miércoles, 8 de febrero de 2012

SEPARAMOS O LIXO

A separación do lixo lévase a cabo no noso centro dende fai tempo. Os refugallos orgánicos xerados no comedor ían para o compostador, e os demais baleirábanse nos colectores do lixo urbanos.
Traballar este aspecto non é fácil tendo en conta as características do noso alumnado. Por iso levamos a cabo as seguintes iniciativas facilitadoras:
1.Sinalización dos puntos limpos no centro.
2.Elaboración de colectores de aula adaptados ás necesidades do alumnado (pictogramas, fotos ou obxectos reais).
3.Campaña de sensibilización, recoñecemento de refugallo e separación.
O punto dous será tarefa de cada titor que seleccionará que tipo de colector e de sinalización prefire, tendo en conta o seu alumnado. Así mesmo, a coordinadora do proxecto elaborará, a petición de cada titora, os pictos e fotos precisas para cada aula.
O punto tres desenvolverase do seguinte xeito:
Na entrada do centro situaranse tres murais a modo de colectores de plástico, refugallos orgánicos e papel. Cada alumno pegará no panel que corresponda os refugallos que prepararemos anteriormente. Para poder traballar a diferentes niveis, non só se poderan pegar obxectos reais, senón que, tamén, poderemos empregar fotos ou pictogramas. Todo o material utilizado gardarase nunha caixa á que poderemos recorrer tantas veces coma queiramos. Os obxectos, fotos e pictos pegaranse con velcro, que permite sacalos e poñelos e, así, traballar estes valores unha e outra vez ata que sexan adquiridos.
Aquí ensinámosvos as fotos dos nosos colectores por se vos animades tamén a xogar, e ao final da entrada poderedes descargar os pictos e as imaxes empregadas para o xogo. (Documentos para abrir co programa Boardmaker salvo MATERIAL XOGO, que é un documento de Word coas imaxes).



La separación de la basura se lleva a cabo en nuestro centro desde hace tiempo. Los residuos orgánicos generados en el comedor iban para la compostadora, y los demás se vaciaban en los contenedores urbanos.
Trabajar este aspecto non es fácil teniendo en cuenta las características de nuestro alumnado. Por eso llevamos a cabo las siguientes iniciativas facilitadoras:
1.Señalización de los puntos limpos en el centro.
2.Elaboración de contenedores de aula adaptados a las necesidades del alumnado (pictogramas, fotos o objetos reales).
3.Campaña de sensibilización, reconocimiento de residuos y separación.
El punto dos será tarea de cada tutor que seleccionará que tipo de contenedor y de señalización prefiere, teniendo en cuenta su alumnado. Así mismo, la coordinadora del proyecto elaborará, a petición de cada tutora, los pictos y fotos necesarias para cada aula.
El punto tres se desarrollará de la siguiente manera:
En la entrada del centro se sitúan tres murales a modo de contenedores de plástico, residuos orgánicos y papel. Cada alumno pegará en el panel que corresponda los residuos que prepararemos anteriormente. Para poder trabajar a diferentes niveles, no sólo se podrán pegar objetos reales, si no que, también, podremos utilizar fotos o pictogramas. Todo el material utilizado se guardará en una caja a la que podremos recurrir tantas veces como queramos. Los objetos, fotos y pictos se pegarán con velcro, que permite sacarlos y ponerlos y así, trabajar estes valores una y otra vez hasta que sean adquiridos.
Aquí os enseñamos las fotos de nuestros contenedores por si os animáis también a jugar, y al final de esta entrada podéis descargar los pictos y las imágenes uutilizadas para el juego (Documentos para abrir con el programa Boardmaker salvo MATERIAL XOGO, que es un documento de Word con las imágenes).


ORGÁNICO
PAPEL
PLÁSTICO 1
PLÁSTICO 2
ORGÁNICO FOTOS
PAPEL FOTO
PLÁSTICO FOTO
MATERIAL XOGO

1 comentario: