal que despois troixo o centro para intercambiala con algúns dos seus compañeiros e foi unha experiencia moi divertida.
Tamén viñeron os Reis!!! e non todo o mundo pode dicir que recibe a súa visita no cole con, quizáis, algúns días de antelación. E claro, como queriamos compartir o momento, este ano todos os pais estiveron invitados a coñecelos, pero non a todo o mundo lle viña moi ben.
O caso é que aqueles que viñeron puideron ver en directo a emoción dos nenos coa chegada dos Reis Magos. Sempre vos poñemos unha mostra en fotos, pero habemos de dicir que non fan xustiza aos momentos vividos, aínda así, aquí o tendes.
Saúdos a todos, e como non, FELIZ ANO!!!

 


Creemos recordar que este año no os contamos nada de cómo pasamos la Navidad en el cole.
Por otras entradas podeis ver que hicimos algunas cosas diferentes a otros años (como la realización de adornos junto con otro cole), pero también en el centro, cada alumno en su casa y con su familia, elaboró una postal de Navidad que después trajo al centro para intercambiarla con algunos de sus compañeros y fue una experiencia muy divertida.
También vinieron los Reyes!!! y no todo el mundo puede decir que recibe su visita en el cole con, quizás, algunos días de antelación. Y claro, como queríamos compartir el momento, este año todos los padres estuvieron invitados a conocerlos, pero no a todo el mundo le venía muy bien.
El caso es que aquellos que vinieron pudieron ver en directo la emoción de los niños con la llegada de los Reyes Magos. Siempre os ponemos una muestra en fotos, pero tenemos que decir que no hacen justicia a los momentos vividos, aún así, aquí lo teneis.
 Saludos a todos y, como no, FELIZ AÑO!!!

1 comentario:

  1. E tanto que non fan xustiza as fotos cos monentos que vivimos ali¡¡a ilusion, as suas caras, o poder compartir eses momentos con eles, a verdade é que non tén precio.E que eu penso que volvemos a ser nenos todos. O mellor regalo que deixaron os Reis Magos....o sorriso de todos.graciñas.

    ResponderEliminar