lunes, 30 de enero de 2012

FACENDO TURISMO

Durante unha semana, un grupo de alumnos do CEE de Vilagarcía de Arousa, están desfrutando dunha viaxe por Gran Canaria, visitando diferentes puntos de interese na illa. Esta viaxe está organizada por FADEMGA en colaboración co IMSERSO e os nosos rapaces están acompañados por 3 mestres do centro de forma totalmente voluntaria.
Os alumnos que participan teñen que ser maiores de 16 anos e para eles é unha oportunidade e unha experiencia dificilmente repetible.
Os alumnos que nesta ocasión puideron desfrutar desta viaxe son:
- Juan Manuel Chenlo Mosteiro
- David Pereira Rey
- Kevin Gómez Inzirillo
- Jose Manuel Sobradelo Sánchez
- Pilar Nalgo Mollinedo
- Sergio Galán Susavila
- Ivan Roma Montáns
- Jorge Dopico Rebollo
Esta semana chegarán para contarnos as súas aventuras, que poderedes seguir a través deste blog.


Durante una semana, un grupo de alumnos del CEE de Vilagarcía de Arousa, están disfrutando de un viaje por Gran Canaria, visitando diferentes puntos de interés en la isla. Este viaje está organizada por FADEMGA en colaboración con el IMSERSO y nuestros chicos están acompañados por 3 maestros del centro de forma totalmente voluntaria.
Los alumnos que participan tienen que ser mayores de 16 años y para ellos es una oportunidad y una experiencia difícilmente repetible.
Los alumnos que nesta ocasión puideron desfrutar desta viaxe son:
- Juan Manuel Chenlo Mosteiro
- David Pereira Rey
- Kevin Gómez Inzirillo
- Jose Manuel Sobradelo Sánchez
- Pilar Nalgo Mollinedo
- Sergio Galán Susavila
- Ivan Roma Montáns
- Jorge Dopico Rebollo
Esta semana llegarán para contarnos sus aventuras, que podréis seguir a través de este blog.

martes, 24 de enero de 2012

O SEMILLEIRO

Para ter unha horta, o primeiro que hai que facer é un semilleiro. Comezamos prantando sementes de leitugas, chícharos, allos, cebolas e espinacas. Cada alumno prantou varias especies, que despois imos trasplantar. Como non quixemos xerar mais residuos do preciso e pretendemos levar a cabo accións encamiñadas á reutilización do lixo xerado no centro, neste semilleiro empregamos os vasos dos iogures que comen os rapaces no recreo e os vasos de plástico que empregamos para beber auga. Ademais, as garrafas do lavavaixelas fóronnos moi útiles tamén para facer bandexas. Ahí tendes algunhas fotos do noso traballo!




Para tener una huerta, lo primero que hay que hacer es un semillero. Empezamos plantando semillas de lechugas, guisantes, ajos, cebollas y espinacas. Cada alumno plantó varias especies, que después vamos a trasplantar. Como non quisimos generar mas residuos de lo preciso y pretendemos llevar a cabo acciones encaminadas a la reutilización de la basura generada en el centro, en este semillero utilizamos los vasos de los yogures que comen los chicos en el recreo y los vasos de plástico que usamos para beber agua. Ademas, las garrafas del lavavajillas nos fueron muy útiles también para hacer bandejas. ¡Ahí teneis algunas fotos do nuestro trabajo!

martes, 17 de enero de 2012

A QUE SABE A LÚA?

Non vos fixechedes esta pregunta algunha vez?
Pois hai un montón de animaliños que quixeron descubrilo e que precisaron uns de outros para poder atopar a resposta.
Nos seguimos cos contos, porque nos encantan, e aquí vos mostramos outra forma de contalos e de paso ensinámosvos o material que empregamos na aula para facelo máis ameno aínda.
Desexamos que vos guste!!!

Grazas Kalandraka!!!




No os hicisteis esta pregunta alguna vez?
Pues hay un montón de animalitos que quisieron descubrirlo y que necesitaron unos de otros para poder encontrar la respuesta.
Nosotros seguimos con los cuentos, porque nos encantan, y aquí os mostramos otra forma de contarlos y de paso os enseñamos el material que utilizamos en el aula para hacerlo más ameno todavía.
Deseamos que os guste.!!!


Gracias Kalandraka!!!

miércoles, 11 de enero de 2012

QUE VOU FACER HOXE?

No noso centro, en moitas aulas, faise o horario cos pictogramas do SPC (Sistema Pictográfico de Comunicación), así a información é máis accesible para todos (os que len e os que non o fan) e permanece como apoio constante ao que os alumnos poden recurrir sempre que o precisen.
Cada día, cando chegamos á aula, cada alumno compón a secuencia de actividades que desenvolverá ese día. Axúdanos así á anticipación e estructuración temporal.
Cando a tarefa de poñer o horario a acompañamos de signos, non só estamos favorecendo a comprensión e a atención, senón que, tamén proporcionamos aos alumnos unha vía de expresión fundamental para a comunicación.




En nuestro centro, en muchas aulas, se hace el horario con los pictogramas del SPC (Sistema Pictográfico de Comunicación), así la información es más accesible para todos (los que leen y los que no lo hacen)y permanece como apoyo constante al que los alumnos pueden recurrir siempre que lo necesiten.
Cada día, cuando llegamos al aula, cada alumno compone la secuencia de actividades que desarrollará ese día. Nos ayuda así a la anticipación y estructuración temporal.
Cuando la tarea de poner el horario la acompañamos de signos, no sólo estamos favoreciendo la comprensión y la atención, sino que, también proporcionamos a los alumnos una vía de expresión fundamental para la comunicación.

martes, 10 de enero de 2012

POR AQUI DE NOVO

Xa estamos de volta das vacacións, pero non tedes curiosidade por saber como pasamos o noso último día na escola??? Tivemos unha visita moi especial...




Ya estamos de vuelta de las vacaciones, pero ¿no tenéis curiosidad por saber cómo pasamos nuestro último día en el cole?? Tuvimos una visita muy especial...