martes, 15 de mayo de 2012

A NOSA CURTA DE ANIMACIÓN

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocaron un premio de curtas de animación en galego chamado "Nós tamén creamos".
O concurso está orientado a centros de infantil e primaria pero, como "nós tamén creamos" tamén decidimos participar!!!!
A verdade é que facer a curta foi toda unha experiencia. Foi moi divertido e pasamos moito traballo pero estamos moi contentos co resultado.
Agardamos que vos guste e que o poidades empregar nas vosas aulas xa que o noso obxectivo non era só crear unha curta para o concurso, senón crear un recurso educativo que poida chegar a todos. O feito de que o grupo de alumnos/as que participou na súa elaboración careza de linguaxe oral ou teña dificultades graves de expresión fíxonos buscar dúas alternativas; por un lado tiñamos que contalo en lingua de signos para que chegase a todo o noso alumnado que emprega ese sistema alternativo de comunicación e, por outro, unha canción para poder contar a historia. Unha canción que ten moito ritmo e pola que tamén lle queremos dar as GRAZAS a Iván e Pelayo, por estar sempre ahí e acompañarnos en todas as nosas "aventuras".
Para ver o vídeo premede na foto.


La "Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa" convocaron un premio de cortos de animación en gallego llamado "Nós tamén creamos"("Nosotros también creamos"). 
El concurso está orientado a centros de infantil y primaria pero, como "nosotros también creamos" decidimos participar!!!!
La verdad es que hacer el corto fue toda una experiencia. Fue muy divertido y pasamos mucho trabajo pero estamos muy contentos con el resultado.
Esperamos que os guste y que lo podais utilizar en vuestras aulas ya que nuestro objetivo non era solo crear un corto para el concurso, si no crear un recurso educativo que pueda llegar a todos. El hecho de que el grupo de alumnos/as que participó en su elaboración carezca de lenguaje oral o tenga dificultades graves de expresión nos hizo buscar dos alternativas; por un lado teníamos que contarlo en  lengua de signos para que llegase a todo nuestro alumnado que emplea ese sistema alternativo de comunicación y, por otro, una canción para poder contar la historia. Una canción que tiene mucho ritmo y por la que también le queremos dar las GRACIAS a Iván y Pelayo, por estar siempre ahí y acompañarnos en todas nuestras "aventuras".
Para ver el vídeo pinchad en la foto.

2 comentarios:

  1. Buuuuenoooo¡ este é o gañador.Ten que ser moi dificil facer algo asi, como corre a vella de un lado para outro e que expresións pon. ¡vaia si creades¡ gústame o escenario, o colorido, a canción,oye que Ivan e Pelayo xa forman parte dos nosos.coa axuda deles e co voso traballo mira que bonito quedou. eu xa o estou vendo na tele.je.je. coma sempre moitas grazas garatuxas, Ivan, Pelayo, e a todos os qu fixéstedes posible este corto.saudiños.

    ResponderEliminar
  2. Quique, Gonzalo e Fernando29 de mayo de 2012, 9:26

    Que vídeo máis bonito! Dous nenos e outro que xa non é tan neno pasamos un momento moi divertido e aprendimos unha chea de palabras na linguaxe de signos. Unha marabilla! Seguide así!
    Quique, Gonzalo e Fernando.

    ResponderEliminar